Pedro Berruguete
pintor español
Pedro Berruguete, nado en 1450 en Paredes de Nava, Palencia, e finado en 1504, foi un pintor castelán cuxa arte se considera un estilo de transición entre a arte gótica e a do Renacemento.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1450 (Gregoriano) Paredes de Nava, España |
Morte | 1504 (Gregoriano) (53/54 anos) Ávila, España |
Pintor de cámara | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Urbino Burgos Toledo Ávila Palencia Segovia |
Ocupación | pintor |
Movemento | Renacemento |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | Alonso Berruguete |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Traxectoria
editarNado en Pareces de Nava, marchou á Italia aos trinta anos, en 1480, e traballou na corte de Federico da Montefeltro en Urbino. Regresou á Península Ibérica dous anos despois, en 1482, e pintou en varias cidades como Sevilla, Toledo ou Ávila.
Varios autores considérano o primeiro pintor renacentista da Coroa de Castela.[1]
Familia
editarFoi pai de Alonso Berruguete, considerado un dos escultores peninsulares máis importantes do Renacemento hispánico.[2]
Notas
editar- ↑ Silva, Pilar (2003). Pedro Berruguete: El Primer Pintor Renacentista De La Corona De Castilla: Iglesia De Santa Eulalia, Paredes De Nava (Palencia), Del 4 De Abril Al 8 De Junio De 2003. p. 36.
- ↑ "CATHOLIC ENCYCLOPEDIA: Alonso Berruguete". www.newadvent.org. Consultado o 2024-10-31.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Berruguete |
----
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |