París-Roubaix
A París-Roubaix é unha das máis antigas carreiras de ciclismo en estrada. Esta famosa proba tamén é coñecida como A clásica das clásicas ou polo nome do Inferno do norte. Este último nome utilízase actualmente para facer referencia á extrema dureza da carreira, aínda que este alcume en realidade provenlle da desoladora paisaxe de Arenberg resultado dos combates da primeira guerra mundial.
Tipo | carreira dun día |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Amaury Sport Organisation |
Parte de | Clásicas de Flandres e Monumentos do ciclismo |
Localización e Datas | |
País | Francia |
Vixencia | 1896 – |
Calendario da tempada | abril – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | paris-roubaix.fr |
Foi creada en 1896 trala inauguración do velódromo de Roubaix. A proba ten lugar o segundo domingo de abril e o seu percorrido caracterízase polos duros treitos de lastro, entre os que destacan o bosque de Arenberg e o Carrefour De l'Arbre. A chegada ten lugar no velódromo de Roubaix, ó que terán que dar unha volta completa para remata-la carreira.
En 1968, o lugar de comezo da carreira pasou de París a Compiègne.
Formou parte da extinta Copa do Mundo de ciclismo dende a súa creación en 1989 e tamén do UCI ProTour. Actualmente forma parte do calendario do UCI WorldTour. É unha das cinco clásicas que se catalogan como Monumentos do ciclismo.
A edición de 2020 foi adiada por causa da COVID-19. En abril do mesmo ano a UCI anunciou a intención de disputar a proba en outubro e de incluír por vez primeira a edición feminina da proba[1].
Palmarés
editarNotas
editar- ↑ "El nuevo WorldTour incluye una versión femenina de la París - Roubaix / Féminas / Noticias del ciclismo / BICI CICLISMO". www.biciciclismo.com. Consultado o 2020-05-06.