Partido Africano da Independencia
O Partido Africano da Independencia (PAI, en francés Parti Africain de l'Indépendance) foi un partido comunista da África Occidental Francesa fundado en Thiès (Senegal) en 1957, máis tarde ao acceder os diversos países da AOF á independencia o PAI disolveuse e as seccións territoriais do PAI convertéronse en partidos independentes. Foi o primeiro partido da AOF en demandar inequivocamente a independencia de Francia.[1]. No Senegal o PAI prohibiuse o 1 de agosto de 1960.
Organizacións sucesoras
editar- Senegal
- Partido da Independencia e do Traballo
- Partido Africano da Indepencia, escisión do anterior formada en 1976
- Liga Democrática/Movemento polo Partido do Traballo, en orixe escisión das mocidades do PIT recoñecido oficialmente en 1981
- O PAI acadou éxito por medio da fronte da Liga Patriótica para o Desenvolvemento (LIPAD), formación xa disolta e o PAI está dividido desde 1999 en dúas faccións:
- Partido Africano da Independencia, dirixido por Philippe Ouédraogo
- Partido Africano da Independencia (Touré), dirixido por Soumane Touré