Os ninfálidos (Nymphalidae) son a maior familia de bolboretas que comprende unhas 6 000 especies distribuídas pola maior parte do mundo, que pertencen á superfamilia Papilionoidea. Son normalmente de tamaño medio a grande. A maioría das especies teñen o par de patas anteriores reducido e moitos poñen as súas ás, que son moi coloreadas, en posición plana cando pousan. Aparentemente parece que se sosteñen só sobre catro patas, mentes que as outras dúas están enroscadas; nalgunhas especies, as patas anteriores teñen un conxunto de pelos que forman unha especie de cepillo. Moitas especies están vivamente coloreadas e inclúen bolboretas moi coñecidas como os Apaturinae, bolboreta monarca, Nymphalini, bolboreta pavo real e Heliconiini. Porén, a cara inferior das ás adoita ser de cores apagadas e nalgunhas especies parécese moito a unha folla seca, ou son moito máis pálidas, producindo un efecto críptico que contribúe a que estas bolboretas se confundan co fondo que as rodea.

Nomenclatura

editar

Rafinesque[1] creou o nome Nymphalia como nome de subfamilia de lepidópteros diúrnos. Rafinesque non incluíu Nymphalis entre os xéneros da subfamilia, pero Nymphalis estivo indubidablemente implicado na formación do nome (Artigo do Código 11.7.1.1). Xeralmente admítese a atribución de Nymphalidae a Rafinesque.[2]

Clasificación

editar
 
Libytheana carinenta
 
Danaus plexippus macho.
 
Erebia euryale
 
Heliconius erato
 
Nymphalis kaschmirensis

Nos adultos, o primeiro par de patas é pequeno ou reducido.[3] As eirugas son peludas ou espiñentas con proxeccións sobre a cabeza e as crisálidas teñen puntos brillantes.

As ás anteriores teñen a vea submedia (vea 1) non ramificada e nunha subfamilia está bifurcada preto da base; a vea media ten tres ramas, que son as veas 2, 3 e 4; as veas 5 e 6 orixínanse desde os puntos de unión dos discocelulares; a vea subcostal e a súa continuación alén do ápice da cela, denominada vea 7, nunca ten máis de catro ramas, denominadas veas da 8 á 11; a 8 e a 9 sempre se orixinan a partir das veas 7 e a 10 e 11 ás veces da vea 7 pero máis a miúdo libres, é dicir, orixinadas da vea subcostal antes do ápice da cela.[4]

As ás posteriores teñen veas internas (1a) e precostais. A cela en ambas as ás está pechada ou aberta, a miúdo pechada na á anterior e aberta na posterior. A beira dorsal da á posterior está canalizada para corresponderse co abdome en moitas das formas.[4]

As antenas sempre teñen dúas canles na parte inferior, e a maza pode ter forma variable. Aínda que na familia o par de patas anteriores do macho e, con tres excepcións (Libythea, Pseudergolis e Calinaga), tamén a das femias, está reducida en tamaño e é funcionalmente nula para camiñar; nalgunhas especies, a atrofia das patas anteriores é considerable, por exemplo, as Danainae e Satyrinae. En moitas das formas destas subfamilias, as patas anteriores mantéñense presionadas contra a parte inferior do tórax, e no macho pasan case desapercibidas.[4]

Sistemática e filoxenia

editar

A filoxenia dos Nymphalidae é complexa. Varios taxons teñen unha posición pouco clara, o que se reflicte polo feito de que algunhas subfamilias foran anteriormente recoñecidas como familias diferentes debido a que había estudos insuficientes sobre elas.

Os cinco clados principais desta familia coas súas subfamilias e tribos son:[5]

O clado libiteíno (basal)

O clado danaíno (basal)

  • Danainae (antes tratadas comoa familia Danaidae)
As familias de plantas hóspede destas bolboretas inclúen a Apocynaceae (subfamilia Asclepiadoideae) e Moraceae.
A maioría das especies teñen ás longas e algunhas ás transparentes. As súas plantas hóspede son das familias Apocynaceae, Gesneriaceae e Solanaceae.
As eirugas lembran ás das Danainae e aliméntanse de plantas Apocynaceae.

O clado satirino

Imitadoras das Danainae, están restrinxidas a plantas hóspede da familia Moraceae.[6]
Bolboretas do dosel arbóreo tropical con eirugas que a miúdo teñen cabezas espiñosas ou proxeccións. A maioría son especies comestibles por outros animais, teñen certo mimetismo batesiano. As plantas hóspede son das familias Annonaceae, Celastraceae, Convolvulaceae, Euphorbiaceae, Fabaceae, Flacourtiaceae, Lauraceae, Myrtaceae, Piperaceae, Poaceae, Rhamnaceae, Rutaceae, Santalaceae e Sapindaceae.[6]
Inclúe o espectacular xénero neotropical Morpho, que se alimenta de plantas Arecaceae, Bignoniaceae, Fabaceae, Menispermaceae, Poaceae e Sapindaceae.
  • Brassolini (neotropicais, con de 70 a 80 especies, principalmente crepusculares, ás veces consideradas unha subfamilia denominada Brassolinae)
As súas plantas hóspede son das familias Arecaceae, Bromeliaceae, Heliconiaceae, Musaceae e Poaceae.[6]
  • Satyrinae (antes tratadas como unha familia, a Satyridae)
As súas plantas hóspede son das familias Arecaceae, Araceae, Cyperaceae, Heliconiaceae, Poaceae e Selaginellaceae.

