Pataca (moeda)
Pataca é o nome de diversas moedas, das que só unha delas ten actualmente valor legal.
Pataca ou cadela
editar- Artigo principal: Cadela (moeda).
Moeda española con valor facial de 5 céntimos de peseta, cuñada inicialmente en cobre en 1870 polo Goberno Provisional e posteriormenmte a nome de Afonso XII entre 1877 e 1879, e que mantivo a súa denominación durante o mandato de Francisco Franco para designar as moedas dese mesmo valor labradas en aluminio durante a década de 1940.[1]
Pataca "mexicana"
editarA pataca era unha moeda de prata, co valor de 320 reais que foi emitida polo goberno portugués ata o século XIX.
O nome "pataca" derivase da moeda de prata de oito reais mexicanos.
Antigamente era popular en Asia, coñecidos en portugués como "pataca mexicana".
Pataca de Timor Portugués
editar- Artigo principal: Pataca timorense.
Pataca timorense foi a moeda da colonia de Timor Portugués entre 1894 e 1959, agás polo período comprendido entre 1942 e 1945, cando foi ocupada polos xaponeses durante a segunda guerra mundial, e fora introducido o gulden das Indias Holandesas e a rupia das Indias Holandesas. Era equivalente á pataca de Macau e subdividida en 100 avos.
Pataca de Macau
editar- Artigo principal: Pataca macaense.
Actualmente, a pataca[2] (abreviatura: MOP) é a moeda oficial usada na Rexión Administrativa Especial de Macau da República Popular da China. Unha pataca é subdividida en 100 avos.
O Goberno de Macau, querendo crear a súa propia moeda oficial, autorizou, en 1901, o Banco Nacional Ultramarino (BNU) a emitir billetes coa denominación de patacas. Os primeiros billetes impresos comezaron a entrar en circulación en 1906 e 1907. A súa cotización está indexada á cotización do dólar de Hong Kong [3].
Así, a pataca tornouse dende entón a moeda oficial de Macau, substituíndo o real ao troco de 1 pataca = 450 reais.
A partir de 1995, o Banco da China é tamén responsabel da emisión de billetes.[4].
A pataca atópase oficialmente indexada ao dólar de Hong Kong, cuxa circulación en Macau é libre. A taxa de troco é de MOP$103,20 para HK$100, cunha lixeira variación ata o 10%. Cerca de 12 a 13 Patacas equivalen a 1 euro e cerca de 7,8 a 8 Patacas a 1 dólar americano.[5].
Pataca do Brasil
editarNo Brasil, pataca foi a denominación que recibiu a moeda de prata de orixe portuguesa con valor de 320 reis, que se mantivo en circulación entre 1695 e 1834. O seu peso medio, ao longo do tempo, foi de 8,96 gramas, e a súa pureza de 917 milésimas. A moeda de 960 reis (tres patacas), cuñada de 1810 a 1834, coñeceuse co nome de patacão. A serie de moedas á que pertence a pataca cuñouse no Brasil ata 1821, nas casas de moeda de Pernambuco, Baía, Río de Xaneiro e Minas Xerais.[6][7]
Notas
editar- ↑ Entrada “can” no DRAG e no Portal das Palabras.
- ↑ "pataca". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.
- ↑ Moedas de Macao de Ma Tak-wo. Publicado, en 1987, polo Museo Luís de Camões e editado polo Leal Senado de Macao
- ↑ "Páxina oficial do Banco da China (Sucursal de Macau)". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2008.
- ↑ "Moeda usada en Macao na Dirección dos Servizos de Turismo de Macau". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2008.
- ↑ Amato, C.; Neves, I. S.; Russo, A. (2004). Livro das moedas do Brasil. 1643 a 2004. 11ª ed. Editora e Gráfica Stampato. Páxina 106.
- ↑ "Pataca". En Moedas populares no Brasil.