Pablo Picasso

pintor español fundador do cubismo

Pablo Ruiz Picasso,[1] nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía. Creou máis de 20 000 obras ó longo da súa vida.

Modelo:BiografíaPablo Picasso

(1962) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pablo Diego José Francisco de Paula Juan Nepomuceno María de los Remedios Cipriano de la Santísima Trinidad Ruiz y Picasso Editar o valor en Wikidata
25 de outubro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Málaga (España) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de abril de 1973 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Mas Notre-Dame-de-Vie de Mougins (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteedema pulmonar
insuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCastelo de Vauvenargues Editar o valor en Wikidata
Director do Museo del Prado
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPau de Gósol Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMas Notre-Dame-de-Vie de Mougins (en) Traducir (1961–1973)
Castelo de Vauvenargues (1958–1961)
rue des Grands-Augustins (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo e católico non practicante Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando (1897–)
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, Xoiaría e jewelry design (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París
Schoorl (en) Traducir
A Coruña
Barcelona
Antibes
Aix-en-Provence
Aviñón
Royan
Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, muralista, debuxante arquitectónico, artista gráfico, deseñador de xoias, artista de assemblage, escenógrafo, colaxista, guionista, debuxante, artista visual, deseñador, fotógrafo, gravador, deseñador gráfico, escultor, diseñador de vestuario, coreógrafo, cartelista, ceramista, ilustrador, artista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoGráficos, cerámica, arte figurativa, autorretrato, retrato, nudez na arte, figura, Pintura de historia, pintura mitolóxica, alegoría, arte animal (pt) Traducir, Arte abstracta, Arte de paisaxes, arte marinha (pt) Traducir, Natureza morta e Vanitas Editar o valor en Wikidata
MovementoCubismo, Surrealismo e Postimpresionismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJosé Ruiz Blasco, Isidoro Brocos e Antonio Muñoz Degrain (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosKulo Green (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
RepresentantePicasso Administration (pt) Traducir, Galerie MiniMasterpiece (pt) Traducir e Sculpture to Wear (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalFrançois Hugo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
29 de outubro de 2011Say Hello, Wave Goodbye
2009Von Picasso bis Warhol Künstlerschmuck der Avantgarde (pt) Traducir
12 de xuño de 1987documenta 8
11 de setembro de 1984Modern Artists' Jewels (pt) Traducir
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir
Medusa, Bijoux et tabous (pt) Traducir
Jewelry by Contemporary Painters and Sculptors (en) Traducir
De Calder à Koons, Bijoux d'Artistes, La Collection Idéale de Diane Venet (pt) Traducir
From Picasso to Koons: The Artist as Jeweler (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJacqueline Roque (1961–1973), morte do cónxuxe
Olga Koklova (1918–1955), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
ParellaFrançoise Gilot (1948–1953)
Dora Maar (1936–1944)
Marie-Thérèse Walter (1927–1935)
Eva Gouel (–1915)
Fernande Olivier (1904–1912)
Nusch Éluard Editar o valor en Wikidata
FillosPaulo Ruiz Picasso
 () Olga Koklova
Maya Widmaier-Picasso
 () Marie-Thérèse Walter
Claude Picasso
 () Françoise Gilot
Paloma Picasso
 () Françoise Gilot Editar o valor en Wikidata
PaisJosé Ruiz Blasco Editar o valor en Wikidata  e Maria Picasso y López Editar o valor en Wikidata
IrmánsLola Ruiz Picasso Editar o valor en Wikidata
ParentesJosé Fin, sobriño
Javier Vilato, sobriño
Xavier, sobriño neto
Marina Ruiz Picasso, neta
Pablito Picasso, neto
Bernard Ruiz-Picasso, neto
Florian Picasso, bisneto
Diana Widmaier Picasso, neta Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Larousse en liña, lang: lingua francesa
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:19 : Отоми — Пластырь, sec:Пикассо Пабло, p.527-528)
Guggenheim Collection Online (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0681444 Allocine: 898 Allmovie: p56661 IBDB: 25216
BNE: XX1637941 Dialnet: 1841586 Musicbrainz: 9d5f2c22-e2d2-40be-9919-534437143bb3 Discogs: 1397208 IMSLP: Category:Picasso,_Pablo WikiTree: Picasso-1 Find a Grave: 7374 Editar o valor en Wikidata

