Edith Norma Shearer, nada en Montreal o 10 de agosto de 1902 e finada en Woodland Hills, California o 12 de xuño de 1983, foi unha actriz canadense.[1]

Modelo:BiografíaNorma Shearer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Edith Norma Shearer Editar o valor en Wikidata
10 de agosto de 1902 Editar o valor en Wikidata
Montreal, Canadá Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xuño de 1983 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Woodland Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortebroncopneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo e cristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónHigh School of Montreal (en) Traducir
Westmount High School (en) Traducir
Roslyn Elementary School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmodelo, actriz de cinema, actriz de teatro, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1920 Editar o valor en Wikidata - 1942 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMartin Arrougé (1942–)
Irving Thalberg (1927–1936) Editar o valor en Wikidata
FillosIrving Thalberg, Jr.
 () Irving Thalberg
Katherine Thalberg
 () Irving Thalberg Editar o valor en Wikidata
PaisAndrew Shearer Editar o valor en Wikidata  e Edith Fisher Editar o valor en Wikidata
IrmánsDouglas Shearer
Athole Shearer Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0790454 Allocine: 7661 Rottentomatoes: celebrity/norma_shearer Allmovie: p65025 118297 TV.com: people/norma-shearer
BNE: XX5057937 Musicbrainz: 9a414192-acf8-4611-9870-98794d5a7d09 Discogs: 2953134 WikiTree: Shearer-797 Find a Grave: 1994 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Pasou a súa infancia en Montreal, onde se interesou pola música. Non obstante, tras ver un vodevil no seu noveno aniversario decidiu converterse en actriz. Tras o divorcio dos seus pais en 1920, marchou coa súa nai e a súa irmá a Nova York para buscar traballo no teatro.

Os seus primeiros traballos foron como extra en películas da Universal Pictures.[2]

Chegou a Hollywood en 1923, asinando un contrato coa Metro-Goldwyn-Mayer, da que foi unha das primeiras estrelas.

Na súa primeira proba de cámara para unha película coincidiu co produtor Irving Thalberg, que quedou moi impresionado con Shearer e a converteu na súa protexida. Casaron en 1927,[3] tras converterse ela ao xudaísmo.[4]

Shearer xa era unha actriz coñecida cando chegou o cinema sonoro, e foi unha das actrices que logrou facer a transición desde o mudo. Cansa de ter unha imaxe de “boa rapaza”, convenceu o seu marido para protagonizar The Divorcee en 1930. Con este filme gañou o Oscar á mellor actriz.[5] Tras este papel continuou interpretando personaxes sensuais nos anos anteriores ao Código Hays.[6]

Tras varios fracasos, retirouse en 1942.

Filmografía

editar
Ano Filme
1921 The Stealers
1923 The Wanters
1924 He Who Gets Slapped
1927 The Student Prince in Old Heidelberg
1929 The Trial of Mary Dugan
1929 The Last of Mrs. Cheyney
1929 Their Own Desire
1930 The Divorcee
1930 Let Us Be Gay
1931 Strangers May Kiss
1931 A Free Soul
1931 Private Lives
1932 Smilin’ Through
1932 Strange Interlude
1934 Riptide
1934 The Barretts of Wimpole Street
1936 Romeo and Juliet
1938 Marie Antoinette
1939 Idiot’s Delight
1939 The Women
1940 Escape
1942 We Were Dancing
1942 Her Cardboard Lover
  1. "Norma Shearer" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2017. 
  2. LaSalle 2000, p. 14
  3. "Norma Shearer To Wed Metro Film Executive". Pittsburgh Press (Pittsburgh). United Press. 18-8-1927. p. 12. 
  4. Lambert, Gavin Norma Shearer: A Biography, pp. 321–324
  5. "FILM AWARDS ARE MADE.; Norma Shearer and George Arliss Get High Honors". The New York Times. 7-11-1930. Consultado o 9-11-2011. 
  6. Gary Morris (2010-03-31). "Shearer at Bright Lights website". Brightlightsfilm.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2012. Consultado o 2010-07-21. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
orte 2