Obadele Thompson
deportista barbadiano
Obadele “Oba” Thompson, nado o 30 de marzo de 1976, é un deportista barbadense. Thompson é o gañador da única medalla olímpica dun representante do país. Conseguiu a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2000 en atletismo, na proba de 100 metros lisos. Participou en tres Xogos Olímpicos (1996, 2000 e 2004), e foi finalista en cada un deles. As súas mellores marcas foron 9,87 segundos nos 100 metros, 19,97 segundos nos 200 metros lisos (ámbolos dous récords de Barbados), e 45,38 segundos nos 400 metros lisos.[1] Mantén o récord mundial dos 55 metros lisos en interior (5,99 segundos) dende 1997.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1976 (48 anos) Saint Michael, Barbados (pt) |
Educación | Universidade de Texas en El Paso Harrison College (en) |
Altura | 182 cm |
Peso | 78 kg |
Actividade | |
Ocupación | velocista, atleta |
Nacionalidade deportiva | Barbados |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | 100 metros lisos |
Participou en | |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
1994 | Jogos da Commonwealth de 1994 (pt) |
Notas
editar- ↑ "Obadele THOMPSON". iaaf.org. Consultado o 21 de febreiro de 2018.
- ↑ "USTFCCCA Collegiate Track and Field Records ::: USTFCCCA". www.ustfccca.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 21 de febreiro de 2018.