Nellie Bly
Elizabeth Jane Cochran nada en Cochran's Mills, Pensilvania o 5 de maio de 1864 e finada en Nova York o 27 de xaneiro de 1922, coñecida polo seu pseudónimo Nellie Bly, foi unha xornalista, escritora e empresaria estadounidense. Foi a primeira reporteira de xornalismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto.[1] En 1889 rebaixou en oito días a marca de 80 días en "dar a volta ao mundo" narrada por Jules Verne na súa novela A volta ao mundo en oitenta días.
(década de 1890) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Elizabeth Jane Cochran 5 de maio de 1864 Burrell Township, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 27 de xaneiro de 1922 (57 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Woodlawn |
Residencia | Nova York Roosevelt Island (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo de opinión, Escrita creativa e profesional, descubrimentos e inventos, beneficência (pt) e circum-navegação (pt) |
Ocupación | escritora, inventora, sufraxista, viaxeira, xornalista, novelista, emprendedora |
Pseudónimo literario | Nellie Bly |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Robert Seaman (1895–1904), morte do cónxuxe |
Cronoloxía | |
14 de novembro de 1889-25 de xaneiro de 1890 | circumnavigation of Earth (en) |
Premios | |
Descrito pola fonte | A Woman of the Century (en) , (sec:Elizabeth Cochrane) American Women Writers Our hidden heritage : Pennsylvania women in history (en) , (p.163) |
Traxectoria
editarElizabeth Jane Cochran naceu en Cochran's Mills, Pensilvania, a dez millas de Pittsburgh. Era coñecida como "Pinky" por usar moito a cor rosa de nena. A súa nai, Mary Jane, era ama de casa e criaba as súas fillastras e fillastros. O seu pai, Michael, era un modesto peón e traballador dos muíños. Na súa adolescencia Elizabeth cambiou o seu apelido a Cochrane, xa que aparentemente o e lle daba un aire de sofisticación. Estivo nun internado durante un semestre, pero debeu abandonalo por falta de diñeiro. En 1880, Cochran e a súa familia mudáronse a Pittsburgh.
Unha columna sexista no xornal Pittsburgh Dispatch impulsouna a redactar a súa primeira carta ao editor baixo o pseudónimo de "Lonely Orphan Girl" ("Orfa solitaria").[2][3] A calidade da misiva fixo que este último convidase a Cochran (que estaba en busca de emprego) a unirse ao diario como reporteira. O mesmo editor foi o que lle deu a "Pink" o pseudónimo Nellie Bly, en honra á personaxe da canción do mesmo nome, de Stephen Foster.[4]
Bly escribiu algúns artigos de investigación antes de ser relegada á sección para mulleres. Abandonou o Dispatch e viaxou a Nova York, onde solicitou emprego no xornal sensacionalista The New York World, de Joseph Pulitzer. Pulitzer contratouna, e asignóuselle como primeiro traballo a escritura dun artigo sobre un asilo psiquiátrico para mulleres en Blackwell's Island. Bly internouse no asilo, expóndose ás horribles condicións ás que se sometía ás pacientes. Trala experiencia escribiu a reportaxe titulada "Ten Days in a Mad-House" ("Dez días nun manicomio")[5] denunciando os abusos da administración sobre os pacientes e obrigou as autoridades sanitarias a tomar medidas drásticas sobre o trato aos enfermos mentais, abrindo unha investigación oficial e liberándose orzamento para mellorar a asistencia a devanditos enfermos.[6][7]
Este tipo de xornalismo encuberto eventualmente converteríase no seu estilo particular, ademais da súa visión feminista do mundo, que lle permitiu achegar outra perspectiva aos seus artigos e ser pioneira ao embarcarse en proxectos até entón reservados aos homes.[8]
En 1888 suxeríuselle ao World que mandase un reporteiro nunha viaxe ao redor do mundo, en referencia ao libro A volta ao mundo en oitenta días (escrito por Jules Verne). Nellie Bly foi escollida como a reporteira a realizar dita fazaña e o 14 de novembro de 1889 a aventureira partiu na súa viaxe de 24.889 millas desde Nova York.[9]
Itinerario da súa volta ao mundo
editarTardou seis días en chegar a Southampton, onde tomou un tren para Londres, e de alí pasou alén do canal da Mancha a Calais, co tempo xusto de tomar outro tren e dirixirse a París, con parada en Amiens, onde coñeceu a Jules Verne quen, escéptico, díxolle "Señorita, se é vostede capaz de facelo en 79 días, eu felicitareina publicamente".
Dende París trasladouse a Brindisi, ao sur de Italia, e dende alí tomou un vapor co que cruzou o Mediterráneo, con parada en Port Said, antes de atravesar o canal de Suez; cruzou logo o mar Vermello e o mar Arábigo e fixo escala no porto de Adén no Iemen.
