Páramo (xeomorfoloxía)
En xeomorfoloxía denomínase páramo a unha grande extensión de terreo ermo e plano situado a certa altitude,[1] moitas veces superior a 1000 msnm. Ás rexións onde abundan os páramos denomínanse parameiras.
Distribución xeográfica
editarOs hábitats de parameiras abundan na África tropical, Europa setentrional e occidental, norte de Australia, Norteamérica, Asia Central e no subcontinente indio.
Características
editarO páramo constitúe a superficie estrutural dun relevo tabular, e caracterízase por asentarse sobre solos calcarios, cunha escasa vexetación baseada xeralmente en breixos e matogueiras, con prevalencia de cultivos de secaño, unha forte amplitude térmica, ventos constantes e unha hidrografía escasa, aínda que en moitas ocasións aparecen grandes cortes do terreo polos ríos, dando lugar a canós.
Debido á súa altitude adoitan seren frecuentes as néboas en épocas chuviosas. Adoitan apareceren en zonas de media montaña e en zonas de transición entre as serras e as campiñas.
Notas
editar- ↑ páramo no Dicionario da RAG.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Jiménez Suárez, Sergio (1997): Diccionario visual de términos geográficos San Sebastián de los Reyes: Hiares editorial. ISBN 84-3331-086-6.
- Martín López, José e Vázquez Maure, Francisco (1987): Vocabulario de términos geográficos. Madrid: Instituto Geográfico Nacional. ISBN 84-5054-929-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Santiago Pastrana. «Relieve tabular de páramos y campiñas» en Geografía esencial.