Picasso comezou o seu percorrido estilístico cunha curta experiencia co modernismo despois do contacto coa natureza que tivo na súa estadía en Horta de Sant Joan e a amizade cos artistas cataláns de Els Quatre Gats. Coas súas primeiras visitas a París, a partir de 1900, comezou a desenvolver un estilo propio, primeiro no "período azul", que se caracteriza por obras feitas en tonalidades azuis, frías e personaxes alongados con expresións tráxicas, influído por Van Gogh e Paul Gauguin, que reflectían unha tendencia nihilista; continuou cun xiro cara a un certo optimismo manifestado por un cambio a cores cálidas e coñecido como "período rosa", nun intre no que Picasso estaba permanentemente instalado en París e no que entrou en contacto con escritores achegados ó surrealismo. Deste período, son as obras de saltimbanquis, pallasos ou acróbatas de contido máis lixeiro e alegre.

A partir de 1908, influenciado polo traballo de Cezanne e pola imaxe en movemento das primeiras filmografías, desenvolveu obras que acadaron quebrar co canon de representación definido no Renacemento. Apollinaire foi quen chamou cubismo o traballo que conxuntamente investigaban Picasso e Georges Braque. Con obras tan destacadas como Les demoiselles d'Avignon, Picasso achegou unha nova interpretación da realidade a partir dunha fragmentación da estrutura do obxecto que o levou a experimentar co collage. Despois dunha incursión polo surrealismo con esculturas de fíos e láminas de metal e pinturas de formas distorcidas e evocacións mitolóxicas, iniciou a época expresionista claramente influído pola guerra civil española primeiro e pola II guerra mundial despois. Obras coma o Guernica ou Mulleres chorando reflicten o seu sentimento de aflición pola traxedia da guerra. As súas esculturas son, neste período, claramente abstractas.

Na década de 1950, centrouse na cerámica e en pinturas murais de grandes dimensións. Os seus derradeiros anos adicounos a pintar variacións de obras dos grandes mestres como Velázquez ou Edgar Degas, a quen coñecera persoalmente e de adquirira unha serie de obras; é unha etapa de madureza que dedicará a traballar na produción de litografías.

Persoalmente posicionado como pacifista, durante a guerra civil estivo politicamente comprometido co goberno republicano, que o nomeou director do Museo do Prado en 1936.

Non, a pintura non é para decorar apartamentos. É unha arma ofensiva e defensiva contra o inimigo.
Entrevista con Simone Téry, 24 de marzo de 1945.[2]

Traxectoria

editar
Artigo principal: Casa Museo Picasso.
 
Casa Museo na Coruña
 
Casa natal de Pablo Picasso en Málaga

A súa nai era María Picasso López e o seu pai José Ruiz Blasco, mestre da Escola de Belas Artes e conservador do museo local.[3] Tiña dúas irmás, Dolores (1884-1958) e Concepción (1887-1895), ademais dun irmán que se cre que morreu moi pequeno, aínda que non se sabe de certo se existiu realmente.

Con 8 anos fixo a súa primeira obra. Nesta época asinaba as súas obras como Ruiz Blasco. Pasou unha tempada de 1891 a 1895 na Coruña onde se trasladou coa súa familia. O seu pai fora contratado como mestre de arte no Eusebio da Guarda e Picasso matriculouse na Escola Provincial de Belas Artes, onde tivo como mestres ao pintor e militar Román Navarro García de Vinuesa (1854-1928); o escultor Isidoro Brocos Gómez (1841-1914).

Publicou caricaturas e debuxos nas revistas autoeditadas á man "La Coruña", "Azul y Blanco" ou "Torre de Hércules".[4][5] Asinaba as súas obras como P Ruiz.[6]

Nos exámenes do curso 1892-93 obtén a cualificación de sobresaínte en debuxo de figura e adorno, segundo se le na Voz de Galicia do 14 de xuño de 1893.