Cruzou logo o océano e fixo escala en Colombo, a capital da illa de Ceilán. Dende alí dirixiuse a Malaisia, logo a Singapur e a Hong Kong e despois a Yokohama, o único lugar non británico.
Dende alí partiu cara a San Francisco, na costa oeste dos Estados Unidos, que cruzou en tren, presentándose en Nova York aos 72 días, seis horas 11 minutos e algúns segundos, o 25 de xaneiro de 1890. O experimento fora todo un éxito e a prensa mundial fíxose eco da súa fazaña.
Bly estableceu unha nova marca mundial ao dar a volta ao mundo en tan pouco tempo (meses despois, George Francis Train rompeu esta nova marca ao completar devandita viaxe en 67 días[10][11]). Foi a primeira muller en navegar o mundo soa, sen compañía nin protección dun home, e chegou a inspirar as mulleres occidentais.
Correspondente de guerra
editarNellie Bly contraeu matrimonio co millonario Robert Seaman en 1895, e ao mesmo tempo retirouse do xornalismo por algún tempo. Cando Seaman morreu en 1904, Bly tomou as rendas das empresas do seu marido e realizou reformas sanitarias nelas, modificou horarios e ofreceu salarios máis xustos, o que lle carrexou unha popularidade engadida. Finamente arruinouse e tivo que volver dedicarse ao xornalismo. Entón comezou a escribir no Evening Journal, de Nova York.
Traballou como xornalista unha vez máis e informou dos eventos da convención de 1913 a favor do sufraxio feminino. Tamén viaxou a Europa durante a primeira guerra mundial e exerceu como reporteira dende a fronte leste, converténdose nunha das primeiras mulleres correspondentes de guerra.
Elizabeth "Pink" Cochrane morreu aos 57 anos de pneumonía. Está enterrada no mesmo cemiterio que outra famosa xornalista falecida en 1929: Elizabeth Bisland, quen competiu con Bly na volta ao mundo.
Recoñecementos
editarEn Brooklyn (Nova York) existe un pequeno parque de atraccións que leva o nome de Elizabeth e ten como tema A volta ao mundo en oitenta días.
En 1998 foi recoñecida na National Women's Hall of Fame.
Notas
editar- ↑ "American Experience". PBS.
- ↑ "Young and Brave: Girls Changing History". National Woman's History Museum. Consultado o 7 de abril de 2014.
- ↑ Arthur Fritz. "Nellie Bly, (1864–1922)". Nellie Bly Online. Consultado o 7 de abril de 2014.
- ↑ noticias.universia.es. "Se cumplen 90 años de la muerte de Nellie Bly, primera gran periodista estadounidense". Noticias Universia España (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2017. Consultado o 14 de novembro de 2017.
- ↑ Bly,, Nellie (2009). Diez días en un manicomio : 1887 (1.ª ed.). Buck. ISBN 9788493747916. OCLC 630664850.
- ↑ Deira, José María. "La vuelta al mundo en 72 días.". www.lavozdigital.es. La voz digital. Consultado o 10 de novembro de 2016.
- ↑ "Nellie Bly, diez días de locura". Bizkaia - El Correo.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ Salazar, Octavio (23 de xuño de 2018). "Nellie Bly: El espíritu feminista y aventurero de una pionera". The Huffington Post (en castelán). Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ País, Ediciones El (29 de novembro de 2009). "Reportaje | Nellie, la reportera original". El País (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2017.
- ↑ George Francis Train, The Bostonian Who Really Was Phileas Fogg Arquivado 10 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. at the New England Historical Society
- ↑ "William Lightfoot Visscher, Journal profile, part one". Skagitriverjournal.com. Consultado o 20 de xullo de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nellie Bly |
A Galipedia ten un portal sobre: Feminismo |
Bibliografía
editar- Affidavit of Beatrice K. Brown; Surrogates Court, Kings County (1922)
- Goodman, Matthew (2013). Eighty Days: Nellie Bly and Elizabeth Bisland's History-Making Race Around the World.
- Kroeger, Brooke (1994). Nellie Bly: Daredevil, Reporter, Feminist. Three Rivers Press. ISBN 978-0812925258.
- Ruddick, Nicholas (1999). "Nellie Bly, Jules Verne, and the World on the Threshold of the American Age". Canadian Review of American Studies 29 (1).
Ligazóns externas
editar- Nellie Bly Online
- The Archive of American Journalism
- Edicións de obras de Bly en Celebration of Women Writers:
- Daily Alta California, 22 de xaneiro de 1890
- Norwood, Arlisha. "Nellie Bly". National Women's History Museum. 2017.
- The Daring Nellie Bly: America's Star Reporter