Patricia McCormick

Patricia Joan Keller McCormick, nada en Seal Beach, California, o 12 de maio de 1930 e finada no Condado de Orange o 7 de marzo de 2023, foi unha saltadora de trampolín que gañou ambos os eventos de salto en dous Xogos Olímpicos, en 1952 e 1956. Gañou o James E. Sullivan Award á mellor atleta afeccionada dos Estados Unidos en 1956, segunda muller que o conseguiu.

Modelo:BiografíaPatricia McCormick

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Patricia Joan McCormick Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1930 Editar o valor en Wikidata
Seal Beach, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 2023 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Condado de Orange, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónCalifornia State University, Long Beach (en) Traducir
Woodrow Wilson Classical High School (en) Traducir
Long Beach City College Editar o valor en Wikidata
Altura162 cm Editar o valor en Wikidata
Peso58 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsaltadora, nadadora Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
DeporteSalto ornamental
natación Editar o valor en Wikidata
Participou en
1956diving at the 1956 Summer Olympics – women's 3 metre springboard (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1956diving at the 1956 Summer Olympics – women's 10 metre platform (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1952diving at the 1952 Summer Olympics – women's 3 metre springboard (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1952diving at the 1952 Summer Olympics – women's 10 metre platform (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosKelly McCormick Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGreat Women Athletes of the 20th Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1677889 Olympic.org: patricia-mccormick Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De nena, nas décadas de 1930 e 1940, McCormick destacou por executar saltos de trampolín que non estaban permitidos nas competicións femininas (mergullos que tiñan fama de asustar moitos homes) e por practiar na ponte de Los Alamitos no porto de Long Beach.[1] Asistiu á Woodrow Wilson Classical High School, ao Long Beach City College e á Universidade Estatal de California en Long Beach.[2]

Tralos Xogos Olímpicos fixo xiras de saltos e foi modelo para traxes de baño Catalina. Participou no comité organizador dos Xogos Olímpicos de 1984 e comezou un programa chamado "Pat's Champs", fundación que axuda a motivar a infancia para que soñe ao grande e para que atope xeitos prácticas de obter éxito.[3]

Ao longo da súa carreira gañou tamén catro medallas nos Xogos Panamericanos, entre elas tres de ouro.

Vida persoal

editar

O marido de McCormick, Glenn, foi o seu adestrador, así como doutros medallistas olímpicos en saltos de trampolín. Divorciáronse despois de 24 anos de matrimonio e el faleceu en 1995. Tiveron dous fillos: Tim, nado en 1956, só cinco meses antes de que McCormick gañase dúas medallas nos Xogos de Melbourne, e Kelly (nada en 1960), que gañou dúas medallas (prata e ouro) en saltos de trampolín.[4]

  1. "Amazing Moments in Olympic History: Pat & Kelly McCormick". Arquivado dende o orixinal o 2010-01-30. Consultado o 2010-09-12. 
  2. "Going For Gold". Beach (California State University, Long Beach): 15. Verán–inverno de 2016. 
  3. Carpenter, Eric (2008-08-03). "Memories as good as gold". The Orange County Register. pp. News 6. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o 06 de xaneiro de 2022. 
  4. Pat McCormick. sports-reference.com

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
catalina 1
HOME 1
iOS 1
mac 1
multimedia 1
os 45
todo 1