En 1894 destaca a pesar da súa curta idade por dous traballos na Escola de Belas Artes da Coruña na que o seu pai era profesor, unha por "torso con claro-escuro vigoroso" e outra por un "Hércules de Fideas"[7].

 
El diario de Galicia 22 de febreiro de 1895

Na rúa Real da Coruña fixo a súa primeira exposición con 13 anos en febreiro de 1895 sorprendendo a crítica, como pode verse no Diario de Galicia do 22 de febreiro.

Novamente expón con outra alumna, Blanca Villareal Truán, segundo pode lerse en La Voz de Galicia do 3 de marzo de 1895. O autor do artigo confúndeo co pai, aínda que queda claro que pola curta idade, trátese do mozo Pablo Ruiz Picasso e non Ruiz Blasco:

"Exhibense estos dias al público en los escaparates de dos comercios de la calle Real, otros tantos cuadros pintados al óleo, cuyo mérito, que es bastante, y así lo reconocen cuantos los con- templan, esta avalorado por la circunstancia de ser obra de dos niños que, dada su corta edad así podemos llamar á Blanca Villarreal y a Ruiz Blasco, que firman dichos trabajos.

La primera hace honor á su maestro, el señor Amorós, y demuestra lo bien que ha aprovechado las lecciones de él recibidas, en un bodegón, pin- tado con soltura y acertado colorido. Hay en ól trozos del natural muy bien interpretados, toques felices y adivínase en la factura algo que de- muestra que la joven artista tiene ya estilo pro- pio y envidiables facultades.

El otro cuadro, del joven Sr. Ruiz Blasco, es una nueva prueba de su talento pictórico.

Representa á un mendigo muy conocido en La Coruña[8], en actitud de implorar una limosna, y la ejecución denota verdadera valentía, como si los pinceles en vez de ser manejados por debil mano, lo fuesen por la de un pintor ya avezado al trabajo.

El color es sóbrio, y el dibujo, aunque un tanto incorrecto en algunas partes de la figura, no lo es tanto que no permita presumir que le será fácil á su joven autor el corregirse de este y otros defectos en que, á su edad, es muy fácil incurrir."

Finaliza os seus estudos na Escola de Belas Artes da Coruña, con nota de sobresaínte en escultura.[9]

Marcha no verano de 1895 a Barcelona, onde Picasso aproba os exames de ingreso na Escola de la Llotja saltando os cursos iniciais. Durante o inverno de 1895 realizou o seu primeiro gran lenzo académico, A Primeira Comuñón,[10] en Barcelona, cidade onde residía.[11]

En 1897 presentou o lenzo Ciencia e Caridade na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid.[12] Durante o verán pasou as vacacións en Málaga, onde pintou paisaxes e corridas de touros.[13]

En setembro marchou a Madrid para comezar estudos na Academia de San Fernando[13] pero axiña a abandonou. A atmosfera intelectual da capital, bastante impermeable co modernismo catalán que Picasso intentaba introducir, non acababa de convencelo. Neste período creou a efémera revista Arte Joven, unha das raras coleccións completas que se atopa na Biblioteca de Catalunya.[14] Porén, aproveitou as súas adoitas visitas ó Museo do Prado para coñecer mellor a obra de El Greco, louvada por artistas e estudosos de final do século XIX.[15]

Dende 1898 asinou as súas obras como "Pablo Ruiz Picasso", máis tarde como "Pablo R. Picasso", e só como "Picasso" dende 1901. Este troco non significaba un rexeitamento da figura paterna, senón que se debía a un desexo de distinción de Picasso como personaxe, un feito iniciado polos seus colegas cataláns, que tomaron por costume chamalo polo apelido materno moito menos corrente que o "Ruiz" paterno.[16]

 
Un esmolante en París, 1897, de Isidre Nonell.

