No legendarium de J. R. R. Tolkien, os Magos Azuis (ou Ithryn Luin) son dous personaxes misteriosos da Terra Media. N' O Señor dos Aneis son só citados cando Saruman di que hai cinco Istari[1]. Porén, outros manuscritos de Tolkien menciónanos máis. Nunha pasaxe de Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth, Tolkien escribe que dous Magos foron enviados para o Leste. Os seus nomes en Valinor eran Alatar[2] e Pallando[3].

A súa vida en Valinor

editar

Todos os Magos Azuis eran Maiar pertencentes á da Orde dos Istari. Aparentemente eran ambos servidores de Oromë, mais en Unfinished Tales afírmase que Pallando se sumou ás hostes de Oromë posteriormente, e que antes desa versión final tería algunha relación con Mandos e Nienna. Alatar sempre estivo xunto a Oromë, que o elixiu como un dos Maiar que serían enviados á Terra Media. Tolkien tamén di nunha das súas cartas que, por ser un gran amigo de Pallando, Alatar era servo de Mandos (Námo), e outros afirman mesmo que Alatar foi á Terra Media por insistencia de Mandos e non de Oromë.

A súa misión

editar

Nunha carta, Tolkien di que os magos foron para o Leste, e que probabelmente fracasaron na súa misión, talvez comezando cultos máxicos. Noutro texto publicado (The Peoples of Middle-earth), danse nomes alternativos: Morinehtar e Rómestámo. Non fica claro se eses nomes pretendían substituír Alatar e Pallando, ou se eran os seus segundos nomes. O autor afirma que non chegaron na Terceira Idade, senón na Segunda, ao redor do ano 1600, aproximadamente no momento da forxa do Anel Único. A pesar diso, a súa misión aínda é no Leste, para enfraquecer as hostes de Sauron, e foi isto no que fallaron; talvez tivesen un papel principal nas vitorias no Oeste nos finais da Segunda e Terceira Idade. Ao mesmo tempo, Tolkien considerou a posibilidade de que Glorfindel volvese á Terra Media xunto cos Magos Azuis.

Significado dos seus nomes

editar

Como a maioría dos nomes cos que traballou Tolkien, os nomes dos Magos Azuis[4] son relevantes. O nome Rómestámo significa axudante do Leste, procedente do Quenya, romen, que significa "motín", "nacer do sol", "leste". Rómestámo incorpora non só a relación co Leste da Terra Media, tamén súa misión alí: provocar motíns e rebelións contra Sauron. Do mesmo modo, Pallando pode derivar do Quenya, palan, que significa "lonxe" e "ancho".

  1. "The Istari". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2009. 
  2. "Encyclopedia of Arda: Alatar". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2007. Consultado o 10 de marzo de 2009. 
  3. "Encyclopedia of Arda: Pallando". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 10 de marzo de 2009. 
  4. "TolkienWiki: FAQ/What__are__the__names__of__the__BlueWizards". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 03 de maio de 2021. 
  NODES
todo 2