Nefrópidos
Nefrópidos Nephropidae Rango fósil: paleoceno - actualidade [1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lumbrigante (Homarus gammarus) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
A dos nefrópidos (Nephropidae) é unha familia de crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, e infraorde dos astacideos, mariños, moitas de cuxas especies son moi apreciadas en gastronomía. Habitan en fondos oceánicos de boa parte do mundo.
Dentro desta familia están a cigala (Nephrops norvegicus), o lumbrigante (Homarus gammarus) e o lumbrigante americano (Homarus americanus).
Cómpre non confundilos coas lagostas, que pertencena á familia dos palinúridos.
Hábitat
editarOs nefrópidos viven en fondos rochosos, areosos ou lamacentos desde a liña costeira aé máis alá da plataforma continental. Xeralmente viven de forma solitaria en fendeduras ou tobos debaixo das rochas ou escavadas na area.
As condicións ambientais do hábitat onde viven poden variar dun océano a outro, pero a temperatura ambiente non presenta grandes flutuacións dado que habitan nunha inmensa masa de auga, que é o océano.
Características
editarSon crustáceos de corpo de forma tubular, cuxa casca ten un rostro ben desenvolvido.
Os tres primeiros pares de patas terminan en pinzas (quelas). As pinzas do primeiro par son moito máis grandes que as dos outros.
As antenas son cilíndricas e moito máis longas que o corpo.
No rostro destacan dous ollos protuberantes protexidos por senllas proxeccións espiñentas.
Teñen que pasar uns 5 anos desde o seu estado larvario até que alcanzan o tamaño legal para o seu consumo.
Son depredadores e preeiros que se alimentan de moluscos e materia en descomposición doutros animais. Porén, tamén poden comer peixes, e escavar para encontrar ameixas e outros bivalvos, e así mesmo poden alimentarse de algas e os pequenos peixes que viven nelas.
Clasificación
editarA familia foi descrita en 1852 polo naturalista estadounidense James Dwight Dana.[1][2][3]
Segundo o ITIS, na actualidade recoñécense na familia as seguintes subfamilias cos seguintes xéneros actalmente viventes:
Familia Nephropidae Dana, 1852
- Subfamilia Neophoberinae Glaessner, 1969 [4]
- Acanthacaris Bate, 1888
- Subfamilia Nephropinae Dana, 1852 [5]
- Eunephrops Smith, 1885
- Homarinus Kornfield, Williams & Steneck, 1995
- Homarus Weber, 1795
- Metanephrops Jenkins, 1972
- Nephrops Leach, 1814
- Thymopides Burukovsky & Averin, 1977
- Subfamilia Thymopinae Holthuis, 1974 [6]
- Nephropides Manning, 1969
- Nephropsis Wood-Mason, 1873
- Thymops Holthuis, 1974
- Thymopsis Holthuis, 1974
Galería
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Nephropidae Dana 1852 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ 2,0 2,1 Nephropidae Dana, 1852 no ITIS.
- ↑ Nephropidae Dana, 1852 no WoRMS.
- ↑ Neophoberinae Glaessner, 1969 no ITIS.
- ↑ Nephropinae Dana, 1852 no ITIS.
- ↑ Thymopinae Holthuis, 1974 no ITIS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nefrópidos |
Bibliografía
editar- Corson, Trevor (2005). The Secret Life of Lobsters: How Fishermen and Scientists Are Unraveling the Mysteries of Our Favorite Crustacean (1st Harper Perennial ed.). New York: HarperCollins. ISBN 978-0-06-055559-7.
- Phillips, Bruce F., ed. (2006). Lobsters: Biology, Management, Aquaculture and Fisheries. Wiley. ISBN 978-1-4051-2657-1. doi:10.1002/9780470995969.
- Townsend, Elisabeth (2012). Lobster: A Global History. London: Reaktion Books. ISBN 978-1-86189-794-7.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Nephropidae Dana 1852 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Nephropidae Dana, 1852 no WoRMS.
- Nephropidae Dana, 1852 no ITIS.
- Nephropidae na ADW.
- Nephropidae Arquivado 25 de novembro de 2016 en Wayback Machine. na EOL.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |