Os ostreidos (Ostreidae, Rafinesque 1815) son unha familia de moluscos bivalvos mariños, pertencente á orde ostreidos. Denomínanse tamén ostras verdadeiras e inclúen a maior parte das especies consumidas baixo o nome de ostras.

Ostra común
Interior de ostra portuguesa

As ostras produtoras de perlas non se consideran verdadeiras ostras. Pertencen á familia Pteriidae, da orde Pterioida.

Morfoloxía

editar

Caracterízanse por posuír un músculo adutor central, que deixa unha pegada visible na superficie interior da cuncha. Esta adoita ser de superficie irregular porque se adapta ó substrato sobre o que crece.

A cuncha adoita ser redondeada e plana, con notables variacións.

Hábitat e bioloxía

editar

Viven na franxa infralitoral. Son animais ovíparos pero tamén existen especies larvíparas. En calquera caso, son hermafroditas, nuns casos simultáneas e noutros alternativas.

Algunhas especies (ostra común e ostra portuguesa) son obxecto de cultivo intensivo en bateas semellantes ás utilizadas para a cría do mexillón. A totalidade da ostra comercializada para consumo procede de sistemas de ostricultura.

Véxase tamén

editar
  NODES
todo 1