Pataca doce

especie de planta

A pataca doce ou batata[1] (Ipomoea batatas), é unha planta da familia das convolvuláceas, da orde das Solanales (a mesma da pataca, do tomate, das pementas etc.). Orixinaria dos Andes, espallouse polos trópicos e subtrópicos de todo o mundo. A súa raíz tuberosa é comestíbel, aínda que non é popular o seu consumo en Galicia.

Etimoloxía

editar

"Pataca doce" é unha referencia ao gusto doce de seu tubérculo comestíbel. No Brasil tamén lle chaman jetica ou jatica, ambos os dous termos provenientes da lingua tupí para a planta, ye'tika.[2]

O dicionario da Real Academia Galega non recolle nome vulgar ningún para esta planta, pero si outros dicionarios. En castelán recibe, ademais do nome de batata, o de boniato (voz caribeña).

Distribución

editar
 
Flor de Ipomoea batatas

Orixinaria dos trópicos de América Central, América do Sur, foi domesticada e cultivada dende hai 8000 anos no Perú. Chegou a Europa no século XVI, espallándose amplamente en todo o mundo.

Segundo estatísticas da FAO[3] do ano 2009, China é o primeiro produtor, pois cultiva aproximadamente o 80 % do total mundial; séguenlle Uganda, Nixeria e Indonesia. Illas Salomón ten a maior produción per cápita do mundo: 160 kg por persoa e ano. É un alimento recoñecido como eficaz na loita contra a desnutrición grazas ás súas características nutritivas, facilidade de cultivo e produtividade.

Hortaliza de raíces

editar

Posúe diversas variedades cultivábeis divididas en 'de mesa' (ou mercado) e as 'forraxeiras', ambas poden ter cores externas amarela, branca e roxa. Con todo, o número de variedades non se restrinxe só a esas características senón que poden clasificarse de acordo co formato, tamaño, cor interna, dozura, precocidade, cor das follas e até pola coloración das flores, entre outras.

É a cuarta hortaliza máis cultivada no Brasil e a que ten maior índice de produtividade por hectárea.

Hortaliza de follas

editar

As follas e gomos da pataca doce son, despois dun breve cocemento, comestíbeis, saborosas e nutritivas, constituíndo unha verdura doada de cultivar e de colleita abundante. A pataca doce (Ipomoea batatas) é parente moi próxima de Ipomoea aquatica Forssk., verdura moi utilizada en Asia e cultivada no Brasil por inmigrantes xaponeses.

Planta ornamental e invasora

editar

A pataca doce utilízase nalgúns lugares, como no Brasil, como planta ornamental en xardineiras, vasos suspensos e cestas.

Ocasionalmente, a pataca doce pode considerarse invasora; isto ocorre nalgunhas rexións do Brasil: Goiás, São Paulo, Minas Gerais ou Rio Grande do Sul.[Cómpre referencia]

Propiedades nutricionais

editar
Pataca doce, cocida coa pel e sen sal
Valor nutricional por 100 g
Enerxía378 kJ (90 kcal)
20.7 g
Amidón7.05 g
Azucres6.5 g
Fibra alimentaria3.3 g
0.15 g
2.0 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
120%
961 μg
Tiamina (B1)
10%
0.11 mg
Riboflavina (B2)
9%
0.11 mg
Niacina (B3)
10%
1.5 mg
Vitamina B6
22%
0.29 mg
Ácido fólico (B9)
2%
6 μg
Vitamina C
24%
19.6 mg
Vitamina E
5%
0.71 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
4%
38 mg
Ferro
5%
0.69 mg
Magnesio
8%
27 mg
Manganeso
24%
0.5 mg
Fósforo
8%
54 mg
Potasio
10%
475 mg
Sodio
2%
36 mg
Cinc
3%
0.32 mg

USDA Database (ed.). "Sweet potato". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2018. Consultado o 12 de abril de 2019. 
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

