Opisthobranchia
Opisthobranchia Rango fósil: Carbonífero-Actualidade[1] | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aegires minor | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Grupos incluídos | |||||||||
clado Cephalaspidea |
Os opistobranquios son un amplo e diverso grupo de gasterópodos mariños especializados. Foron previamente clasificados como Opisthobranchia dentro de Heterobranchia mais xa non se consideran un grupo monofilético[2]. Actualmente, Euopisthobranchia é a colección de revisada de opistobranquios que si é monofilética, mais a cal non contén xa algúns dos tradicionais opistobranquios[3].
Os Opisthobranchia inclúen a especies da orde Cephalaspidea, Sacoglossa, Aplysiomorpha, Gymnosomata e moitas familias de Nudibranchia[2].
Opistobranquio significa branquia atrás do corazón. Pola contra, Prosobranquio significa branquias na fronte (do corazón). Os opistobranquios caracterízanse por dous pares de tentáculos e unha única branquia por detrás e a dereita do corazón.
Hai fósiles de opistobranquios recollidos desde o Carbonífero[4]
Descrición
editarA redución ou perda da cuncha, o elaborado das cabezas, os pés ou os mantos e a adquisición de defensas químicas son tendencias evolutivas que se aprecian en case todos os taxons de opistobranquios[5].
Os opistobranquios teñen sufrido unha detorsión, unha inversión evolutiva da metade da torsión característica na historia evolutiva previa dos gasterópodos. O resultante desta detorsión é que o ganglio visceral non se superpón e defínese como eutineuro. En contraposición está o estreptoneuro, común en gasterópodos, no que si os ganglios forman un xiro diferente dentro do corpo do animal.
Non hai unha distinción marcada entre a cabeza e o manto. Os tentáculos están situados cerca da cabeza e úsanse para a orientación. Detrás destes están os rinóforos, órganos olfactorios de, habitualmente, complexas formas. A única parte do pé é a central e úsase para locomoción. Os laterais dos pés evolucionaron a parapodios, excrecencias brandas. En varios subordes, como Thecosomata e Gymnosomata, os parápodos úsanse para moverse nunha forma de locomoción natatoria.
Teñen ocelos, ollos sinxelos, cunha lente e córnea capaces de detectar a luz e o paso de sombras mais non de obter imaxes coherentes[6]
Alimentación
editarHai opistobranquios herbívoros, detritívoros e carnívoros. Ao seren lentos, os carnívoros cazan presas sedentarias. Comen os biozoos, os Cnidarios e as esponxas (das que absorben toxinas para defensa propia). Os opistobranquios poden ter zooxantelas das súas presas os corais e usalos como produtos metabólicos para eles mesmos. Algúns herbívoros fan o mesmo cos cloroplastos das algas das que se alimentan[7].
Reprodución
editarOs opistobranquios son hermafroditas e teñen estratexias reprodutoras complexas, que habitualmente implican a transferencia dun a outro de esperma e o seu almacenamento ata que os ovos están listos para a fertilización[8] Os ovos acostúmanse poñer en bandas, cintas, que varían en estrutura. As cintas de ovos son características de cada especie e nalgúns casos só a identificación da especie que os depositou permite identificar os ovos[9].
Comunicacións
editarEmpregan comunicación química para puntos do seu ciclo vital. As larvas planctónicas flotan ata que as feromonas as alertan de que están nunha contorna axeitada para o seu asentamento. Nalgúns casos atrasan a súa metamorfose ata que detectan feromonas das súas presas. Nos momentos de reprodución existe comunicación química para atraer parellas.
Defensa
editarOs opistobranquios son, basicamente, invertebrados mariños con corpos brandos e cunha reducida ou ausente cuncha e sen opérculos co que as técnicas de protección destes baséanse noutras técnicas. Grazas a combinación de destacados camuflaxes e a unha agresiva toxicidade teñen poucos predadores. Con todo, algúns opistobranquis empregan as coloracións de advertencia. Os predadores dos opistobranquios son outros opistobranquios e predadores resistentes a toxinas, como as arañas de mar.
Os opistobranquios segregan produtos irritantes como ácidos fortes ou toxinas acumuladas coa dieta. As Aeolidioidea absorben o contido das células con toxina doscnidarios, presas destes, e empregas esas toxinas para a súa propia defensa[10][11].
Ecoloxía
editarOpisthobranchia representa un grupo morfoloxicamente diverso de gasterópodos e ocupan, polo tanto, unha ampla variedade de nichos ecolóxicos. Os opistobranquios teñen unha distribución global restrinxida a medios oceánicos, agás no caso de achochlidios[5].