Regresou a Barcelona en xuño de 1898, doente de escarlatina e trasladouse a Horta de Sant Joan, a vila do seu amigo Manuel Pallarés i Grau, co cal monta o seu primeiro estudio de pintura. Nesta estadía, Picasso comeza certo retorno á natureza, máis en consonancia co ideario modernista, cousa que constituíu un dos primeiros episodios "primitivistas" da súa carreira.[17]

Abandonada a idea de Madrid e a copia dos grandes mestres, en febreiro de 1899 estaba de volta en Barcelona,[18] onde era adoito da taberna Els Quatre Gats, símbolo do movemento modernista e onde expuxo debuxos por primeira vez. Aquí entra en contacto con outros artistas como Carles Casagemas, Jaume Sabartés e Ramon Casas.[19] Neste ambiente, Picasso entrou en contacto co pensamento anarquista implantado en Barcelona. A miseria dos barrios baixos de Barcelona, os soldados doentes e feridos que volvían para España despois da desastrosa guerra de Independencia cubana, crearon un ambiente propicio para a violencia social que sen dúbida marcou, a un nivel individual e moral a sensibilidade de Picasso e que es pode apreciar en certos debuxos realizados entre 1897 e 1901: O prisioneiro, Un mitin anarquista.[20][21] Nesta mesma época, expón tamén por vez primeira na histórica Sala Parés da rúa Petritxol.

Entre os anos 1901 e 1904 alternou a súa residencia entre as cidades de Madrid, Barcelona e París, mentres a súa pintura entrou na etapa denominada período azul, fortemente influída polo simbolismo.

Na primavera de 1904, decidiu trasladarse definitivamente a París e establecerse nun estudio na ribeira do río Sena. Na capital francesa fixo amizade, entre outros, cos poetas Guillaume Apollinaire e Max Jacob e co dramaturgo André Salmon; entre tanto, a súa pintura experimentou unha nova evolución, caracterizada por unha paleta cromática tendente ás cores terra e rosa. Ó pouco de chegar a París contactou con personalidades periféricas do mundo artístico e bohemio, como os estadounidenses Leo e Gertrude Stein, e co que sería o seu marchante por sempre, Daniel-Henry Kahnweiler.

A fins de 1906 empezou a traballar nunha composición de gran formato que cambiaría o curso da arte do século XX: “Les demoiselles d’Avignon”. Nesta obra fundamental confluíron numerosas influencias, entre as que cabe citar principalmente a arte africana e ibérica e elementos de El Greco e Cézanne.

En compaña doutro pintor novo, Georges Braque, e baixo a constante influencia de Cézanne revisou a herdanza plástica vixente desde o Renacemento, especialmente na representación pictórica do volume: foi o inicio do cubismo.

A partir de 1909, os dous pintores -Pablo Picasso e Georges Braque- desenvolveron o devandito estilo nunha primeira fase, denominada analítica. No 1912 introduciron un elemento de flexibilidade en forma de recortes de papel e outros materiais directamente aplicados sobre o lenzo, técnica que denominaron collage. A admisión no exclusivo círculo do cubismo do pintor Juan Gris desembocou na etapa sintética do dito estilo, marcado por unha gama cromática máis rica e a multiplicidade matérica e referencial. Entre 1915 e mediados da década de 1920 Picasso foi abandonando os rigores do cubismo para internarse nunca nova etapa figurativista, no marco dun reencontro entre o clasicismo e o crecente influxo do que o propio artista veu en chamar « a súa orixe mediterránea ».

 
Retrato de Picasso, por Juan Gris, en 1912

Estivo casado desde 1919 coa bailarina rusa Olga Koklova e xa era pai dun fillo, Paulo, cando comezou a interesarse pola escultura logo do seu encontro no 1928 co artista catalán Julio González; entre os dous introduciron importantes innovacións neste campo, comezando a empregar materiais como ferro forxado.