A raíz contén grandes cantidades de amidón, vitaminas, fibras (celulosa e pectinas) e minerais, e destaca entre estes o contido de potasio. En valor enerxético supera á pataca e en vitaminas salienta pola provitamina A (betacaroteno) e as B1, C (ácido ascórbico) e E (tocoferol). Canto máis amarelenta é a súa raíz, máis betacaroteno posúe, polo que as patacas doces con esta coloración son moi utilizadas en Asia e África para reducir a deficiencia de vitamina A nos nenos. O seu sabor doce débello á sacarosa, á glicosa e á frutosa.[4]

Ademais, a raíz, malia non posuír altos contidos de proteína, si é importante no contido de lisina. Por isto emprégase como complemento dalgunhas fariñas de cereais. O seu contido en lípidos é baixo. Os seus ácidos graxos principais son o linoleico, o oleico, o esteárico e o palmitoleico. Posúe gran cantidade de fibra dixeríbel, que acelera o tránsito intestinal, prevén o cancro de colon, controla o nivel de glicosa, reduce o nivel de colesterol e produce sensación de saciedade. A súa pel e a súa polpa posúen antioxidantes, polo que preveñen doenzas cardíacas, diabetes e cancro.[4]

Nalgúns países valórase a folla para alimentar ao gado así coma fertilizante polos niveis de ferro, provitamina A, vitamina B2, vitamina C e vitamina E, fibra dietaria e polifenois.[4]

Serven para preparar doces e sobremesas en combinación con froitas como a goiaba.

Sinonimia

editar
  • Convolvulus batatas L.
  • Convolvulus tiliaceus auct. non Willd.
  • Ipomoea fastigiata (Roxb.) Sweet
  • Ipomoea tiliacea auct. non (Willd.) Choisy
  • Ipomoea triloba auct. non L.[5]
  • Aniseia martinicensis var. nitens (Choisy) O'Donnell
  • Batatas edulis (Thunb.) Choisy
  • Batatas edulis var. porphyrorhiza (Griseb.) Ram.Goyena
  • Convolvulus apiculata M.Martens & Galeotti
  • Convolvulus attenuatus M. Martens & Galeotti
  • Convolvulus candicans Sol. ex Sims
  • Convolvulus denticulatus Desr.
  • Convolvulus edulis Thunb.
  • Convolvulus esculentus Salisb.
  • Convolvulus hederaceus Sessé & Moc.
  • Convolvulus tuberosus Vell.
  • Convolvulus varius Vell.
  • Ipomoea angustisecta Engl.
  • Ipomoea batatas fo. trifida Moldenke
  • Ipomoea batatas var. edulis (Thunb.) Makino
  • Ipomoea batatas var. lobata Gagnep. & Courchet
  • Ipomoea bolusiana Schinz
  • Ipomoea bolusiana var. pinnatipartita Verdc.
  • Ipomoea confertiflora Standl.
  • Ipomoea davidsoniae Standl.
  • Ipomoea denticulata (Desr.) Choisy
  • Ipomoea edulis (Thunb.) Makino
  • Ipomoea mesenterioides Hallier f.
  • Ipomoea praetermissa Rendle
  • Ipomoea purpusii House
  • Ipomoea setifera Poir.
  • Ipomoea simplex Hook.
  • Ipomoea vulsa House[6]
  1. Definición de Pataca doce no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.987
  3. "Food and Agriculture Organization of the United Nations". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 07 de febreiro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Martí, H. R., Corbino, G. B. y Chludil, H. D. (2011). La batata, el redescubrimiento de un cultivo. Ciencia Hoy, 121, feb-mar.". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2012. Consultado o 07 de febreiro de 2013. 
  5. Listado de sinónimos de Ipomoea batatas. [1] Arquivado 09 de decembro de 2008 en Wayback Machine..
  6. Sinónimos en Tropicos

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 2
todo 4