Papuxa das amoras

A papuxa das amoras[2] (Sylvia atricapilla) é unha pequena especie de ave do xénero Sylvia dentro da familia Sylviidae. É un pequeno paxaro de cor escura e discreta, chío agradable, voo áxil, comportamento activo e inquedo, que se alimenta de insectos e froitas. Habita principalmente no soutobosques e está amplamente distribuída por Europa. Trátase dunha papuxa común, e localmente abondosa, que está moi repartida por toda Galicia.

Papuxa das amoras
Sylvia atricapilla

Macho adulto en Inglaterra

Femia adulta
Femia adulta

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Sylvia
Especie: S. atricapilla
Nome binomial
Sylvia atricapilla
(Linnaeus, 1758)
      Verán       Residente todo o ano       Inverno (distribución aproximada)
      Verán
      Residente todo o ano
      Inverno
(distribución aproximada)

      Verán
      Residente todo o ano
      Inverno
(distribución aproximada)
Cuculus canorus bangsi + Sylvia atricapilla

Descrición

editar

Mide entre 13 e 15 cm de lonxitude, cunha envergadura de entre 20 e 23 cm, e un peso duns 14 a 20 g. Presenta o cranio lixeiramente aplanado. O peteiro (en ambos os dous sexos adultos) é de cor negra coa mandíbula inferior gris lousa. Os tarsos e mailos pés son gris azulado. O iris é de 3,5 mm de diámetro e de cor marrón claro.[3]

Plumaxe

editar

A primeira ollada ten un aspecto discreto e insignificante, xa que a sobriedade da súa plumaxe permítelle pasar desapercibida para todo aquel que non aprenda a identificala, que a confundirán co pardal común cada vez que a vexan voar (ocorrendo isto máis veces do que cabe imaxinarse).

  • O macho, para quen sabe identificar esta especie, resulta inconfundible; o macho adulto presenta as súas partes superiores (laterais da testa, do pescozo e o peito) de cor verde oliva, ou ben pode describirse como un ton pardo cinsento. Os cadrís son gris claro. O ventre branco. A súa cola e as ás son dun gris negruzco. Obsérvase unha carapucha negra rechamante que non pasa os ollos.[4]
  • A femia diferénciase do macho principalmente pola carapucha que é parda ou marrón avermellada. O resto das partes superiores son pardo oliváceas, e os lados da cara son dunha cor agrisada. O peito e mais os laterais son dun ton máis pálido, algunhas veces riscados de cinsento, presentando sempre unha cor máis parda cá do macho.[4]
  • Os exemplares inmaturos son semellantes ás femias adultas, coa carapucha marrón xenxibre. Quizais se poida apreciar nas costas e lombo das ás unha cor máis avermellada cá nos adultos. A cor das partes inferiores, como son o peito e os laterais, preséntanse considerablemente máis escuros cá nos adultos.[4]

Nota: Apenas se observan diferenzas entre as distintas subespecies de Sylvia atricapilla, no entanto, morfoloxicamente si que poderían atoparse lixeiras diferenzas doadamente apreciables.

Distribución

editar

Globalmente

editar

É unha ave basicamente europea. Cría en case toda Europa, nas Illas Canarias, noroeste de África e Asia occidental. Migrador parcial. De presenza permanente nas Illas Británicas, no suroeste de Francia, en toda Italia, no suroeste dos Balcáns e en toda a Península Ibérica, onde se caracteriza por ser un dos paxaros máis abondosos a todos os niveis, aínda que no inverno aparecen en maior número coa chegada de multitude de aves que arriban cara finais de setembro e no mes de outubro, procedentes doutros puntos de Europa, xa que como é citado anteriormente case todo a continente forma parte da área de cría dos migrantes estivais.

As 9 subespecies existentes, distribúense do seguinte xeito:

  • S. a. koenigi (Jordans en 1923). É unha consideración na que existen desacordos, segundo a cal sería unha subespecie de pauluccii.

En España

editar

En España localízanse 4 subespecies distintas de Sylvia atricapilla.

