Pandiónidos
Os pandiónidos (Pandionidae) constitúen unha familia de aves que comprende un único xénero, Pandion, as aguias peixeiras. En Galicia vive a especie Pandion haliaetus.[1][2] A maioría dos tratamentos taxonómicos consideran que neste xénero hai unha soa especie (P. haliaetus), dividida en subespecies, mentres que outros tratamentos recoñecen dúas especies actuais.
Pandiónidos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aguia peixeira, Pandion haliaetus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Distribución global de Pandion
|
Por exemplo, unha das subespecies estaría formada polas poboacións que viven nas costas e illas de Australia, Indonesia e sueste asiático, que se denominou Pandion haliaetus cristatus,[3] pero para outros esta subespecie constitúe a especie separada Pandion cristatus.[4][5]
Especies existentes:
- Pandion haliaetus, osprey, western osprey.
- Pandion cristatus, osprey, eastern osprey.
Especies extintas:
- Pandion homalopteron Warter 1976
- Pandion lovensis Becker 1985
O xénero Pandion, único da familia, foi descrito polo zoólogo francés Marie Jules César Savigny en 1809,[6] e deulle ese nome polo personaxe da mitoloxía grega Pandion. Algunhas clasificacións situárono, xunto coas aguias, na familia Accipitridae da orde Accipitriformes, e outras, xunto cos falcóns, na familia Falconidae, da orde Falconiformes, e agora está nunha familia propia. A taxonomía de Sibley-Ahlquist situounos xunto con outras aves de presa diúrnas na orde ampliada Ciconiiformes, pero isto viuse que era unha clasificación parafilética non natural.[7]
Notas
editar- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Dicionario Digalego aguia > aguia peixeira Arquivado 06 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Reader's digest complete book of Australian birds. (2nd rev. 1st ed.). Reader's Digest Services. 1982. p. 114. ISBN 0909486638.
- ↑ Wink, M.; Sauer-Gürth, H.; Witt, H.H. (2004). "Phylogenetic differentiation of the Osprey Pandion haliaetus inferred from nucleotide sequences of the mitochondrial cytochrome b gene" (PDF). In Chancellor, R.D.; Meyburg, B.-U. Raptors Worldwide. Berlin: World Working Group on Birds of Prey and Owls. pp. 511–516. ISBN 963-86418-1-9.
- ↑ "Species Pandion cristatus (Vieillot, 1816)". Australian Faunal Directory. Australian Government. Retrieved 5 December 2018.
- ↑ Graves, R. (1955). "The Sons of Pandion". Greek Myths. London: Penguin. pp. 320–323. ISBN 0-14-001026-2.
- ↑ Salzman, Eric (1993). "Sibley's Classification of Birds" Arquivado 13 de agosto de 2018 en Wayback Machine.. Birding. 58 (2): 91–98. Retrieved 5 September 2007.