Norplant
Norplant é un sistema contraceptivo desenvolvido pola ONG norteamericana con implantación internacional Population Council.
Historia
editarAs primeiras investigacións comezaron en 1966 e en 1974 fixéronse os primeiros experimentos en Chile. Finlandia en 1983 foi o primeiro país que aprobou a súa utilización, en 1984 a Organización Mundial da Saúde declarouno método eficaz de contracepción, en 1992 eran millón e medio de usuarias en todo o mundo. orixinalmente consistía en seis cápsulas de silicona, cada unha contiña 36 mg de levonoxestrel, un proxestáxeno sintético, que tiña que ser implantada baixo a pel do brazo e que tiña unha efectividade de cinco anos. Nos Estados Unidos foi aprobado pola axencia federal Food and Drug Administration en 1990 e distribuída de 1991 ata 2002, cando foi retirado do mercado pola aparición de efectos secundarios e un número importante de demandas contra o produto. Internacionalmente a produción cesou ao rematar o contrato coa United States Agency for International Development en decembro de 2006.
Norplant-2 ou Jadelle, a nova versión, consite en dous pequenos bastóns de silicona que tamén teñen que implantarse e son efectivos durante cinco anos, aínda que nun primeiro momento foi aprobada para un período de tres anos en Europa.