Paulo II, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Paulo II, nado como Pietro Barbo en Venecia o 23 de febreiro de 1417 e finado en Roma o 26 de xullo de 1471, foi o Papa n.º 211 da Igrexa católica entre 1464 e 1471.
Orixe e formación
editarIniciou a súa carreira eclesiástica co nomeamento do seu tío como o Papa Uxío IV, o que lle permitiu unha rápida promoción, pasando de arquidiácono en Boloña a bispo de Cervia e Vicencia, e finalmente, en 1440, cardeal.
Papado
editarFoi elixido pontífice de xeito unánime o 30 de agosto de 1464. Prestou xuramento comprometéndose a abolir o nepotismo imperante na Curia, a mellorar a moral no Vaticano, a batallar contra o Imperio Otomán e a reunir un concilio ecuménico antes de tres anos. Porén, os termos dese xuramento foron modificados por Paulo paulatinamente ao longo do pontificado, o que lle valeu a perda de confianza do colexio cardinalicio.
Quixo utilizar o nome de Formoso II ("Fermoso" en latín), xa que estaba completamente convencido da súa beleza, pero os cardeais convencérono para que deixase a súa vaidade, e optou polo nome de Paulo.
En 1466, intentando desfacerse dos servizos duplicados no Vaticano, procedeu a pechar o colexio de compendiadores que se encargaba de redactar os documentos papais, o que provocou unha vaga de indignación entre os poetas e retóricos da cidade que eran os que prestaban tales servizos. O poeta Platina foi encarcerado tras escribir unha carta ameazante ao Papa, e se ben foi posteriormente liberado, foi novamente encarcerado ao ano seguinte acusadon de conspirar contra o pontífice, sendo torturado xunto a outros compendiadores. En vinganza, Platina escribiu Vitae pontificum, unha biografía moi negativa de Paulo II.
O cronista Stefano Infessura presentou a Paulo II como oposto aos humanistas, amante do esplendor e das diversións populares como o entroido, que introduciu en Roma. Non obstante, cómpre ter en conta que o cronista, polo seu pensamento republicano e contrario ao papado, supón unha fonte de información pouco imparcial.
Porén, hai que recoñecer ao Papa o seu estrito sentido de equidade, as súas reformas na administración municipal, e a súa loita contra os subornos oficiais no seo da Igrexa.
Paulo II estableceu durante o seu pontificado a celebración do xubileu cada vinte e cinco anos, e intentou infrutuosamente organizar unha cruzada contra o Imperio Otomán.
As profecías de San Malaquías refírense a el como De cervo et leone (do cervo e o león), facendo referencia a que antes de ser elixido pontífice foi bispo de Cervie e cardeal de San Marcos, que ten por símbolo un león, e a que no seu escudo de armas aparece así mesmo un león.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paulo II, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |