Nymphaea lotus

especie de planta

Tapadeira exipcia, ninfea branca exipcia, loto branco
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Nymphaeales
Familia: Nymphaeaceae
Xénero: Nymphaea
Especie: N. lotus
Nome binomial
'Nymphaea lotus'
L.

Nymphaea lotus, a tapadeira exipcia, ninfea branca exipcia ou loto do Exipto, é unha planta acuática da familia das ninfáceas.

Distribución xeográfica

editar

É orixinaria de África (Exipto, Botsuana, Malawi, Mozambique, Zambia, Zimbabue) e mais do Sueste asiático.

Foi introducida noutros lugares coma Romanía ou os Estados Unidos de América.

Descrición

editar

É coñecida por florear á noite e fechar as súas flores de mañá cedo, ten follas que boian na tona da auga e flores que sibresaen desta. É unha planta perenne que medra até os 45 cm. de alto e prefire a auga morna, limpa, queda e un chisco aceda. As súas flores son brancas e ás veces con matices rosados.

Follas cos bordos dentado-espiñentos. 2n = 84.

 
A Nymphaea lotus adóitase usar coma planta de acuario. Algunhas veces é mantida polas súas flores, mentres que outros acuaristas prefiren cortar as follas boiantes, e manter soamente a follaxe baixo a tona de auga.

Crenzas exipcias

editar

Os antigos exipcios considerábana planta sacra e crían cá flor do loto lles daba forza e poder.

Sinonimia

editar
Castalia lotus (L.)Tratt.
Castalia mystica Salisb.
Leuconymphaea lotus (L.)Kuntze
Nymphaea acutidens Peter p.p.
Nymphaea aegyptiaca Opiz nom. illeg.
Nymphaea dentata Schumach. & Thonn.
Nymphaea hypotricha Peter
Nymphaea leucantha Peter
Nymphaea liberiensis A.Chev.
Nymphaea lotus var. aegyptia Planch.
Nymphaea lotus var. dentata (Schumach. & Thonn.) Casp.
Nymphaea lotus var. parviflora Peter
Nymphaea ortgiesiana Planch.
Nymphaea reichardiana F.Hoffm.
Nymphaea thermalis DC. nom. illeg.
Nymphaea zenkeri Gilg

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1