Otto Brunfels
Otto Brunfels (ou Otho Braunfels, ou Othon Brunfels), nado preto de Maguncia (Alemaña) contra 1488 e finado en Berna (Suíza) o 25 de novembro de 1534, foi un teólogo, humanista, médico e botánico alemán. Carl von Linné considerábao como un dos pais da botánica, se ben non tivo moito en conta os botánicos antigos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1488 (Gregoriano) Maguncia (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 1534 (Gregoriano) (45/46 anos) Berna (Antiga Confederación Suíza) |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Universidade de Maguncia Universidade de Basilea |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía |
Ocupación | biólogo, farmacéutico, profesor universitario, entomólogo, teólogo, botánico, médico |
Orde relixiosa | Orde dos Cartuxos |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Brunfels |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarDespois de estudar teoloxía e filosofía na universidade de Maguncia, Brunfels ingresou nun mosteiro Cartuxo en Maguncia, desprazándose máis tarde a outro en Königshofen, cerca de Estrasburgo. En Estrasburgo estableceu contacto, en 1519), cun veterano avogado, Nikolaus Gerbel, que dirixiu a atención de Brunfels cara aos poderes curativos das plantas, polo que impulsou as súas posteriores investigacións botánicas.
Despois da súa conversión ao protestantismo (foi apoiado por Franz von Sickingen e Ulrich von Hutten), ante a insistencia do Deán de Frankfurt Johann Indagine, Brunfels se converteu en ministro en Steinau an der Straße (1521) e despois en Núremberg e Rin. Máis tarde serviu durante oito anos como cabeza do colexio Carmelita en Estrasburgo.
Na lista das máis importantes obras heréticas publicadas por orde do Emperador Carlos V pola universidade de Lovaina, en 1550, Brunfels foi colocado en primeiro lugar.
Nun dos seus traballos defendeu a Ulrich von Hutten contra Erasmo de Rotterdam e publicou os manuscritos heréticos de Jan Hus. O libro Catalogi virorum illustrium, escrito por Brunfel en 1527 está considerado como o primeiro libro na historia da Igrexa evanxélica.
Despois de que o seu amigo Ulrich von Hutten falecera en 1523, as súas ideas relixiosas centráronse nunha controversia con Martiño Lutero e Ulrich Zwingli.
Logo comezou os estudos de medicina na universidade de Basilea 1530. En 1532 empezou a traballar como físico (médico) en Berna, onde permaneceu até o final da súa vida.
Despois dos seus numerosos traballos teolóxicos, Brunfels publicou tratados de pedagoxía, lingua árabe, farmacia e botánica.
Obras
editar- Othonis Brvnfelsii Pro Vlricho Hutteno defuncto ad Erasmi Roter. Spongiam Responsio (1523)
- Processus consistorialis Martyrii Io. Huss (1524)
- Pandectarum Veteris et Novi Testamenti (1527)
- Catalogi virorum illustrium veteris et novi testamenti (1527)
- Catechesis puerorum in fide, in literis et in moribus (1529)
- Herbarum vivae eicones, 3 Vol. (1530-36)
- Catalogus illustrium medicorum seu de primis medicinae scriptoribus (1530)
- Iatron medicamentorum simplicium (1533)
- Contrafayt Kreüterbuch 2 Vol. (1532-1537)
- Onomastikon medicinae, continens omnia nomina herbarum, fruticum etc. (1534)
- Epitome medices, summam totius medicinae complectens (1540)
- In Dioscoridis historiam plantarum certissima adaptatio (1543)
Honras
editarEpónimos
editar- (Solanaceae) Brunfelsia L. 1753.[1]
- (Crassulaceae) Sedum brunfelsii Boreau 1866.[2]
Abreviaturas
editarA abreviatura Brunfels emprégase para indicar a Otto Brunfels como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Otto Brunfels |
Bibliografía
editar- Isely, D. (1993): One hundred and one botanists. Iowa State University Press.
- Jahn, I. (ed.) (2004): Geschichte der Biologie. Theorien, Methoden, Institutionen, Kurzbiografien. Spektrum Akademischer Verlag, 3ª ed. ISBN 3-937872-01-9
- Mägdefrau, K. (1992) Geschichte der Botanik. Leben und Leistung grosser Forscher Spektrum Akademischer Verlag, 2ª ed. ISBN 3-8274-0733-8
- Roth, F. W. E. (1990): "Otto Brunfels 1489-1534. Ein deutscher Botaniker" in: Botanische Zeitung, 58 páxs. 191-232
- Weigelt, S. Otto Brunfels. Seine Wirksamkeit in der frühbürgerlichen Revolution unter besonderer Berücksichtigung seiner Flugschrift "Vom pfaffenzehnten". Dtuttgart: Akademischer Verlag. ISBN 3-88099-157-X