Patrick Depailler
Patrick André Eugène Joseph Depailler, nado en Clermont-Ferrand (Puy-de-Dôme) o 9 de agosto de 1944 e finado en Hockenheim (Alemaña) o 1 de agosto de 1980, foi un piloto de carreiras francés . Participou en 95 grandes premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutando o 2 de xullo de 1972. Tamén participou en varias carreiras fóra do campionato de Fórmula Un.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fr) Patrick André Eugène Joseph Depailler 9 de agosto de 1944 Clermont-Ferrand (Francia) | ||||||||||||||||
Morte | 1 de agosto de 1980 (35 anos) Hockenheim (Alemaña do Oeste) | ||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Crevant-Laveine | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Campo de traballo | Carreira automobilística, Fórmula 1 e carreira de Fórmula 1 | ||||||||||||||||
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Período de actividade | - 1 de agosto de 1980 | ||||||||||||||||
Deporte | Motociclismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans |
Traxectoria
editarDesde neno, inspirouse en Jean Behra. Talentoso e carismático, Depailler nunca pilotou o tipo de coche que o seu talento merecía, uniuse a un equipo Tyrrell que comezaba un longo e lento declive, logo pasou ao equipo Ligier antes de terminar finalmente co revivido equipo Alfa Romeo en 1980. Depailler estaba axudando a prosperar este equipo na grella cando morreu nun accidente en Hockenheim o 1 de agosto de 1980, durante unha sesión de probas privadas.
Gañou dúas carreiras , logrou unha pole position, 19 podios, e anotou un total de 141 puntos nos campionatos.
Automóbiles deportivos e Fórmula Dúas
editarDepailler terminou 0´9 segundos detrás de Peter Gethin no Gran Premio de Pau de Fórmula 2 de 1972. Loitou con Gethin estreitamente cun March 922 ao longo de 70 voltas.[1] Depailler foi terceiro cun tempo de 1:31:40.5 na carreira de Fórmula 2 de abril de 1973 en Nürburgring. Pilotaba un Ford Alpine.[2] En maio de 1974 Depailler cualificou o seu March na primeira posición na cualificación para o Gran Premio de Pau de fórmula 2. Rexistrou un tempo de 1 minuto 16´17 segundos cunha velocidade media de 128´75 quilómetros por hora.[3] En xuño estrelou o seu March 742a contra a barreira de seguridade durante as probas para a carreira de Fórmula Dúas en Salzburgring. Depailler resultou ileso, pero a cualificación detívose para que os traballadores substituíran unha sección de barreira que foi arrincada no accidente.[4]
En abril de 1976, o equipo Renault de Depailler suspendeu a súa presenza durante tres carreiras despois de que estivera involucrado nun accidente que deixouno sen coche tanto a el como a seu compañeiro de equipo Jean-Pierre Jabouille. O incidente produciuse na segunda volta. Depailler perdeu o control e esnaquizou o coche, logo Jabouille estrelouse ao intentar evitar ao seu compañeiro de equipo. Os pilotos recibiran instrucións de non disputar o liderado entre si.[5] Depailler foi segundo no Gran Premio de 1976 de Fórmula Júnior. Quedou 19 segundos detrás do gañador Jody Scheckter.
Fórmula Un
editarEn 1972 Tyrrell proporcionou un coche a Depailler en Francia e Watkins Glen. Utilizando un dos coches máis vellos, Depailler pilotou habilmente, e logrou un impresionante sétimo lugar na segunda carreira. Así que en decembro de 1973 Depailler foi elixido xunto a Scheckter como piloto oficial de Tyrrell, en substitución do falecido François Cevert e o retirado Jackie Stewart.[6] Depailler logrou a pole no Gran Premio de Suecia de 1974, a súa novena carreira como piloto de Fórmula Un. Fixo os 4´01 km. de Anderstorp nun tempo de 1 minuto, 24´758 segundos, cunha velocidade media de 169 km/h.[7] Depailler terminaría segundo na carreira por detrás do seu compañeiro Jody Scheckter, resultou ser o seu único podio do ano.