En 1935 tería unha filla, Maya, froito dunha nova relación sentimental, Marie-Therèse, con quen conviviu abertamente a pesar de seguir casado con Olga Koklova; a partir de 1936, ambas as dúas tiveron que compartir o pintor cunha terceira muller, a fotógrafa Dora Maar. O estalido da guerra civil española empurrouno a unha maior concienciación política e do seu xenio xurdiu a súa máis emblemática e coñecida obra pictórica, o mural “Guernica”

No 1943 coñeceu a Françoise Gilot, coa que tería dúas fillas, Claude e Paloma. Tres anos despois abandonou París para instalarse en Antibes, onde incorporou a cerámica ós seus soportes predilectos.

Na década de 1950 realizou moitas series sobre grandes obras clásicas da pintura, que reinterpretou co seu característico estilo, a modo de homenaxe ós seus pintores favoritos, como Velázquez. En 1961 casou en segundas nupcias con Jacqueline Roque, que sería a súa última relación sentimental de importancia.

A súa actividade foi extraordinariamente fecunda e nunha época no que os movementos e tendencias artísticas se sucedían con rapidez, Picasso soubo manterse na vangarda ata a fin da segunda guerra mundial deixando un ronsel de influencias sen renunciar a realizar unha obra sempre orixinal e renovadora.

Estilo

editar
 
Imaxe no exterior do Moderna Museet de Estocolmo

Na súa primeira etapa distínguense dúas épocas, a época azul (1901-1904) e a época rosa (1904-1905) caracterizadas pola cor sobresaínte. A partir de 1906 obsérvase unha simplificación xeométrica das formas e unha tendencia á monocromía ocre que fai eclosión nas Demoiselles d'Avignon (1906-1907), que foi o punto de partida para as primeiras pinturas cubistas realizadas en 1909, nas que se destrúe e forma para amosala desde diversos puntos de vista, rachando co sistema usual de representación na arte occidental desde o Renacemento. Nos anos seguintes os estilos sucédense e sobrepóñense, a linguaxe cubista é usual pero non exclusivo. A guerra civil española acentuou o seu expresionismo que ten a súa mellor representación no Guernica (1937), alegoría xeral dos problemas da guerra, a destrución e a morte pero tamén da esperanza na liberdade. A partir de 1945 a súa pintura vaise suavizando sen que a linguaxe experimente ningunha evolución esencial.

O Ano Picasso

editar

A xenialidade de Pablo Picasso e os perfís máis escabrosos da súa personalidade convivirán na celebración do Ano Picasso, que conmemora o 50º aniversario da súa morte, cun programa de 50 actos ao longo de 2022 e 2023 con 40 exposicións en 8 países. Entre estes actos celebrouse un que presentaron ante o Guerinca o 12 de setembro de 2022 os ministros de Cultura de Francia e de España e inauguraron despois no Museo Raíña Sofía os reis Filipe VI e Letizia, e Pedro Sánchez. «Se hai un artista que define o século XX, que represenata con toda a súa crueldade, a súa paixón, os seus excesos e as súa contradicións, é sen dúbida Pablo Picasso», dixo o titular de Cultura Miquel Iceta, ao presentar os actos do cincuatenario, e afirmou que «Picasso segue moi vivo». Para a súa colega francesa, Rima Abdul Malak, «a obra de Picasso aínda exerce unha verdadeira fascinación e todo o mundo».[22]

Les demoiselles d'Avignon

editar

Les demoiselles d'Avignon ("As Señoritas de Avignon", 1907, óleo sobre lenzo, Metropolitan Museum of Art, Nova York[23]). É o primeiro exemplo deste novo estilo de arte e o punto de partida para Picasso e para outros creadores. A suavidade e a delicadeza coa que tradicionalmente se trataba o espido feminino transfórmase en planos e ángulos dunha dureza non comprendida polos críticos da época. Pese a ser esta a teoría máis estendida, existen discrepancias sobre se na realidade é un cadro cubista, pre-cubista ou unha representación pre-abstracta. Tamén o tema produce polémica, xa que nos debuxos previos aparecen personaxes masculinos –un mariñeiro e un estudante- que desaparecen no lenzo definitivo. É posible que sexa a evolución dun cadro anterior da época rosa, "El Harén", e o tema sexa unha visión dun prostíbulo. En "El Harén" aparecen homes e en "Les Demoiselles d'Avignon" decide poñer só mulleres "nun escaparate", facendo que o espectador participe activamente no cadro e non sexa un mero contemplador.