  • A nominal, S. atricapilla atricapilla, que se atopa amplamente espallada por toda a metade norte peninsular fóra dos espazos desforestados que se achan nas diferentes zonas da submeseta norte, Val do Ebro e nos páramos ibéricos.
  • Outra subespecie, S. atricapilla heineken, distribúese pola metade sur da Península Ibérica e Illas Canarias, localizándose de xeito máis fragmentado en puntos específicos e locais, cunha poboación en maior ou menor medida continuada ao longo de toda Serra Morena e Sistema Bético, aínda que non está presente no Val do Guadalquivir así como nunha ampla franxa que se espalla dende Cáceres, A Mancha e Albacete, continuando até as costas levantinas.
  • A subespecie S. atricapilla pauluccii, distribúese polas Illas Baleares (onde aparecen as poboacións máis occidentais), sendo menos frecuente en Eivissa e Formentera. Tamén se localiza esta subespecie en Canarias, criando en todas as súas illas, sobre todo en zonas ben forestadas con árbores desenvolvidas e soutobosque, no bordo inferior da laurisilva. Crese que cría en Ceuta e Melilla. Segundo o atlas nacional de Purroy (1997), atópase tamén en Serra Morena e no Sistema Bético.
  • Por último, a subespecie S. atricapilla obscura, que é endémica de Canarias.

Hábitat

editar

É unha especie forestal que aniña en terreos arborados, umbríos e con denso soutobosque, aínda que tamén poden facelo en parques, sebes e xardíns con abondosa vexetación.

Altitudinalmente esta especie ocupa rangos moi dispares, dende o nivel do mar até os 1.500 m (en Tenerife), mesmo 1.700 m en Pireneos centrais ou os 1.800 no Sistema Central e 1.850 m nas Cordilleiras Béticas.[6]

Poboación e estado de conservación

editar

A poboación mundial da papuxa das amoras considérase crecente. En Europa calcúlanse entre 25 e 49 millóns de parellas, con tendencia ó aumento. As poboacións locais desta especie poden oscilar en torno ó 50% ou incluso máis. Coñécese que poboacións en Alemaña e Austria aumentaron o número de parellas nos anos 80. Non obstante, localmente falando, noutros puntos concretos como pode ser o Arroyo de Calamocarro (Ceuta), onde se establece como unha ave residente común, estudos realizados entre os anos 1998 e 2007 indican que a poboación desta especie tan só se mantén estable, incluso con tendencia a un leve descenso a pesar do aumento progresivo da produtividade e unha taxa de recuperación neutra.

En España calcúlanse aproximadamente entre unhas 850.000 e 1.500.000 parellas (como poboación nidificante). A densidade de poboación en época de reprodución, medida en número de aves por cada 10 hectáreas (aves/10 ha), varía nas diferentes zonas e hábitats da Península Ibérica, sendo de entre 0'2 e 3'3 no norte peninsular, de entre 0'2 e 1'83 en bosques de faias ou de entre 0'24 e 0'7 en Pinus sylvestris do centro. As densidades vense aumentadas a entre 2'6 e 6'2 en Pinus pinaster do centro e a 6'6 en campiñas con vexetación arbustiva do centro, baixan a 1'7 en enciñares supramediterráneos do centro, aumentan a 7'6 en enciñares de montaña do sur peninsular e a 8'4 en carballeiras de montaña do sur, así como baixa a entre 0'3 e 2 en parques urbanos do centro peninsular. En Salamanca calcúlanse densidades de entre 1'2 e 2'5 de aves por cada 10 ha. En Galicia estímanse entre 2'8 e 6'9 aves por cada 10 ha.[6]

Na actualidade, a papuxa das amoras considérase globalmente no mundo como unha especie fóra de perigo en canto ó seu estado de conservación, clasificándose como unha especie LC (Least Concern ou Preocupación Menor), e por tanto é unha especie non incluída na Lista Vermella da UICN (1996).[6]

En España a papuxa das amoras é considerada unha especie con categoría de "Interese Especial" (segundo o Real Decreto 439/1990), no Catálogo Nacional de Especies Amenazadas elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente, constando como especie "Non Ameazada" no Libro Rojo de los Vertebrados de España (1992).[6]

  1. BirdLife International (2012). "Sylvia atricapilla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  3. Jim Flegg (1992). Guía de campo: Paxaros de Europa (en español). ceac. p. 198. ISBN 84-329-1307-3. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Curruca Capirotada". www.pajaricos.es. Consultado o 2020-01-04. 
  5. "Sylvia atricapilla atlantis" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2008. Consultado o 20/03/10. www.spea.pt 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 C.B.C., S.L. (novembro de 2000). "Sylvia atricapilla" (PDF) (en castelán). Consultado o 4-1-2020. Ministerio de Medio Ambiente (España) 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • Colección de videos en Internet Bird Collection (páxina en inglés): Blackcap videos
  • Fotos e descrición en Madeira Birds (páxina en inglés): Blackcap
  NODES
INTERN 3
todo 7