Taxonomía
editarSeguindo a clasificación de Johannes Thiele do 1931 os Gasterópodos divídense en Prosobranchia, Pulmonata e Opisthobranchia. En clasificacións posteriores os dous últimos, Pulmonata e Opisthobranchia, foron fusionados[12]
A relación cos pulmonados
editarEstá en debate que os opistobranquios sexan un grupo parafilético[13] e que son a orixe dos Pulmonados. Sendo así, Opisthobranchia non sería monofilético e, polo tanto, un taxón non válido. Os últimos estudos de secuenciación de rRNA seguen sen esclarecer este debate[14]
Taxonomía Linneana
editarA Orde Opisthobranchia Milne-Edwards, 1848
- Suborde Cephalaspidea P. Fischer, 1883
- Suborde Sacoglossa von Ihering, 1876
- Suborde Aplysiomorpha P. Fischer, 1883
- Suborde Notaspidea P. Fischer, 1883
- Suborde Thecosomata Blainville, 1824 bolboretas do mar, con cunchas
- Suborde Gymnosomata Blainville, 1824 - anxos do mar, sen cunchas
- Suborde Nudibranchia Blainville, 1814 - nudibranquios
- Infraorde Anthobranchia Férussac, 1819
- Infraorde Cladobranchia Willan & Morton, 1984
Estudos filoxenéticos do 2004[15] teñen ofrecido novas definicións das sete principais liñaxes de Opisthobranchia. Malia a todo, segue sen se considera un clado válido e considérase un grupo informal dentro dos Heterobranchia na taxonomía dos Gasterópodos[2], e que se adoita evitar nas publicacións recentes[3]
Notas
editar- ↑ K. R. Jensen. Evolution of the Sacoglossa (Mollusca, Opisthobranchia) and the ecological associations with their food plants. Evolutionary Ecology. 1997, Volume 11, Issue 3, páx 301-335. doi:10.1023/A:1018468420368
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Bouchet P., Rocroi J.-P., Frýda J., Hausdorf B., Ponder W., Valdés Á. & Warén A. (2005). "Classification and nomenclator of gastropod families". Malacologia: International Journal of Malacology (Hackenheim, Germany: ConchBooks) 47 (1-2): 1–397.
- ↑ 3,0 3,1 Jörger, K. M.; Stöger, I.; Kano, Y.; Fukuda, H.; Knebelsberger, T.; Schrödl, M. (2010). "On the origin of Acochlidia and other enigmatic euthyneuran gastropods, with implications for the systematics of Heterobranchia". BMC Evolutionary Biology 10: 323. PMC 3087543. PMID 20973994. doi:10.1186/1471-2148-10-323.
- ↑ (en Checo) Pek I., Vašíček Z., Roček Z., Hajn. V. & Mikuláš R.: Základy zoopaleontologie. - Olomouc, 1996. 264 pp., ISBN 80-7067-599-3.
- ↑ 5,0 5,1 Kristof A. & Klussmann-Kolb A. (22 January 2010). "Neuromuscular development of Aeolidiella stephanieae Valdéz, 2005 (Mollusca, Gastropoda, Nudibranchia)". Frontiers in Zoology 7: 5. doi 10.1186/1742-9994-7-5.
- ↑ Helen P. I. Hughes. A light and electron microscope study of some opisthobranch eyes. Zeitschrift für Zellforschung und Mikroskopische Anatomie. 1970, Volume 106, Issue 1, pp 79-98
- ↑ Gosliner, Terrence (1987) Nudibranchs of Southern Africa : A Guide to Opisthobranch Molluscs of South Africa p.9 ISBN 0-930118-13-8
- ↑ Debelius, Helmut (2001) Nudibranchs and Sea Snails Indo-Pacific Field Guide p.7 Ikan, Frankfurt
- ↑ Gosliner, Terrence (1987) Nudibranchs of Southern Africa p.11 ISBN 0-930118-13-8
- ↑ Gosliner, Terrence (1987) Nudibranchs of Southern Africa p.7 ISBN 0-930118-13-8
- ↑ Heike Wägele, Annette Klussmann-Kolb (2005). "Opisthobranchia (Mollusca, Gastropoda) – more than just slimy slugs. Shell reduction and its implications on defence and foraging". PubMed Central - Frontiers in Zoology 2 (3): 3. PMC 554092. PMID 15715915. doi:10.1186/1742-9994-2-3.
- ↑ Knudsen B, Kohn AB, Nahir B, McFadden CS, Moroz LL. Complete DNA sequence of the mitochondrial genome of the sea-slug, Aplysia californica: conservation of the gene order in Euthyneura. Mol Phylogenet Evol. 2006 Feb;38(2):459-69.
- ↑ Haszprunar, G. 1985c. The Heterobranchia - a new concept of the phylogeny of the higher Gastropoda. Z. zool. Syst. Evolutionsforsch. 23: 15-37.
- ↑ Verena Vonnemann, Michael Schrödl, Annette Klussmann-Kolb and Heike Wägele (2005). "Reconstruction of the phylogeny of the Opisthobranchia (Mollusca: Gastropoda) by means of 18s and 28s rRNA gene sequences". Journal of Molluscan Studies 71 (2): 113–125. doi:10.1093/mollus/eyi014.
- ↑ Cristina Grandea, Josè Templadoa, J. Lucas Cerverab and Rafael Zardoya (2004). "Phylogenetic relationships among Opisthobranchia (Mollusca: Gastropoda) based on mitochondrial cox 1, trnV, and rrnL genes". Molecular Phylogenetics and Evolution 33 (2): 378–388. PMID 15336672. doi:10.1016/j.ympev.2004.06.008.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Opisthobranchia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Opisthobranchia |