O2 Arena (Praga)
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2017) |
O O2 Arena, antes chamado Sazka Arena, é un pavillón multiúsos da cidade de Praga (República Checa). Foi construído para acoller o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo 2004. No 2006 acolleu a Final Four da Euroliga de baloncesto. Dende o 2004 é o estadio local do HC Slavia Praha, equipo de hóckey sobre xeo que compite na Extraliga Checa, e ocasionalmente dende do HC Lev Praha equipo de hóckey sobre xeo que compite na Kontinental Hockey League (KHL).
O2 Arena | |
---|---|
Vista xeral | |
Datos | |
Coordenadas | 50°06′15″N 14°29′37″L / 50.104167, 14.493611 |
Localización | Ocelářská 460/2, 190 00Praga 9 - Libeň República Checa |
Outros nomes | Sazka Arena |
Construción | |
Inauguración | 27 de marzo de 2004[1] |
Custo | 347 € |
Estadio | |
Capacidade | 18.000 espectadores (concertos) 17.360 espectadores (hóckey sobre xeo) 16.805 espectadores (baloncesto) |
Propietario | Bestsport |
Operadora | Bestsport |
Localía | HC Slavia Praha (Extraliga dende o 2004 HC Lev Praha (KHL ocasionalmente) |
Web | https://www.o2arena.cz/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA idea de construír un novo estadio en Praga tivo lugar pouco despois da "época dourada" do hóckey sobre xeo, gañando tres medallas de ouro consecutivas. A construción do estadio foi proposta para albergar o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo 2003, mais debido a complicacións cos investidores, a federación de hóckey sobre xeo tivo que trasladar a sede do campionato a Finlandia. Sazka a.s. (unha casa de apostas checa) converteuse no principal patrocinador do estadio.
A construción do estadio (que comezou en 2002) contou con algúns contratempos, mais finalmente rematouse a tempo para a tempada 2004, acollendo ese ano o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo.[2]
En marzo de 2008, o edificio foi renomeado O2 Arena.[3] En outubro dese mesmo ano, os New York Rangers e os Tampa Bay Lightning comezaron a Tempada 2008-09 da NHL no O2 Arena con dous partidos. Ao mes seguinte, o pioneiro da música electrónica francesa Jean Michel Jarre levou o seu álbum Oxygène ao estadio como parte da segunda etapa do Oxygène 30th anniversary tour. En decembro do 2008, o estadio albergou os partidos do play-off do Campionato do Mundo de floorball masculino 2008, incluíndo a final na que Finlandia derrotou por 7 a 6 a Suecia.
Sting levou o seu Symphonicities Tour o 22 de setembro de 2010 xunto coa Royal Philharmonic Orchestra.
A principios de outubro de 2010, os equipos da National Hockey League Boston Bruins e Phoenix Coyotes xogaron dous partidos back-to-back no estadio para comezar as súas respectivas tempadas regulares na Tempada 2010-11 da NHL.
En novembro do 2010 Lady Gaga actuou no estadio durante o seu Monster Ball Tour.
En marzo de 2011, Sazka declarouse insolvente debido ás débedas pola construción do novo estadio. [4][5]
Características
editar- Número de andares: 6
- Superficie de cada andar: 35,000 m²
- Capacidade: 18,000 espectadores de pé (depende do evento)
- Club e Asientos de luxo: 2,460
- Skyboxes: 66
- Salóns de festa: 4
- Prazas nos bares, restaurantes e cafeterías: 2,900
- Estacionamentos: 280 prazas
- Poboación da súa zona de influencia: 1.5 a 1.8 millóns de persoas
Accesos
editarO O2 Arena é facilmente accesible, podéndose chegar en transporte público na estación de metro de "Českomoravská", na liña B, paradas de tranvía e paradas de autobús; a estación de tren "Praha Libeň" tamén está moi preto do estadio.
Concertos
editarImaxes
editar-
Interior do O2 Arena.
-
Vista da rúa Ocelářská.
-
Panorámica do O2 Arena.
Notas
editar- ↑ Sazka Arena – the most modern multipurpose arena in the world
- ↑ Sazka sports arena opened amid bitter political dispute over money en radio.cz (29 de marzo de 2004)
- ↑ Praha prijde o Sazka Arenu. Stane se z ni O2 Arena – Domaci – Hokej – Sportplus – Aktualne.cz
- ↑ http://www.reuters.com/article/2011/03/26/sazka-idUSLDE72P07H20110326 Arquivado 29 de marzo de 2011 en Wayback Machine. Czech lottery firm Sazka files for insolvency
- ↑ http://www.ft.com/cms/s/2/ebc918b0-61ca-11e0-88f7-00144feab49a,dwp_uuid=e8477cc4-c820-11db-b0dc-000b5df10621.html Arquivado 10 de abril de 2011 en Wayback Machine. Balls up: Czech lottery ruled insolvent
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
editar- Sitio web oficial do O2 Arena (en checo) (en inglés)