O ovario, en todos os seres vivos con órganos diferenciados, é o órgano onde se producen os gametos femininos, tanto nos animais como nas plantas.

Ovarios nos animais

editar

O ovario é a gónada feminina produtora de hormonas sexuais e óvulos. Son estruturas pares con forma de améndoa (mais dúas veces máis grandes), de cor branca rosada, situadas a ambos os lados do útero. Os ovarios femininos son homólogos aos testículos masculinos.

Os folículos ováricos producen óvulos (ovocitos) e segregan un grupo de hormonas: estróxenos e proxesterona. Estas hormonas inducen e manteñen os cambios físicos da puberdade e as características sexuais secundarias, apoian a maduración do endometrio uterino ante unha posíbel implantación dun óvulo fecundado. Así mesmo, subministran os sinais axeitados ao hipotálamo e á pituitaria para manter o ciclo menstrual. Os estróxenos teñen un papel preponderante no mantemento da graxa subcutánea, a fortaleza dos ósos e algúns aspectos das funcións cerebrais.

Durante a vida fértil feminina (a cal comeza na puberdade), cada ovario desenvolve un óvulo alternamente en ciclos (ovulación) de aproximadamente 28 días, momento no cal libérao.

Os óvulos teñen que atravesar un pequeno espazo para entrar nas trompas de Falopio e se dirixir gradualmente cara ao útero. Se neste traxecto é fecundado por un espermatozoide, converterase en cigoto e posteriormente en embrión.

Ocasionalmente, un ovo fertilizado pode ficar nunha das trompas de Falopio, o que dá lugar a un embarazo ectópico, resultando moi perigoso, tanto para a muller como para o posíbel feto, xa que cada trompa é moi estreita.

Se un óvulo fica no folículo ovárico pode producir un quiste.

Ovario das plantas

editar
 
Diagrama dunha flor (lenda en español)

Das estruturas que constitúen o carpelo, o estigma é o que se atopa na parte superior, ligándose ao ovario a través do estilete. O ovario é unha cavidade onde se atopan aloxados os óvulos. Estes atópanse ligados ao ovario a través dun pedúnculo, o funículo, nunha rexión designada como placenta.

Véxase tamén

editar
  NODES
iOS 4
multimedia 1
os 58
todo 2