O pecíolo (do latín "petiolus", forma diminutiva de "pes" "pedis", pé, tronco dunha planta) é o rabiño que une a lámina dunha folla á súa base foliar ou ao talo. Falta nas follas sésiles e pode ser unha característica determinante para a identificación da planta.

Características

editar

O pecíolo desenvólvese na fase xerminativa da plántula, no tecido embrionario chamado hipocotilo. Do alongamento do hipocotilo xorde o cotiledón ou plúmula (tecido precursor da folla) e o terminal ou meristema apical. As células externas diferéncianse e maduran converténdose nunha capa epidérmica. Algunhas das células interiores convértense en colénquimas, proporcionando o sostén ó xove pecíolo. Os grupos de células alongadas forman as hebras provasculares. O resto do pecíolo está composto por células parenquimáticas situadas entre a epiderme e os feixes provasculares formando o córtex, xunto coas situadas dentro destes feixes, que forman a medula.

 
Cnicus benedictus

O parénquima que irradia entre os precursores dous feixes vasculares forma os chamados raios de medula.

Estes tecidos son os predecesores do tecido peciolar maduro e definen as funcións básicas do pecíolo:

  • Mantemento estrutural.
  • Engrosamento e elongación.
  • Transporte de fluídos entre o talo e a lámina ou limbo foliar.
  NODES
todo 1