Orange Is the New Black

Orange Is the New Black é unha serie de comedia e drama estadounidense de Netflix. Foi creada por Jenji Kohan, coñecida por crear Weeds. Baséase nas memorias, publicadas co mesmo nome, de Piper Kerman.[1]

Orange Is the New Black
Na rede
http://Netflix.com/OrangeistheNewBlack
IMDB: tt2372162 Filmaffinity: 233858 Allocine: 10368 Rottentomatoes: tv/orange_is_the_new_black Allmovie: v585853 Metacritic: tv/orange-is-the-new-black TV.com: shows/orange-is-the-new-black
Facebook: OITNB Twitter: OITNB Instagram: oitnb Netlix: 70242311 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Episodios

editar

A serie consta de sete tempadas con 13 episodios cada unha. O primeiro episodio da segunda tempada emitiuse o 6 de xuño de 2014.[2] A terceira tempada estreouse o 11 de xuño de 2015.[3]

En abril de 2015, a serie foi renovada para unha cuarta tempada, estreada o 17 de xuño de 2016. En febreiro de 2016, a serie renovouse por tres tempadas máis, para un total de sete.[4]

Orange Is the New Black é a primeira serie en conseguir nomeamentos aos premios Emmy tanto nas categorías de comedia como de drama.[5] A serie tamén recibiu seis nomeamentos ao Globo de Ouro, outros seis nomeamentos aos premios do Sindicato de Escritores de América, dous premios do Sindicato de Produtores de América, un premio do American Film Institute e un premio Peabody.

Elenco e trama

editar

O programa trata sobre Piper Chapman (Taylor Schilling), unha muller de clase media que foi enviada a prisión por levar cartos da droga para a súa exnoiva Alex Vause (Laura Prepon), que tamén está en prisión. Está prometida cun home chamado Larry (Jason Biggs), e descríbese a si mesma como unha "ex-lesbiana". Porén, estar en prisión fai que se reformule a súa orientación sexual e a súa identidade en xeral. A serie ten fortes temáticas LGBT e foi descrita como "a lesbian TV show".[6] Os personaxes que son lesbianas inclúen a Carrie "Big Boo" Black (Lea DeLaria), Suzanne "Crazy Eyes" Warren (Uzo Aduba) e Nicky Nichols (Natasha Lyonne). A prisioneira transxénero Sophia Burset é interpretada por Laverne Cox, unha verdadeira muller trans. A maioría dos personaxes son mulleres racializadas.

O terceiro episodio, "Lesbian Request Denied", foi dirixido por Jodie Foster.

Resposta crítica

editar

Orange Is the New Black foi ben recibida pola crítica. The Washington Post cualificou o programa de "brillantez detrás das reixas".[7] Taylor Schilling foi nomeada ao Globo de Ouro á actriz principal nunha serie dramática.[8]

  1. Andreeva, Nellie; Andreeva, Nellie (2011-07-22). "Netflix Eyeing Second Original Series – Comedy From 'Weeds' Creator Jenji Kohan". Deadline (en inglés). Consultado o 2023-01-06. 
  2. Andreeva, Nellie; Andreeva, Nellie (2013-06-28). "Netflix Renews ‘Orange Is The New Black’ For Second Season". Deadline (en inglés). Consultado o 2023-01-06. 
  3. Stedman, Alex; Stedman, Alex (2015-06-12). "‘Orange is the New Black’ Season 3 Gets Early Release". Variety (en inglés). Consultado o 2023-01-06. 
  4. Littleton, Cynthia; Littleton, Cynthia (2016-02-05). "‘Orange Is the New Black’ Renewed for 3 Seasons by Netflix". Variety (en inglés). Consultado o 2023-01-06. 
  5. "Jenji Kohan, Orange-is-the-new-black showrunner". Variety.com (en inglés). 
  6. Riese (2013-07-12). "10 Reasons "Orange Is The New Black" Is The New Lesbionic TV Show You Should Watch Now". Autostraddle (en inglés). Consultado o 2023-01-06. 
  7. Stuever, Hank (2013-07-11). "Netflix’s ‘Orange Is the New Black’: Brilliance behind bars". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-01-06. 
  8. "Orange Is the New Black ; spoilers-constance-shulman-promises-deeper-exploration-season-2-taylor-schilling-talks-golden-globes-nomination". Fashionnstyle.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2014. Consultado o 06 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén

editar


  NODES
Done 1
News 1
orte 1