Olga Tokarczuk
Olga Nawoja Tokarczuk, nada en Sulechów o 29 de xaneiro de 1962, é unha escritora e psicóloga polaca. Recibiu o Premio Nobel de Literatura de 2018.[1]
Nome orixinal | (pl) Olga Nawoja Tokarczuk |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de xaneiro de 1962 (62 anos) Sulechów, Polonia (pt) |
Residencia | Krajanów (pt) (1998–) Wrocław |
Educación | Faculty of Psychology, University of Warsaw (en) - psicoloxía clínica (1980–1985) |
Cor dos ollos | Gray (en) |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | editora (1998–2003), libretista, novelista, fundador (pt) , poetisa, escritora, psicóloga, guionista |
Período de actividade | 1979 - sen valor |
Empregador | Universidade Iaguelónica de Cracovia |
Partido político | The Greens (en) (2004–) |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, ensaio e novela histórica |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Natasza Borodin |
Participou en | |
Parada Równości (en) | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Roman Fingas (1985–) Grzegorz Zygadło |
Fillos | Zbigniew Fingas () Roman Fingas |
Irmáns | Tatiana Tokarczuk |
Cronoloxía | |
2018 | Premio Nobel de Literatura |
13 de decembro de 1981-22 de xullo de 1983 | Lei marcial na Polónia (pt) |
parada LGBT (pt) | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Der Spiegel (en) culture.pl (en) |
Sitio web | tokarczuk.wydawnictwoliterackie.pl |
Traxectoria
editarGraduada en Psicoloxía pola Universidade de Varsovia, traballou como psicoterapeuta na clínica de saúde mental de Walbrzych. Considera que Carl Jung é unha das súas maiores influencias. Durante a súa mocidade, nunha estadía en Londres, tamén traballou como limpadora nun hotel.[2]
Comezou a súa traxectoria literaria en 1979 publicando relatos baixo o pseudónimo Natasza Borodin na revista Przelaj. En 1989, saeu do prelo un libro de poesía, Miasto w lustrach, e, en 1993, a súa primeira novela, Podróż ludzi Księgi. Esta gañou o premio da Asocación Polaca de Escritores, malia ás dificultades que tivera a obra para a súa publicación, pois fora rexeitada por varias editoriais. Na segunda novela, E.E, aborda a historia dunha nena médium, Erna Eltzner, a principios do século XX en Wroclaw.
En 1996, gañou moita sona no público polaco con Prawiek i inne czasy, unha fábula ambientada nunha pequena aldea con tres xeracións de labregos como protagonistas.[3]
Olga Tokarczuk vive en Krajanów, preto de Nowa Ruda, e a paisaxe e a cultura desta rexión aparecen reflectidas en varias das súas obras.[4] Dom dzienny, dom nocny, publicada en 1998, é a primeira das súas novelas nas que se evidencia isto.[5]
A principios do século XXI consagrouse como unha das autoras máis relevantes das letras contemporáneas de Polonia grazas á novela Bieguni (traducida ao inglés como Flights e ao castelán como Los Errantes). Trátase dunha novela fragmentaria na que mestura diferentes xéneros, como os relatos e as notas autobiografía cos cadernos de viaxe.[6] Grazas a esta obra gañou o premio Nike de 2008, un dos máis importantes da literatura polaca, e dez anos máis tarde, en 2018, o Booker Internacional.[7][8] Tokarczuk levaría de novo o Nike en 2015 con Księgi Jakubowe, obra centrada arredor da figura de Jakob Frank, líder dunha seita xudaica no século XVII.[9]
En 2009 publicou Prowadź swój pług przez kości umarłych, unha novela de suspense na que unha serie de asasinatos no rural da Silesia impactan na vida dunha astróloga defensora dos animais e tradutora afeccionada de William Blake. Esta trama sería levada ao cinema por Agnieszka Holland co título Pokot en 2017, merecente do Oso de prata do Festival de Cinema de Berlín en 2018.
