Nome de Nesut-Bity
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2020.) |
Nome de Nesut-Bity en xeroglífico |
|
Nome de Nesut-Bity ou Nome de Trono, significa literalmente O da Abella e o Xunco e a súa tradución fidedigna é O Señor das Dúas Terras xa que os xeroglíficos fan referencia: a abella ao Alto Exipto mentres que o xunco ao Baixo Exipto. Sintéticamente defínese como o rei do Alto e Baixo Exipto e representase da forma da dereita.
No Imperio Medio de Exipto, dinastías XI e XII, os faraóns recibían cinco títulos. Engadían ao nome de nacemento outros catro máis cando accedían ao trono. Eran os seguintes: Nome de Horus, Nome de Nebty, Nome de Horus de Ouro, Nome de Trono e Nome de nacemento.
Era o xeito máis frecuente de representar un nome real, incluíndoo dentro dun cartucho, símbolo formado por unha corda ovalada cos extremos anudados.
Xorde a mediados da dinastía II con Sened, Neferkaseker e Peribsen, tamén se utilizou durante a dinastía III con Nebka e Huny, aínda que o seu uso só se fixo habitual logo da dinastía IV.
Snefru, o primeiro rei da dinastía IV, preconiza o uso do cartucho rodeando o nome real; desde entón o nome de Nesut-Bity, dentro do cartucho, substituíu o nome de Horus como título principal do faraón. O Nome de Nesut-Bity é o utilizado con maior frecuencia nas Listas Reais.
O título de Nesut-Bity está totalmente desvinculado de calquera crenza relixiosa: ten un carácter xeográfico, asociando ao rei a dúas especies naturais características dos ambientes do Alto e Baixo Exipto que conforman os dominios do rei como unión dos contrarios.F. Raffaele
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nome de Nesut-Bity |