Paola Cavalieri
Paola Cavalieri, nada en Roma o 26 de outubro de 1950, é unha filósofa italiana coñecida polo seu traballo a favor dos dereitos dos grandes simios e outros animais. Autora de varios libros, foi ademais editora de Etica & Animali, unha revista académica internacional de filosofía, entre 1988 e 1998.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1950 (74 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Dereitos dos animais |
Lugar de traballo | Milán |
Ocupación | filósofa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Obra
editarO seu traballo teórico centrouse na cuestión dos dereitos dos animais. Superando a contraposición entre utilitarismo e deontoloxía, Cavalieri sostivo que a doutrina dos dereitos humanos debe incluír tamén ao resto dos animais.[1] En concreto, refírese a dereitos fundamentais como o dereito a vivir en liberdade ou a non sufrir innecesariamente. Neste sentido, o termo dereito posúe un sentido tanto moral como legal. A súa postura é, xa que logo, máis específica que a doutros animalistas, como os defensores do benestar dos animais (en inglés, animal welfare).
En específico, Cavalieri defendeu a causa dos dereitos dos grandes simios. Sobre este tema, publicou o libro The Great Ape Project (1994), xunto co filósofo australiano Peter Singer, de onde xurdiu o Proxecto Gran Simio.[2]
Premios
editar- Premio de Ética da Fundación Giordano Bruno (2011), xunto con Peter Singer.[3]
Publicacións
editar- The Great Ape Project: Equality Beyond Humanity (1994), coeditado con Peter Singer. ISBN 978-0-312-11818-1
- La questione animale: per una teoria allargata dei diritti umani (1999). ISBN 9788833911601
- The Death of the Animal: A Dialogue (2009). ISBN 9780231145527
Notas
editar- ↑ Cavalieri 1999.
- ↑ "Proyecto Gran Simio 1993". www.filosofia.org (en castelán). Consultado o 2024-07-30.
- ↑ "The Foundation’s Prizes". www.giordano-bruno-stiftung.de (en inglés). 2011-03-29. Consultado o 2024-07-30.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cavalieri, Paola (1999). La questione animale: per una teoria allargata dei diritti umani (en italiano). Bollati Boringhieri. ISBN 9788833911601.
Ligazóns externas
editar- Reflecting on the Politics of Animal Liberation (conferencia)