Parque Natural Penyal d'Ifac

O Parque Natural Penyal d'Ifac (parque natural rocha de Ifac en tradución directa ó galego) atópase na provincia de Alacant, concretamente na comarca de Marina Alta.

Modelo:Xeografía físicaParque Natural Penyal d'Ifac
Imaxe
Tipomontaña
Lugar de importancia comunitaria
parque natural
espazo natural protexido
parque natural
área protexida da rede Natura 2000 Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaCalp, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMarina Alta Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°38′05″N 0°04′28″L / 38.6347, 0.0744
CordilleiraSistemas Prebéticos Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude332 m Editar o valor en Wikidata
Material usadoCalcaria Editar o valor en Wikidata
Superficie53,3 ha
51,08759 ha Editar o valor en Wikidata
Parque Natural Penyal d'Ifac
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 196369 Editar o valor en Wikidata
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata ES5211009 Editar o valor en Wikidata
Medicións
ClimaClima mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1987 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX460802

Características

editar

A rocha de Ifac é unha masa calcárea que se eleva sobre o mar 322 metros unida á terra firme por un pequeno istmo. Con 45 hectáreas protexidas trátase dun dos parques naturais europeos máis pequenos. Porén debido ás características climatolóxicas, biolóxicas e á natureza do chan, o espazo presenta unha gran singularidade botánica e zoolóxica.

A rocha e as súas inmediacións teñen sido testemuñas do paso de diferentes civilizacións: iberos, romanos e musulmáns. Dende o século XVI ata o século XIX a zona foi constantemente azoutada polos piratas berberiscos. A rocha foi propiedade do municipio de Calp ata o 1862, cando pasou a mans privadas ata que a finais do século XX pasou á propiedade da Generalitat Valenciana.

Nas grandes paredes de rocha medran diversas especies rupícolas, especializadas en colonizar gretas, ocos e superficies verticais. Existen diversos endemismos, como a silene d’Ifac (case extinguida), o teucrio d’Ifac, a Scabiosa saxatilis ou a Hippocrepis valentina. Nas partes medias e altas medran matogueiras como as xenebreiros. Nas zonas máis baixas, moito máis humanizadas, obsérvanse restos de alfarrobeiras e amendoeiras.

Salientar as aves, téñense citado ata 60 especies, entre residentes, invernantes ou aquelas de paso. Son importantes as poboacións de corvo mariño cristado, de gaivota arxéntea, falcón da raíña, falcón peregrino ou cirrio pálido. Tamén existen poboacións de pequenos mamíferos, de cobra rateira e de lagarto arnal.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
todo 1