O proceso

novela de Franz Kafka

O proceso (título orixinal en alemán: Der Prozess) é unha novela inacabada de Franz Kafka, publicada postumamente en 1925 por Max Brod, baseándose no manuscrito inconcluso de Kafka.

O proceso
Portada da primeira edición
Título orixinalDer Prozess
Autor/aFranz Kafka
OrixeAlemaña e Austria
LinguaAlemán
Xénero(s)literatura do absurdo e ficción distópica
EditorialVerlag Die Schmiede
Data de pub.1925
Premios
editar datos en Wikidata ]

Narra a historia de Josef K., un oficinista bancario cunha puxante carreira nun importante banco da cidade, que é arrestado unha mañá por unha razón que descoñece. A partir deste momento, o protagonista adéntrase nun pesadelo para defenderse de algo que nunca sabe o que é e con argumentos aínda menos concretos, só para descubrir, unha e outra vez, que as instancias máis altas ás que pretende apelar son só as máis humildes e limitadas, creando así un clima de inaccesibilidade á 'xustiza' e á 'lei'.

Da novela procede un famoso relato kafkiano, Ante a lei, arquetipo do 'pesadelo kafkiano'. Nel, un home chegado de lonxe pretende cruzar a porta da Lei, pero un gardián impídello durante anos. Finalmente, cando o home agoniza, o gardián bérralle: "Ningunha outra persoa podía recibir permiso para entrar nesta porta, pois esta entrada estaba reservada só para ti. Agora voume e pecho a porta".

Adaptacións e traducións

editar

O proceso foi levado ao cine en dúas ocasións, ao igual que outras obras de Kafka. A versión máis coñecida é a de Orson Welles, do ano 1962, onde Josef K. é interpretado por Anthony Perkins. Welles permitiuse a liberdade engadir un final distinto á trama.

A obra foi traducida ao galego por Luis Manuel Fernández Rodríguez, e editada por Sotelo Blanco Edicións en 2003[1].

  1. "O proceso". BiTraGa. 
  NODES
todo 1