Nicolao Aleksandrovich de Rusia

Nicolao Aleksandrovich de Rusia (en ruso: Николай Александрович Романов) nado en Tsarskoe Selo o 20 de setembro de 1843 e finado en Niza o 24 de abril de 1865, foi tsarévich do Imperio ruso desde o 2 de marzo de 1855 até a súa morte. Era chamado polo hipocorístico Nixa.

Modelo:BiografíaNicolao Aleksandrovich de Rusia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1843 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Tsarskoe Selo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte12 de abril de 1865 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Niza, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaristócrata, oficial Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor en Wikidata
Rango militarmajor-general (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloTsesarevich (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Holstein-Gottorp-Romanov Editar o valor en Wikidata
PaisAlexandre II de Rusia Editar o valor en Wikidata  e María de Hesse Editar o valor en Wikidata
IrmánsCatherine Alexandrovna Yurievskaya
Alexandra Alexandrovna da Rússia
Olga Yurievskaya
Maria Alexandrovna da Rússia
Alexandre III de Rusia
Sérgio Alexandrovich da Rússia
Prince George Alexandrovich Yuryevsky
Vladimir Aleksandrovich de Rusia
Alexis Alexandrovich da Rússia
Paulo Alexandrovich da Rússia
Yevgeni Ivanovich Alekseyev Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Russian Biographical Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Romanov-19 Find a Grave: 52709067 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era o fillo máis vello do tsarévich Alexandre Nikolaevich e de María Aleksandrovna (María de Hesse-Darmstadt), quen ascenderon ao trono en 1855, trala morte do anterior tsar, Nicolao I.

Educación

editar
 
Nicolao Alexandrovich en 1881.

Lembraba pola nobreza do seu trato e a modestia de carácter á súa nai. Os profesores encargados de preparalo para acceder ao trono ruso ven nel a alguén excepcional, cuxa intelixencia e humanidade elevarían a Rusia.

Para familiarizalo co pobo ruso, Alexandre II, faino percorrer Rusia desde que cumpriu os dezaoito anos. Estas viaxes continuas acaban por cansar ao tsarévich.

As causas da súa enfermidade producen varías hipótese no diagnóstico dos médicos: segundo uns, deberíase a un arrefriado da columna vertebral tras caerse dun cabalo, segundo outros, sofre de reumatismo. Recoméndaselle un tratamento de baños de mar en Scheveningue, preto da Haia.

Compromiso matrimonial

editar

Esperanzados nunha rápida recuperación, os seus pais deciden comprometelo no verán de 1864, coa princesa María Sofía Frederica Dagmar de Dinamarca, segunda filla do rei Cristián IX de Dinamarca e de Luísa de Hesse-Kassel, e cuñada de Alberto Eduardo, Príncipe de Gales, herdeiro ao trono británico.[1] Pero a pesar dos medicamentos, os baños e as masaxes, as dores do tsarévich agrávanse día tras día, e Nicolao andaba encurvado como un ancián.

Crese que cando estaba no seu leito de morte, Nicolao expresou o seu desexo de que a súa noiva casase co seu irmán máis novo e sucesor como tsarévich, Alexandre.

Nicolao cría ter unha constitución forte ata que foi evidente que non era así. Crese que contraeu bronquite e foi enviado ao sur de Francia, onde chega en 1863, nun estado esquelético e sen apenas poder moverse. A emperatriz María Aleksandrovna instálase tamén en Niza, en vila Bermond, onde segue con angustia os progresos da enfermidade do seu fillo. Na noite do 23 ao 24 de abril de 1865, Nicolao sucumbe ante unha meninxite fulminante cerebral-espinal. De Niza, o seu corpo é levado a Villefranche (hoxe Villefranche-sur-Mer) e embarcado a bordo da fragata Alexandre Nevski para ser inhumado na catedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo[1]

A familia imperial rusa fixo construír un oratorio no lugar onde o Gran duque morreu, construíndose despois unha grande igrexa ortodoxa entre 1903 e 1913, nas proximidades do oratorio, e que é cualificada a miúdo como a catedral ortodoxa rusa de Niza.

En Niza existe un bulevar chamado Tsarévich, próximo á catedral rusa, que perpetúa o recordo do gran duque Nicolao.

Devanceiros

editar
  NODES
Done 1
orte 8