Oitomil

artigo de listas da Wikimedia

Coñécese co nome de oitomiles os 14 cumios máis altos da Terra, pois teñen máis de 8.000 metros de altitude sobre o nivel do mar. Atópanse todas elas nas cordilleiras do Himalaia e do Karakoram, en Asia.

Na lista só se consideran aqueles cumes que teñen unha preeminencia topográfica de 200 a 500 metros, o que serve para descartar subcumios e cumios intermedios. Algúns destes cumios intermedios, como o cumio intermedio do Lhotse tamén teñen a súa particular historia de escaladas, rutas e deportistas.

As montañas que superan os 8.000 metros son as seguintes:

Orde Nome Altura (m) Cordilleira País Primeiro ascenso
1 Everest 8.848 Himalaia Mahalangur Nepal - Tíbet 1953
2 K2 8.611 Karakoram Baltoro Paquistán - China 1954
3 Cancheniunga 8.586 Himalaia Cancheniunga Nepal - India India 1955
4 Lhotse 8.516 Himalaia Mahalangur Nepal - Tíbet 1956
5 Macalu 8.485 Himalaia Mahalangur Nepal - Tíbet 1955
6 Cho Oiu 8.188 Himalaia Mahalangur Nepal - Tíbet 1954
7 Daulaguiri 8.167 Himalaia Daulaguiri Nepal 1960
8 Manaslu 8.163 Himalaia Manaslu Nepal 1956
9 Nanga Parbat 8.125 Himalaia Nanga Parbat Paquistán 1953
10 Annapurna 1 8.091 Himalaia Annapurna Nepal 1950
11 Gasherbrum 1 8.080 Karakoram Baltoro Paquistán - China 1958
12 Broad Peak 8.051 Karakoram Baltoro Paquistán - China 1957
13 Gasherbrum 2 8.034 Karakoram Baltoro Paquistán - China 1956
14 Xixapangma 8.027 Langtang Himalaia Tíbet 1964

Alpinistas que completaron os oitomiles

editar

A primeira persoa en escalar todas as catorce montañas con máis de 8000 m foi o italiano Reinhold Messner, que completou a fazaña o 16 de outubro de 1986. Un ano máis tarde, en 1987, o polaco Jerzy Kukuczka foi o segundo home en facelo. En maio de 2010 a guipuscoana Edurne Pasaban converteuse na 23ª persoa en acadalo, sendo a segunda muller en logralo despois de que un mes antes o fixese Oh, Eun-Sun.

Nome Período Nacionalidade
1 Reinhold Messner 1970-1986   Italia
2 Jerzy Kukuczka 1979-1987   Polonia
3 Erhard Loretan 1982-1995   Suíza
4 Carlos Carsolio 1985-1996   México
5 Krzysztof Wielicki 1980-1996   Polonia
6 Juanito Oiarzabal 1985-1999   España
7 Sergio Martini 1976-2000   Italia
8 Hong-Gil Um 1988-2000   Corea do Sur
9 Park Young Seok 1993-2001   Corea do Sur
10 Alberto Inurrategi 1991-2002   España
11 Han Wang Yong 1994-2003   Corea do Sur
12 Ed Viesturs 1989-2005   Estados Unidos
13 Alan Hinkes 1987-2005   Reino Unido
14 Silvio Mondinelli 1993-2007   Italia
15 Iván Vallejo 1999-2008   Ecuador
16 Denis Urubko 2000-2009 (11 de maio)   Casaquistán
17 Ralph Dujmovits 1990-2009 (20 de maio)   Alemaña
18 Veikka Gustafsson 1993-2009 (xullo)   Finlandia
19 Andrew Lock[1] 1993-2009 (outubro)   Australia
20 João Garcia[2] 1993-2010 (17 de abril)   Portugal
21 Piotr Pustelnik[3] 1990-2010 (27 de abril, 13 horas)   Polonia
22 Oh, Eun-Sun*[4][5] 1997-2010 (27 de abril, 15 horas)   Corea do Sur
23 Edurne Pasaban Lizarribar[6] 2001-2010 (17 de maio)   España
  1. "Noticia da consecución do "oitomil" número 14 para Andrew Lock". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2009. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  2. http://explorersweb.com/everest_k2/news.php?id=19261 Arquivado 24 de xuño de 2018 en Wayback Machine. Annapurna summit push watch: SUMMITS! (Explorersweb)
  3. "Información sobre o logro de Pustelnik en ExWeb". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  4. A ascensión ó Kangchenjunga de Oh, Eun-Sun en 2009 está baixo discusión.
  5. "Oh, Eun-Sun, primeira muller en conquistar os 14 "oitomiles" en ExWeb". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  6. Edurne Pasabán coroa o seu 14º 'ochomil'

Véxase tamén

editar
  NODES
HOME 1
iOS 6
mac 3
os 25
todo 1
web 4