Owl City
Owl City é un proxecto musical de synthpop do músico estadounidense Adam Young. Iniciouse na carreira musical no 2007, en Owatonna, a súa cidade natal en Minnesota.
Owl City | |
---|---|
Owl City no 2009 | |
Orixe | Owatonna, Minnesota, Estados Unidos |
Período | 2007-actualidade |
Xénero(s) | Synthpop, rock alternativo,electropop |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Republic |
Membros | Adam Young |
Na rede | |
www.owlcitymusic.com | |
|
As influencias de Young son a música disco e a música electrónica europea. Despois de dous álbums independentes, Owl City gañou proxección no ano 2009, co primeiro álbum lanzado a través dunha discográfica, Ocean Eyes, que levou o artista á primeira posición na canle de radio estadounidense Billboard Hot 100 co seu sinxelo "Fireflies". "Fireflies" chegou ao máis alto das cadeas musicais dos Estados Unidos e do Canadá, alén de ter sido a canción máis baixada no iTunes nos Estados Unidos, e o álbum Ocean Eyes chegar aotop dez das emisoras estadounidenses. En decembro de 2009, recibiu o disco de ouro nos Estados Unidos. Ademais diso, a súa música “The Technicolor Phase” forma parte da banda sonora de Alicia no país das marabillas (filme), dirixido por Tim Burton.
Discografía
editar- Artigo principal: Discografía de Owl City.
- Álbums de estudio
- Maybe I'm Dreaming - 2008
- Ocean Eyes - 2009
- All Things Bright and Beautiful - 2011
- The Midsummer Station - 2012
- EPs
- Of June - 2007