Naturaleza muerta

editar

Naturaleza muerta ("Os Paxaros mortos", 1912, óleo sobre lenzo 46x65 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[24]). Emprega neste cadro as características fundamentais do cubismo: formas dislocadas, ángulos, planos superpostos, referencias á realidade... Os protagonistas deste lenzo, os paxaros mortos, son de difícil localización, aparecen plumas en diversos planos, picos e patas mesturados con elementos que achegan á realidade, como son os titulares dos xornais e textos illados.

La flauta de Pan

editar

La flauta de Pan ("A frauta de Pan", 1923, óleo sobre lenzo 205x174,5 cm, Museo Picasso. París[25]). Despois da primeira guerra mundial, o mundo artístico regresa a un concepto máis clásico e real das súas obras. Prodúcese unha volta á figuración na que a figura humana toma novamente relevancia. As figuras e o escenario con grandes bloques de pedra recordan o clasicismo grego, pero coa luz, o ceo e o mar do Mediterráneo. Ademais Picasso segue realizando obras cubistas.

Instruments de musique sur une table

editar

Instruments de musique sur une table ("Instrumentos de música sobre unha mesa", 1925, óleo sobre lenzo 162x204,5 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía). Picasso segue facendo cadros máis clásicos que alterna con innovacións pseudocubistas. Neste cadro son evidentes estas tendencias. A súa amizade con Joan Miró fai que nas súas obras se reflicta unha investigación común que este último levaría ata as súas últimas consecuencias.

Buste et palette

editar

Buste et palette ("Busto e paleta"), 1925, óleo sobre lenzo 54x65,5 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[26]). Ao mesmo tempo en que xorde o movemento surrealista –do que Picasso se distancia a pesar da insistencia en incluílo- el realiza obras de difícil encadramento. Neste caso, un bodegón de sinxela composición, no que ademais dos elementos protagonistas realza o fondo –enreixado e fiestra- cun debuxo de liña certamente agresiva.

La nageuse

editar

La nageuse ("A nadadora"), 1934, carbón sobre lenzo 182x216 cm., Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[27]). Xa comezan a verse as novas formas expresivas que Picasso adoptará no "Guernica", e o seu deseño basearase nestes traballos anteriores. Este é unha mestura de cubismo, figuras retorcidas, luces ... un estilo fundamentalmente expresivo, ideal para transmitir ideas e emocións.

Guernica

editar
 
Mural co Guernica feito con azulexos en tamaño real, esta reprodución atópase na propia cidade de Gernika-Lumo.
Artigo principal: Guernica (cadro).

Guernica, 1937, óleo sobre lenzo 349x776 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[28]). Máis que un cadro, é un cartel en lenzo sen texto. Picasso, que despois se afiliaría ó Partido Comunista de Francia, era defensor da República Española e esta tiña nel un fiel artista de fama recoñecida.

Femme assise dans un fauteuil gris

editar

Femme assise dans un fauteuil gris ("Muller sentada nunha cadeira de brazos gris", 1939, óleo sobre lenzo 130x97 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[29]). Picasso utiliza este tema como modelo para realizar numerosos retratos femininos. Neste obsérvase as influencias dos traballos realizados para o "Guernica", a deformación excesiva da cara con formas redondeadas e a conformación do corpo en masas de cor rectangulares. A influencia da guerra civil española é evidente nestes traballos, onde a expresividade dos rostros é dramática.

Naturaleza muerta

editar

Naturaleza muerta, ("Natureza morta", 1944[30]), óleo sobre lenzo 81x100 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía). Á vez que comeza a realizar litografías con evidente entusiasmo, Picasso realiza obras de tema clásico, fundamentalmente bodegóns. Nestas obras volve aparecer a cor, con tonalidades máis básicas contrastadas. As luces dividen drasticamente o cadro en dúas partes, a superior iluminada e a inferior de sombra.

