O rei Lear
traxedia de William Shakespeare
O rei Lear[1] (en inglés: King Lear) é unha obra escrita por William Shakespeare. Amosa o gradual descenso á tolemia da personaxe do título, despois de que decidise dividir o seu reino entre as súas fillas e os seus esposos, o cal supón tráxicas consecuencias para todos. Derivada da lenda de Leir da Bretaña, un rei celta mitolóxico da Bretaña prerromana, a obra foi amplamente adaptada ó teatro e ó cinema.
O rei Lear | |
---|---|
Primeira páxina da edición de 1608. | |
Título orixinal | King Lear |
Autor/a | William Shakespeare |
Orixe | Inglaterra |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Teatro |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1998 |
Tradución | Cándido Pazó González e Eduardo Alonso (versión de 1998) Miguel Pérez Romero (versión de 2003) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ó galego por Cándido Pazó González e Eduardo Alonso en 1998 baixo o título Rei Lear, sendo publicado por Edicións Xerais.[2] No 2003, foi traducido por Miguel Pérez Romero co título O rei Lear e foi publicado pola Editorial Galaxia.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 O rei Lear. Traducido por Miguel Pérez Romero (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 2003. ISBN 84-8288-624-X – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Rei Lear. Traducido por Cándido Pazó González e Eduardo Alonso (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 1998. ISBN 84-453-2278-8 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O rei Lear |
Ligazóns externas
editar- King Lear en Project Gutenberg (en inglés)
- "Modern Translation of King Lear" - Modern version of the play (en inglés)
- King Lear – Searchable, online version of the text (en inglés)