En xaneiro de 1975 Depailler tiña 25-1 probabilidades de converterse no campión do mundo de Fórmula Un de 1975.[8] Terminou quinto no Gran Premio da Arxentina de 1975 en Bos Aires.[9] Foi terceiro en Kyalami no Gran Premio de Suráfrica de 1975. Na primeira xornada de clasificación para o Gran Premio dos Estados Unidos de 1975, Depailler estrelou o seu Tyrrell contra unha valla en Watkins Glen. Non houbo feridos.[10]
Depailler entrou segundo no Gran Premio do Brasil de 1976 en Interlagos .[11] Cunha velocidade de 139´5 km/h. na clasificación para o Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976. O seu Tyrrell fixo un tempo no circuíto urbano de Long Beach (California) de 1:23.884.[12] Depailler obtivo a 3ª praza, pero provocou a ira do seu rival James Hunt, que abandonou na cuarta volta. Hunt afirmou que Depailler obrigouno a saír da pista e axitaba o puño cada volta que pasaba por diante del. Depailler, que loitaba con problemas de freos, afirmou que non vira ao piloto inglés nos seus espellos.[13] Depailler colocou o seu Tyrrell de seis rodas en 3ª posición na grella de saída do Gran Premio de Mónaco de 1976 cun tempo de 1:30.33.,[14] os Tyrrells de Scheckter e Depailler foron os únicos vehículos capaces de manterse na mesma volta que Lauda co Ferrari, que gañou desde a pole position.[15] Depailler foi segundo detrás de Hunt no Gran Premio de Francia de 1976 en Le Castellet. Fixo un tempo de 1:41:11.30 .[16] Hunt mantivo baixo control a Depailler en Mosport Park no Gran Premio do Canadá de 1976. Ambos pilotos estaban enfermos ao final do evento, Depailler por ter inhalado fume durante o último terzo da carreira. Perdeu o coñecemento logo de aparcar o seu auto na primeira curva logo da meta.[17] Depailler terminou segundo por diante de Hunt (quen con todo asegurou o campionato de pilotos de 1976 ao terminar terceiro) no Gran Premio do Xapón de 1976, malia que afrontaban problemas de pneumáticos na mollada pista do Fuji Speedway.[18] Este ano logrou o 4º posto no campionato do mundo de pilotos, a mellor posición da súa carreira.
Saíuse da pista de Interlagos en São Paulo no Gran Premio do Brasil de 1977. Foi hospitalizado cunha ferida na perna.[19] Depailler cualificou na sexta fila, posición 12 no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1977. En decembro de 1977 Depailler foi ascendido a piloto número un de Tyrrell, cando Ronnie Peterson o deixou para pilotar con Lotus. Ao mesmo tempo Tyrrell anunciou a retirada do seu experimento con seis rodas nos coches de Fórmula Un.[20]
Depailler foi terceiro no Gran Premio da Arxentina de 1978 nun Elf-Tyrrell. Cubriu as 52 voltas en 1:37:18.11.[21] Peterson pasou a Depailler na última curva da última volta en Kyalami, para gañar o Gran Premio de Suráfrica de 1978. O coche de Depailler foi quedando sen combustible, o que permitiu a Peterson eliminar a brecha que os separaba para gañar.[22] Depailler fixo unha gran remontada para subir desde a 12ª posición de partida para terminar en terceira posición no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1978.[23] Depailler obtivo a súa primeira vitoria de Fórmula Un ao gañar o Gran Premio de Mónaco de 1978.
Pilotando un Tyrrell-Ford 008, Depailler asegurou o 36º Gran Premio de Mónaco, cun tempo de 1:55:14.66 nas 75 voltas, cunha velocidade media de 129´325 km/h. Foi a súa primeira vitoria logo de 69 carreiras no campionato, malia ser segundo en oito ocasións.[24]
Voltas rápidas - Mónaco 1979, Suecia 1974, Canadá 1976
Depailler cambiou ao equipo Ligier en 1979. A marca comezou o campionato con motores Ford Cosworth V - 8,[25] en lugar dos motores de fabricación francesa Matra V-12 de 1978.[26] Depailler liderou as primeiras 10 voltas antes de que o seu motor experimentara problemas no Gran Premio da Arxentina de 1979. Viuse obrigado a facer unha parada en boxes, pero logrou o 4º posto.[27] Depailler chegou segundo detrás do seu compañeiro de equipo, Jacques Laffite, no Gran Premio do Brasil de 1979. Laffite sacoulle máis de 5 segundos de vantaxe ao final da carreira.[28] Depailler abandonou debido a un accidente no Gran Premio de Suráfrica de 1979.[29]
Depailler logrou o triunfo no Jarama no Gran Premio de España de 1979. A vitoria permitiulle empatar con Gilles Villeneuve na clasificación para o campionato do mundo de Fórmula Un a finais de abril, con 20 puntos cada un.[30] Depailler foi substituído por Ligier en xuño de 1979, logo de romper ambas pernas nun accidente de á delta. O equipo de carreiras estaba recibindo o apoio financeiro do goberno francés, que obrigou a que o novo piloto fora francés.[31] O 29 de agosto Depailler dixo que estaba "resignado a non volver a correr de novo ata o próximo ano". Esperba deixar pronto o hospital de París. Fora sometido a unha serie de operacións nas pernas, que rompera mentres voaba en á delta, o 3 de xuño de preto da súa cidade natal de Clermont-Ferrand.[32] O seu calcañar tamén resultou gravemente ferido. Tiña esperanzas de asistir tanto ao Gran Premio do Canadá de 1979 e ao Gran Premio dos Estados Unidos de 1979 como espectador.[33]
Alfa Romeo (1980)
editarEn 1980, Depailler uniuse ao recentemente formado equipo Alfa Romeo, que estaba de regreso na F1: Depailler traballara para o seu regreso logo dun accidente en á delta o ano anterior, e equipara o coche con freos especiais deseñados para endurecer os seus músculos das pernas, seguía tendo dores no momento do seu accidente mortal[32] o coche era rápido (clasificouse terceiro para o Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980), pero non era o suficientemente fiable para terminar. Morreu nas probas para o Gran Premio de Alemaña de 1980 en Hockenheim, cando un fallo na suspensión lanzou o seu vehículo contra as barreiras Armco na curva "Ostkurve" de alta velocidade, o que infixiulle lesións fatais na cabeza cando o vehículo envorcou e saltou a barreira. O Alfa Romeo deslizouse ao longo da parte superior da barreira varios centos de metros antes de volver a quedar de pé.
