Nesnesitelná lehkost bytí
Nesnesitelná lehkost bytí (en galego "a insoportable levidade do ser") é unha novela en lingua checa do escritor Milan Kundera, publicada en 1984.
Nesnesitelná lehkost bytí | |
---|---|
Título orixinal | Nesnesitelná lehkost bytí |
Autor/a | Milan Kundera |
Orixe | República Checa |
Lingua | francés |
Xénero(s) | Novela filosófica |
Data de pub. | 1984 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarA obra é clasificada ás veces coma novela filosófica, se ben o seu autor non comparte esta opinión, pois sitúa a obra -incluíndo especificamente esta novela- alén da filosofía e da psicoloxía, tentando atopar a esencia existencial das personaxes[1].
Está ambientada en Praga en 1968, durante a invasión de Checoslovaquia por parte da URSS e outros países do Pacto de Varsovia. Trata dun home e as súas dúbidas existenciais perante a vida en parella, convertidas en conflitos sexuais e afectivos. A novela relata escenas da vida cotiá, trazadas cun profundo sentido transcendental: a inutilidade da existencia e a necesidade do eterno retorno de Nietzsche polo cal todo o vivido ten que se repetir eternamente, só que ao volver faino dun xeito distino, xa non fugaz como acontecera ao principio.
O home xamais pode saber que debe querer, xa que só vive unha vida e non ten xeito ningún de comparala coas súas vidas precedentes nin de enmendala nas súas vidas posteriores.
Notas
editar- ↑ Kundera, Milan (1987). Tusquets Editores, S.A, ed. El arte de la novela: Diálogo sobre el arte de la novela (en castelán) (2007: 3.ª ed.). Barcelona. ISBN 978-84-8310-690-7.