Declárase feminista e é vexetariana. Manifestou numerosas veces puntos de vista que resultaron controvertidos en Polonia cuestionando os valores tradicionais da sociedade e facendo críticas aos gobernos de Lei e Xustiza.[10]
A Academia Sueca outorgoulle o Premio Nobel de Literatura do ano 2018 valorando a súa "imaxinación narrativa que, con paixón enciclopédica, representa o cruce de fronteiras como unha forma de vida".[11] Recibiu o galardón das mans do rei Carlos XVI Gustavo de Suecia o 10 de decembro de 2019.[12]
Obra
editar- Miasto w lustrach (A cidade nos espellos, 1989; poesía)
- Podróż ludzi Księgi (A viaxe dos homes do libro; 1993)
- E. E. (1995)
- Prawiek i inne czasy (Un lugar chamado antano, 1996)
- Szafa ("O roupeiro", 1997)
- Dom dzienny, dom nocny (Casa diúrna, casa nocturna, 1998)
- Opowieści wigilijne (Relatos de Nadal, 2000; xunto con Jerzy Pilch e Andrzej Stasiuk)
- Lalka i perła (A boneca e a perla, 2000)
- Gra na wielu bębenkach (Concerto de varios tambores, 2001)
- Ostatnie historie (Historias últimas, 2004)
- Anna In w grobowcach świata (Anna In nos sepulcros do mundo, 2006)
- Bieguni (Os corredores, 2007)
- Prowadź swój pług przez kości umarłych (Ara a través dos ósos dos defuntos, 2009)
- Moment niedźwiedzia (O momento do oso, 2012)
- Księgi Jakubowe (Os libros de Xacob, 2014)
- Zgubiona dusza (Alma perdida, 2017)
- Opowiadania bizarne (Relatos estraños, 2018)
Notas
editar- ↑ "Olga Tokarczuk e Peter Handke, premios Nobel de Literatura". Praza Pública. 10 de outubro de 2019.
- ↑ "La escritora polaca Olga Tokarczuk: de limpiadora a ganadora del Nobel". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2022-08-03.
- ↑ Franklin, Ruth (2019-07-26). "Olga Tokarczuk’s Novels Against Nationalism". The New Yorker (en inglés). Consultado o 2022-08-03.
- ↑ "The Nobel Prize in Literature 2018". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2022-08-03.
- ↑ "Los cuentos de hadas de Olga Tokarczuk - por Paweł Kozioł - Revista Santiago". Revista Santiago - Universidad Diego Portales (en inglés). Consultado o 2022-08-03.
- ↑ "Ensanchar el mundo - por Andrea Jeftanovic - Revista Santiago". Revista Santiago - Universidad Diego Portales (en castelán). Consultado o 2022-08-03.
- ↑ "Nagroda Literacka "Nike" 2008 - Olga Tokarczuk za "Biegunów". wyborcza.pl. Consultado o 2022-08-03.
- ↑ Lecerf, Christine (2019-11-19). "Ressouder le monde : entretien avec la prix Nobel de littérature Olga Tokarczuk". France Culture (en francés). Consultado o 2022-08-03.
- ↑ "Nagroda Literacka "Nike" 2015 - Olga Tokarczuk za "Księgi Jakubowe"". wyborcza.pl. Consultado o 2022-08-03.
- ↑ "Olga Tokarczuk: ‘I was very naive. I thought Poland would be able to discuss the dark areas of our history’". the Guardian (en inglés). 2018-04-20. Consultado o 2022-08-03.
- ↑ "The Nobel Prize in Literature 2018". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2022-08-04.
- ↑ "Poland’s Tokarczuk receives Nobel literature prize". PolskieRadio.pl. Consultado o 2022-08-03.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olga Tokarczuk |
Ligazóns externas
editar- Páxina web oficial Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.