Peón (viandante)
Un peón/peoa[1] ou viandante[2] é unha persoa desprazándose a pé, ben camiñando ou correndo. En tempos recentes, o termo refírese principalmente a quen camiña sobre unha estrada, camiño ou beirarrúa, aínda que non sempre foi así.
Saúde e contorna
editarCamiñar frecuentemente é moi importante tanto para a saúde das persoas como para o medio ambiente. Como exercicio regular, pode previr a obesidade e problemas médicos relacionados. O estendido hábito de desprazarse en automóbil ata para traxectos curtos contribúe significantemente a agravar eses problemas de saúde, así como ao cambio climático, que se crea debido en gran parte ás emisións dos vehículos a motor de combustión interna, extremadamente ineficientes durante os primeiros minutos de funcionamento. A dispoñibilidade de transporte público incita a camiñar, posto que en xeral o devandito transporte non conduce directamente ao noso destino.
Rúas e estradas
editarHoxe en día, especialmente nas zonas urbanas, as rúas e estradas contan cunha zona destinada ao tráfico pedestre, chamada beirarrúa. Tamén existen zonas destinadas ao tráfico de peóns que non están ligadas a estradas. Se están en zonas silvestres ou montañosas, adoitan chamarse carreiros, e nalgúns destes os peóns comparten a vía con ciclistas e xinetas. Algunhas rúas son denominadas peonís, e están reservadas para uso exclusivamente pedestre. Son máis frecuentes en zonas comerciais ou turísticas.
Peonalización
editarNos Estados Unidos estanse levando a cabo esforzos por parte de grupos activistas para recuperar o uso pedestre das novas construcións, das cales do 20 ao 30 por cento non conta con beirarrúas. Moitos urbanistas obvian as virtudes das rúas peonís en zonas urbanas. En numerosas cidades do devandito país non hai sequera iluminación pública, coa escusa de que os automóbiles contan coa súa propia iluminación. Unha notable excepción é Nova York, a única cidade estadounidense na que máis da metade das familias non teñen coche, chegando ao 75% no caso de Manhattan, o que contrasta co 8% de media nacional. [1]).
En cambio, o tráfico pedestre é a opción preferida por gobernos e poboación en moitas partes da Unión Europea, e dedícaselle especial atención á separación de vías para tráfico rodado e peonil, xunto coa existencia de desenvolvidas redes de transporte público. En Copenhague, a maior zona comercial pedestre do mundo, o Strøget, foi desenvolvido durante os últimos 40 anos principalmente grazas ao traballo do arquitecto danés Jan Gehl.
Outros usos
editarA palabra "pedestre" úsase tamén como metáfora de algo pouco imaxinativo, ou ordinario. Isto débese ao contraste da figura do peón coa do xinete, e as tradicionais implicacións sociais de devandita diferenza.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Peón |
- Ultramaratones (en inglés)
- Primeiros peóns en EEUU (en inglés)
- Grupos activistas prol-peonalización en EEUU (en inglés)
- Grupo activista prol-peonalización en RU (en inglés)
- Alternativas de transporte: Activismo pedestre (en inglés)
- América Camiña (en inglés)
- ↑ "peón". TERGAL. Consultado o 21/11/2019.
- ↑ "viandante". TERGAL. Consultado o 21/11/2019.