Pancratium maritimum
Cebola do mar | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pancratium maritimum | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
Pancratium maritimum, a cebola do mar ou cebola das gaivotas, é unha planta bulbosa da familia das amarilidáceas. Atópase nos areais e nas dunas fixas das costas do Atlántico e nas costas do Mediterráneo, a pleno sol e tolera ben períodos prolongados de seca.
Descrición
editarA cebola do mar é unha planta herbácea; as follas ergueitas sobresaen do chan, formando un denso ramallete; teñen entre 5 e 20 mm de ancho e son de cor verde azulada. Teñen un bulbo alongado, branco, con múltiples capas membranosas. Inxerido, resulta de gran toxicidade, debido a que contén heterósidos cardiotónicos. As raíces están situadas a unha profundidade de até 80 cm baixo a superficie.
As flores son pediceladas, grandes e rechamantes, de cor branca, con gran parecido aos narcisos e moi aromáticas, cun tamaño de até 15 cm de lonxitude. A flor presenta seis tépalos lanceolados abertos na periferia e cun nervio dorsal verdoso que nace na base da umbela. A corola con forma de trompeta, tamén branca, ten doce dentes de forma triangular. O seis estames son de cor branca, cunhas anteras de cor amarela con forma de ril.
O ovario é trilocular e sobresae sobre o cáliz espatoide de dúas brácteas caedizas. O seu froito é unha cápsula grande e ovoidea, coas sementes no seu interior, negras, angulosas, brillantes, con forma subtriangular, de placentación axial e amontoadas en cada un do tres lóculos.
Floración
editarFlorece desde finais de xuño, en xullo e agosto, até setembro, cando a maioría das plantas xa pasaron a súa floración.
Hábitat
editarVive nas dunas costeiras. Require chan ben drenado aínda que sexa pobre, seco, árido, e exposición a pleno sol. A planta ten a particularidade de poderse enterrar máis profundamente para evitar o desecamento, ou ben de alongar os seus talos en caso de quedar moi cuberta de area.
Ecoloxía
editarA planta é polinizada por unha couza chamada Agrius convolvuli. Estes insectos visitan a flor cando a velocidade do vento é de dous metros por segundo. Cando é maior, as couzas non visitan a planta. Aínda que a especie é polinizada dalgunha maneira durante o tempo ventoso, a polinización non é eficaz. Outro dato específico desta planta é que non é receptiva á súa propia polinización e a planta recoñece o seu propio pole. Esta flor só pode ser fértil con polinización cruzada.
Pragas
editarAs follas son devoradas pola eiruga do lepidóptero Brithys crini, asociado exclusivamente a esta planta.
Cultivo
editarCrece ben en terreos areosos, perfectamente drenados e en lugares cálidos e asollados. Para que os bulbos maduren totalmente é imprescindible, logo da floración, un período cálido e seco. Os bulbos plántanse no outono a unha profundidade duns 15 cm. Multiplícase mediante bulbilos, os cales deben separarse do bulbo orixinal no outono.
Propiedades
editarOs bulbos da cebola do mar conteñen un inhibidor da acetilcolinesterase, chamado ungeremine que pode ser adecuado como tratamento do alzhéimer. Ungeremina tamén se illou de Nerine bowdenii, Ungernia spiralis, Zephyranthes flava, Ungernia minor, Crinum augustum, Crinum asiaticum e Hippeastrum solandriflorum.[1]
4'-Hydroxy-5,7-dimethoxy-8-methylflavan é un flavano que tamén se atopa na planta P. maritimum.[2]
Taxonomía
editarPancratium maritimum foi descrita por Carl Linnaeus e publicado en Species Plantarum, 1: 290, 1753.[3]
Pancratium: nome xenérico que provén do grego παν (pan, "todo") e κρατυς (cratys, "potente") en alusión ás súas supostas virtudes medicinais.
maritimum: epíteto latino proveniente do latín "mar", polo seu hábitat costeiro.
- Hymenocallis maritima (L.) M.Roem., 1847
- Pancratium carolinianum L., 1753
- Scilla parva Garsault, 1764
- Hymenocallis lacera Salisb., 1812, nom. illeg.
- Hymenocallis caroliniana (L.) Herb., 1821
- Hymenocallis ruizii M.Roem., 1847
- Pancratium aegyptiacum M.Roem., 1847
- Pancratium angustifolium M.Roem., 1847
- Pancratium abchasicum Regel, 1860
- Pancratium angustifolium Lojac., 1909, nom. illeg.
- Pancratium barcinonense Sennen, 1928
- Pancratium mirennae Mattei, 1928
- Pancratium linosae Soldano et F.Conti, 2005[4]
Notas
editar- ↑ [Ligazón morta]
- ↑ A. A. Ali, M. A. Makboul, A. A. Attia & D. T. Ali (1990). "Chromones and flavans from Pancratium maritimum" 29 (2): 625–627. doi:10.1016/0031-9422(90)85130-8.
- ↑ "Pancratium maritimum". Tropicos.org. Jardín Botánico de Misuri. Consultado o 13 de junio de 2013.
- ↑ Sinónimos en Pancratium maritimum en PlantList
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Phillips, R. & M. Rix (1989). Bulbs. Pan Books. ISBN 0-330-30253-1.
- Polunin, O. (1987). Flowers of Greece and the Balkans – a Field Guide. ISBN 0-19-281998-4.
Ligazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Pancratium maritimum |