Legado
editarUn circuíto de carreiras para coches de radio control chámase así en honor a el na súa cidade natal. Depailler, foi interpretado por Daniel Christodolou, na película de 2013 Rush, dirixida por Ron Howard.
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
editar- ↑ Article-No Title, New York Times, 8 de maio de 1972, Page 53.
- ↑ Wisell Wins Formula Two Race, New York Times, 30 de abril de 1973, Page 42.
- ↑ Wohlhuter's Team Victor At Quantico, New York Times, 4 de maio de 1974, Page 32.
- ↑ Depailler Car Crashes, New York Times, 1 de xuño de 1974, Page 23.
- ↑ People In Sports, New York Times, 8 de abril de 1976, Page 52.
- ↑ Ickx Joins Peterson At Lotus, New York Times, 2 de decembro de 1973, Page 296.
- ↑ Depailler Gains Pole In Sweden, New York Times, 9 de xuño de 1974, Page 214.
- ↑ Handicapping '75 Driver Title Race, New York Times, 5 de xaneiro de 1975, Page S15.
- ↑ E. Fittipaldi Victor In Grand Prix, New York Times, 13 de xaneiro de 1975, Page 53.
- ↑ Lauda, in 'Training Car', Paces Qualifying at Glen, New York Times, 4 de outubro de 1975, Page 22.
- ↑ Lauda Wins Brazil Grand Prix, New York Times, 26 de xaneiro de 1976, Page 34.
- ↑ Depailler's Car Is Speediest, New York Times, 27 de marzo de 1976, Page 46.
- ↑ Regazzoni Drives a Ferrari To Grand Prix West Victory, New York Times, 29 de marzo de 1976, Page 52.
- ↑ Lauda to Start on Pole Today, New York Times, 30 de maio de 1976, Page 129.
- ↑ Lauda Triumphs Again in Monaco Grand Prix, New York Times, 31 de maio de 1976, Page 24.
- ↑ Hunt Winner as Ferraris Fall Out, Los Angeles Times, 5 de xullo de 1976, Page D8.
- ↑ Canadian Race Taken By Hunt, Los Angeles Times, 4 de outubro de 1976, Page D7.
- ↑ Hunt, Andretti Both Win In Fog, Los Angeles Times, 25 de outubro de 1976, Page D7.
- ↑ Reutemann Ferrari Wins Brazil Race, Los Angeles Times, 24 January 1977, Page E7.
- ↑ Lauda's Switch Sparks Shuffle, Los Angeles Times, 9 de decembro de 1977, Page OC15.
- ↑ Andretti Wins Shortened Argentine Grand Prix, Los Angeles Times, 16 de xaneiro de 1978, Page D14.
- ↑ Peterson Wins South Africa Race on Last Turn of Last Lap, Los Angeles Times, 5 de marzo de 1978, Page C6.
- ↑ It's A Big Day for Reutemann and Long Beach, Los Angeles Times, 3 de abril de 1978, Page D1.
- ↑ Depailler Scores First Grand Prix Win, Los Angeles Times, 8 de maio de 1978, Page E5.
- ↑ Andretti Sets Some High Goals, Los Angeles Times, 18 de xaneiro de 1979, Page D11.
- ↑ Ligier setting GP world on its ear, Los Angeles Times, 2 de abril de 1979, Page H14.
- ↑ "Capsule look at Formula One series action so far this year", Los Angeles Times, 2 de abril de 1979, Page H27.
- ↑ Laffite Two for Two With Victory in Brazil, Los Angeles Times, 5 de febreiro de 1979, Page D5.
- ↑ A Tire Gamble Gives Canada's Villeneuve Win, Los Angeles Times, 4 de marzo de 1979, páxina E8.
- ↑ Depailler Wins Spanish Grand Prix, The Washington Post, 30 de abril de 1979, Page D6.
- ↑ Motor Sports, The Washington Post, 24 de xuño de 1979, páxina A1.
- ↑ 32,0 32,1 Depailler Dies In Accident, Washington Post, 2 August 1980, Page C4.
- ↑ Depailler Resigned To Sideline Status, The Washington Post, 30 de agosto de 1979, páxina C13.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrick Depailler |