Póvoa de Lanhoso
Póvoa de Lanhoso (pronuncia portuguesa [ˈpɔvuɐ ðɨ lɐˈɲozu] (AFI)) é unha vila portuguesa situada no Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Ave, con 21.886 habitantes.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Braga | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 21.886 (2011) (162,54 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 134,65 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1292 | |||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 4830 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | cm-povoadelanhoso.pt |
Historia
editarO poboamento destas terras está vinculado á fortificación ancestral do Castelo de Lanhoso. O rei D. Dinis outorgou carta foral á vila en 1292, foro que sería renovado por Manuel I o 4 de xaneiro de 1514.
Demografía
editarÉ sede dun municipio con 131,99 km² de área e 21.886 habitantes (2011), subdividido en 29 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Amares, ao leste con Vieira do Minho, ao sur con Fafe e con Guimarães e ao oeste con Braga.
Poboación do concello de Póvoa de Lanhoso (1801 – 2011) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | |
8084 | 9585 | 16939 | 19178 | 22033 | 21092 | 21516 | 22772 | 21886 |
Freguesías
editarPatrimonio
editarNo patrimonio histórico-artístico de Póvoa de Lanhoso destacan, ademais co castelo, a ponte románica de Mem Gutierres, sobre o río Ave e a igrexa de Fontarcada, tamén románica, pertencente na cía orixe a un mosteiro beneditino extinguido no século XV e do que non quedan restos.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Póvoa de Lanhoso |