Paulus Edward Pieris Deraniyagala
Paulus ou Paul Edward Pieris Deraniyagala, nado en 1900 en Colombo e finado en 1976, foi un paleontólogo, zoólogo e artista srilankés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Colombo |
Morte | 1976 Colombo (Sri Lanka) |
País de nacionalidade | británica e esrilanquesa |
Educación | Universidade de Cambridge, Universidade Harvard |
Actividade | |
Ocupación | paleontólogo, zoólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Deraniyagala |
Familia | |
Fillos | Siran Upendra |
Pais | Paul Edward Pieris e Hilda Obeyesekere Pieris |
Irmáns | Justin, Miriam |
Premios | |
Traxectoria
editarFamilia e formación
editarPieris Deraniyagala naceu en Colombo, e era fillo de Sir Paul Edward Pieris, funcionario e erudito, e de Lady Hilda Obeyesekere Pieris. Tiña un irmán máis novo, o pintor Justin Pieris Deraniyagala e unha irmá, Miriam Pieris Deraniyagala, actriz de teatro. [Cómpre referencia]
Fixo os seus estudos primarios e secundarios no S. Thomas' College, de Mount Lavinia, Colombo. Traladouse ao Reino Unido para estudar no Trinity College de Cambridge, onde obtivo un BA (Bachelor of Arts) en 1922 e un MA (Mestrado en Artes) en 1923. Despois ingresou na Universidade Harvard durante un ano, onde recibiu o MA en 1924.[Cómpre referencia]
Carreira
editarP. E. Pieris Deraniyagala especializouse en fauna e en fósiles humanos do subcontinente Indio. De 1939 a 1963 foi o director do Museo Nacional de Ceilán, e de 1961 a 1964 foi decano da Facultade de Artes da Universidade Vidyodaya, situada en Gangodawila, Nugegoda, preto de Sri Jayawardenapura-Kotte, a capital do país.
Describiu varios fósiles e propuxo nomes científicos para especies e subespecies, con varios agora identificados como dubidosos, entre elas:
- Rhinoceros sinhaleyus, en 1936, para un rinoceronte extinto encntrado no distrito de Ratnapura.[1]
- Hexaprotodon sinhaleyus, en 1937, pata un hipopótamo extinto.[2]
- Leo leo sinhaleyus, en 1939, unha subespecie de león.[1] Porén, a información sobre os dentes non é suficiente para determinar se difiere doutras subespecies.[3]
- Panthera tigris sudanensis, en 1951, baseándose nunha pel de tigre que viu nun bazar do Cairo. Cando preguntou ao propietario da tenda pola orixe deste exemplar, díxolle que o animal fora cazado no Sudán.[4] Vratislav Mazák pensou que é probable que a pel fose levada de contrabando de Irán ou Turquía a Exipto e comentou "a situación é medio humorística, medio irónica".[5]
- Elephas maximus sondaicus, en 1955, un elefante extinto da illa de Xava, baseándose nunha ilustración dunha talla no monumento budista de Borobudur en Xava,[6] tomada da revista National Geographic.[7] Considérase un sinónimo do elefante indio (E. m. indicus).[8]
Durante as súas viaxes á China, estudou o aligátor da China, e publicou un novo nome de xénero. No campo científico da herpetoloxía describiu moitas novas especies de lagartos e serpes.[9]
Exerceu como presidente da filial de Ceilán da Royal Asiatic Society desde 1952 a 1955.[10]
Epónimos
editarNa honra de Deraniyagala foron nomeadas tres especies de réptiles de Sri Lanka:[11]
- Aspidura deraniyagalae,
- Lankascincus deraniyagalae, e
- Nessia deraniyagalai.
Vida Familiar
editarCasou con Prini Molamure. Tiveron un fillo, Siran Upendra Deraniyagala, que é un famoso científico, especializado en arqueoloxía.[Cómpre referencia]
Abreviaturas
editarAs abreviaturas Deraniyagala e P. E. P. Deraniyagala empréganse pare recoñecer a Paulus Edward Pieris Deraniyagala como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Deraniyagala, P. E. P. (1939). "Some fossil animals from Ceylon, Part II". Journal of the Ceylon Branch of the Royal Asiatic Society of Great Britain and Ireland 34: 231–239.
- ↑ Deraniyagala, P. E. P. (1963). "Some mammals of the extinct Ratnapura Fauna of Ceylon Part V, with reconstructions of the hippopotamus and the gaur". Spolia Zeylanica 30: 5–25.
- ↑ Manamendra-Arachchi, K.; Pethiyagoda, R.; Dissanayake, R.; Meegaskumbura, M. (2005). "A second extinct big cat from the late Quaternary of Sri Lanka". The Raffles Bulletin of Zoology. Supplement No. 12: 423–434.
- ↑ Deraniyalaga, P. E. P. (1951). "Does the tiger inhabit the Sudan?". Spolia Zeylanica 26: 159.
- ↑ Mazák, V. (1980). Velké kočky a gepardi. Praha: Státní zemědělské nakladatelství.
- ↑ Deraniyagala, P. E. P. (1955). Some Extinct Elephants, Their Relatives and the Two Living Species. Colombo: Ceylon Natural History Museum.
- ↑ Cranbrook, E.; Payne, J. & Leh, C. M. U. (2008): "Origin of the elephants Elephas maximus L. of Borneo" (PDF). Sarawak Museum Journal.
- ↑ Elephas maximus indicus Cuvier, 1798 no MSW.
- ↑ "Deraniyagala". En The Reptile Database. www.reptile-database.org.
- ↑ "Past Presidents". Royal Asiatic Society of Sri Lanka. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Deraniyagala", p. 70).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- India - Sri Lanka: Search for a common past Arquivado 06 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés). Trátanse os traballos do doutor Paul E. P. Deraniyagala e do seu fillo, incluídos dous debuxos do primeiro.