As Meninas

editar
Artigo principal: As Meninas (Picasso).

As Meninas (1957, óleo sobre lenzo 194x260 cm, Museo Picasso de Barcelona[31]). A mediados dos anos 50 Picasso comeza a realizar estudos dos clásicos e realiza series de grandes cadros da historia da arte. Esta obra é a elixida das de Velázquez (As Meninas). Non se pode dicir que este sexa o cadro definitivo do estudio de “As Meninas”, xa que realizou unha serie con máis de cincuenta versións. As licenzas que toma nestas interpretacións son arriscadas: o formato horizontal e non vertical como o orixinal para incluír máis elementos narrativos, novos personaxes -retrato de Jaqueline (a súa compañeira neses momentos), pombas...-. Como curiosidade, Picasso comeza a serie de “As Meninas” en agosto e remata en decembro de 1957, pero non deixou que ninguén, excepto Jacqueline, os vise durante este tempo.

El pintor y la modelo

editar

El pintor y la modelo ("O pintor e a modelo", 1963, óleo sobre lenzo 130x195 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[32]). As obras máis coloristas realízaas Picasso a partir do 1960 en Nôtre-Dame-de-Vie, onde se traslada a vivir. Neste cadro con caras caricaturescas demostra a súa habilidade de transmitir o sentimento dos protagonistas que están na imaxe. Posiblemente sexa a interpretación dunha época da súa vida privada, con personaxes -pintor, modelo- e as súas situacións persoais do seu contorno.

  1. Pablo Ruiz Picasso Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Gran Enciclopèdia Catalana.
  2. The Oxford Dictionary of Thematic Quotations, 2000
  3. Museus Singulars de Catalunya. Capítol del Museu Picasso. Editorial Diàfora. 1979 ISBN 84-85205-32-4
  4. A Coruña que vivió y pintó Picasso. La Voz de Galicia (en castelán).
  5. En La Coruña conservan los primeros recuerdos escolares y pictóricos de Picasso. El País (en castelán).
  6. "Casa de Campo 1893". Museu Picasso. 
  7. "Exposición de Bellas Artes". El diario de Galicia (965) (17 de xullo de 1884). IV. p. 2. Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  8. "Buscador 1895". Musseu Picasso. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  9. "Escuela de Bellas Artes de la Coruña - Curso de 1894 á 95". El diario de Galicia (1231). 2 de xuño de 1895. p. 2. Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  10. Online Picasso Project. "Obra, 1895" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2009. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  11. Online Picasso Project. "Biografia, 1896" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2009. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  12. Online Picasso Project. "Obra, 1897" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2009. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  13. 13,0 13,1 Online Picasso Project. "Biografia, 1897" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2009. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  14. "Fitxa del catàleg de la Biblioteca Nacional de Catalunya". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2010. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  15. Fermigier, 1969:12-13
  16. Fermigier, 1969:9
  17. Fermigier, 1969:14-15
  18. Online Picasso Project. "Biografia, 1899" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2009. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  19. "Text a una felicitació d'any nou de 1903". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2010. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  20. Fermigier, 1969:17-21
  21. Online Picasso Project. "Obra, 1901" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2009. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  22. Lorenci, Miguel (13 de setembro de 2022). "El Año Picasso no ocultará el debate sobre los perfiles más turbios del pintor". La Voz de Galicia. Consultado o 13 de setembro de 2022. 
  23. Les Demoiselles d'Avignon
  24. Naturaleza muerta Arquivado 14 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
  25. La flauta de Pan Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  26. Buste et palette Arquivado 14 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
  27. La nageuse Arquivado 14 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
  28. Guernica (detalle)
  29. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  30. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  31. Las Meninas (conjunt) Museu Picasso de Barcelona (en catalán).
  32. El pintor y la modelo Arquivado 14 de decembro de 2009 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
ELIZA 1
HOME 2
Idea 5
idea 5
Intern 2
iOS 8
mac 9
multimedia 1
os 225
text 3
todo 3
visual 3