O clado heliconiino (grupo irmán do clado nymphaline, exclúe ás antigas tribos Biblidini e Cyrestini, e as tribos Pseudergolini e Coeini)

Bolboretas tropicais moi coloridas con mimetismo mülleriano. Todas as especies usan plantas hóspede da familia Passifloraceae.
  • Acraeini (principalmente africanas, pero algunhas asiáticas; ás veces considerada como unha familia chamada Acraeinae)
As súas plantas hóspede son as das familias Asteraceae, Passifloraceae, Sterculiaceae, Tiliaceae e Urticaceae.

O clado ninfalino (grupo irmán do clado heliconiino, tamén inclúe as tribos Coeini e Pseudergolini)

As súas plantas hóspede son da familia Ulmaceae. As eirugas son lisas con colas bífidas e cornos na cabeza.[6]
Algunhas especies migran. As eirugas están ás veces cubertas de espiñas. Aliméntanse de plantas Acanthaceae, Caprifoliaceae, Convolvulaceae, Euphorbiaceae, Fagaceae, Flacourtiaceae, Lamiaceae, Loranthaceae, Moraceae, Plantaginaceae, Poaceae, Rubiaceae, Rutaceae, Salicaceae, Sapindaceae, Scrophulariaceae, Urticaceae e Verbenaceae.[6]

Exemplos salientables

editar

Morfoloxía

editar

A característica pola cal estas bolboretas son máis coñecidas é que usan só catro patas; a razón de que o seu par de patas anterior se convertese en vestixial non está aínda claro. Algúns opinan que as patas anteriores se usan para amplificar o sentido do olfacto, porque algunhas especies posúen un conxunto de pelos suaves como un cepillo chamados setas, que fixo crer aos investigadores que as patas anteriores se usaban para mellorar a sinalización e comunicación entre especies, mentres que se manteñen en pé sobre os outros dous pares. Esta capacidade foi útil na reprodución e na saúde global da especie, e é a teoría máis admitida polo momento.[7]

  1. Rafinesque, C.S. (1815). Analyse de la Nature, ou Tableau de l'Univers et des Corps Organisés. Jean Barravecceia: Palermo. 224 pages, p 127.
  2. Vane-Wright & de Jong, 2003: 167; Pelham, 2008; Wahlberg, 2010
  3. Wolfe, Joanna M.; Oliver, Jeffrey C.; Monteiro, Antónia (2011-01-01). "Evolutionary reduction of the first thoracic limb in butterflies". Journal of Insect Science (en inglés) 11 (1): 66. ISSN 1536-2442. PMC 3281478. PMID 21867433. doi:10.1673/031.011.6601. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Bingham, C.T. (1905). The Fauna of British India, Including Ceylon and Burma Butterflies 1 (1st ed.). London: Taylor and Francis, Ltd. 
  5. Niklas Wahlberg, Elisabet Weingartner & Sören Nylin (2003). Gisella Caccone & Giacomo Bernardi, ed. "Papers presented at the Mammalian Phylogeny symposium during the 2002 Annual Meeting of the Society for Molecular Biology and Evolution, Sorrento, Italy, June 13–16, 2002 (Chapter: Towards a better understanding of the higher systematics of Nymphalidae (Lepidoptera: Papilionoidea))" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 28 (3): 473–484. PMID 12927132. doi:10.1016/S1055-7903(03)00052-6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de outubro de 2007. Consultado o 09 de marzo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Philip J. DeVries (2001). "Nymphalidae". En Simon A. Levin. Encyclopedia of Biodiversity. Academic Press. pp. 559–573. ISBN 978-0-12-226865-6. doi:10.1016/B0-12-226865-2/00039-0. 
  7. Gould, S.E. "Butterfly watch: four legs vs. six legs". Scientific American. Scientific American. Consultado o 7 Sep 2013. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Glassberg, Jeffrey Butterflies through Binoculars, The West (2001)
  • Guppy, Crispin S. and Shepard, Jon H. Butterflies of British Columbia (2001)
  • James, David G. and Nunnallee, David Life Histories of Cascadia Butterflies (2011)
  • Pelham, Jonathan Catalogue of the Butterflies of the United States and Canada (2008)
  • Pyle, Robert Michael The Butterflies of Cascadia (2002)

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 4
idea 4
INTERN 1
Project 1
todo 2