Orangután de Tapanuli

O orangután de Tapanuli (Pongo tapanuliensis) é unha especie de orangután, nativo do sur de Tapanuli, na illa de Sumatra, en Indonesia.[2] É unha de tres especies coñecidas de orangután, xunto co orangután de Sumatra (Pongo abelii), que habita na parte noroeste da illa, e o orangután de Borneo (Pongo pygmaeus). Foi descrito como unha especie diferente no ano 2017 e é a primeira especie de homínido descrita dende o bonobo (Pan paniscus) en 1929.[3]

Orangután de Tapanuli

Macho adulto.

Femia adulta.
Femia adulta.

Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Simiiformes
Superfamilia: Hominoidea
Familia: Hominidae
Subfamilia: Ponginae
Tribo: Pongini
Xénero: Pongo
Especie: Pongo tapanuliensis
Nurcahyo, Meijaard, Nowak, Fredriksson, & Groves, 2017
En azul, a distribución do xénero Pongo na illa de Sumatra, sendo a mancha inferior a correspondente ó orangután de Tapanuli e as restantes a orangután de Sumatra.
En azul, a distribución do xénero Pongo na illa de Sumatra, sendo a mancha inferior a correspondente ó orangután de Tapanuli e as restantes a orangután de Sumatra.

En azul, a distribución do xénero Pongo na illa de Sumatra, sendo a mancha inferior a correspondente ó orangután de Tapanuli e as restantes a orangután de Sumatra.

Descubrimento e nome

editar

Unha poboación illada de orangutáns na área de Batang Toru de Tapanuli foi descuberta en 1939.[4] A poboación foi redescuberta por unha expedición á área en 1997,[5] pero non foi recoñecida como unha especie diferente daquela.[6] Pongo tapanuliensis foi identificado como unha especie despois dun detallado estudo filoxenético en 2017. O estudo analizou as mostras xenéticas de 37 orangutáns salvaxes de Sumatra e Borneo e levouse a cabo unha análise morfolóxica dos esqueletos de 34 machos adultos.[2] O espécime primario do estudo, e o holotipo da especie, foi o esqueleto dun macho adulto de from Batang Toru que morreu despois de ser ferido polos locais en novembro de 2013.[2][7] A caveira e o postcranio do espécime consérvanse no Museo zoolóxico de Bogor.[2] A caveira e os dentes do macho de Batang Toru difiren significativamente dos das outras especies de orangutáns.[8] O estudo xenético tamén sinalou que a poboación de Batang Toru podería ser considerada unha especie diferente, xa que os xenomas dos dous individuos da poboación amosan trazos distintivos.[2]

O nome científico, tapanuliensis, así como o nome común, o orangután de Tapanuli, refírese a Tapanuli, a área do norte de Sumatra onde vive a especie.[2]

  1. Nowak, Matthew G.; Rianti, Puji; Wich, Serge A.; Meijaard, Erik; Fredriksson, Gabriella (2017). "Pongo tapanuliensis". IUCN Red List of Threatened Species. 2017.3 (International Union for Conservation of Nature): e.T120588639A120588662. doi:10.2305/IUCN.UK.2017-3.RLTS.T120588639A120588662.en. Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Nater, Alexander; Mattle-Greminger, Maja P.; Nurcahyo, Anton; Nowak, Matthew G.; de Manuel, Marc; Desai, Tariq; Groves, Colin; Pybus, Marc; Sonay, Tugce Bilgin; Roos, Christian; Lameira, Adriano R.; Wich, Serge A.; Askew, James; Davila-Ross, Marina; Fredriksson, Gabriella; de Valles, Guillem; Casals, Ferran; Prado-Martinez, Javier; Goossens, Benoit; Verschoor, Ernst J.; Warren, Kristin S.; Singleton, Ian; Marques, David A.; Pamungkas, Joko; Perwitasari-Farajallah, Dyah; Rianti, Puji; Tuuga, Augustine; Gut, Ivo G.; Gut, Marta; Orozco-terWengel, Pablo; van Schaik, Carel P.; Bertranpetit, Jaume; Anisimova, Maria; Scally, Aylwyn; Marques-Bonet, Tomas; Meijaard, Erik; Krützen, Michael (2017-11-02). "Morphometric, Behavioral, and Genomic Evidence for a New Orangutan Species". Current Biology. doi:10.1016/j.cub.2017.09.047. 
  3. Reese, April (2017-11-02). "Newly discovered orangutan species is also the most endangered". Nature. doi:10.1038/nature.2017.22934. Consultado o 2017-11-10. 
  4. Natuur in Zuid- en Oost- Borneo. Fauna, flora en natuurbescherming in de Zuider- en Ooster-Afdeeling van Borneo. In 3 Jaren Indisch Natuur Leven: Opstellen over Landschappen, Dieren en Planten, Tevens Elfde Verslag (1936-1938) (en neerlandés). Batavia, Indonesia: Nederlandsch-Indische Vereeniging tot Natuurbescherming. 1939. pp. 334–411. 
  5. Meijaard, Erik. "A Sumatran Wonderland". JakartaGlobe. Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  6. Gill, Victoria (2 de novembro de 2017). BBC News, ed. "New great ape species identified" (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2017. 
  7. Goldman, Jason G. (2017-11-02). "New Species of Orangutan Is Rarest Great Ape on Earth". National Geographic Society. Consultado o 2017-11-06. 
  8. Stokstad, Erik (2017-11-02). "New great ape species found, sparking fears for its survival". Science (en inglés). doi:10.1126/science.aar3900. 

Véxase tamén

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
INTERN 1
todo 1