Pedro Rodríguez de la Vega
Pedro Rodríguez de la Vega nado en Cidade de México o 18 de xaneiro de 1940 e finado en Núremberg (Alemaña) o 11 de xullo de 1971, foi un piloto de automobilismo mexicano. Xunto co seu irmán máis novo Ricardo, dous anos menor, correu con bicicletas e motocicletas na súa adolescencia e chegou a ser campión mexicano de motos aos 13 anos en 1953 repetindo en 1954 e de aí saltou ao automobilismo de velocidade.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pedro Rodríguez De la Vega 18 de xaneiro de 1940 Cidade de México |
Morte | 11 de xullo de 1971 (31 anos) Norisring, Alemaña |
Lugar de sepultura | Spanish Cemetery (en) |
Educación | Western Military Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Irmáns | Ricardo Rodríguez de la Vega |
Traxectoria
editarO seu pai Pedro, impulsou coa súa fortuna persoal á internacionalización dos seus fillos comprando ou alugando automóbiles como OSCA, Porsche ou Ferrari en competicións do mundial de Sport Prototipos. En 1957 debutou internacionalmente nun Ferrari 500TR en Nassau, Bahamas.
En 1958 intentou inscribirse xunto con Ricardo nas 24 Horas de Le Mans en Francia nun Ferrari 500 TR-58. O regulamento impediu correr a Ricardo, pero Pedro correu con José Behra, irmán do famoso Jean Behra. Ambos irmáns regresaron en 1959 e correron cun pequeno OSCA 750; aínda que non puideron terminar, a partir de aí, Pedro correría cada ano ata 1971, 14 anos consecutivos. En 1968 finalmente Pedro gañou a competición a bordo dun Ford GT40 Mk. I, do equipo JW-Gulf, acompañado polo belga Lucien Bianchi.
Frecuentemente correu para o expiloto e importador de Ferrari nos Estados Unidos, o North American Racing Team (NART), de Luigi Chinetti, con quen mantería unha relación ata a súa morte.
O 1 de novembro de 1962 o seu irmán máis novo Ricardo morreu nun horrible accidente durante o primeiro día de prácticas do Gran Premio de México e Pedro considerou a súa retirada das carreiras.[1] Con todo, en 1963 e 1964 gañou o Daytona International Speedway e tomou parte nos seus primeiros Grandes Premios en Estados Unidos e México, pilotando un Lotus.
Seguiu competindo esporadicamente en Fórmula 1 (F1) ata 1966 con Ferrari e Lotus. En 1967, na súa novena carreira, gañou a carreira de apertura da tempada sobre un Cooper-Maserati no Gran Premio de Suráfrica, no circuíto de Kyalami.[2] Para dita tempada de 1967, Rodríguez foi contratado por Roy Salvadori como o número 2 do futuro campión do mundo de 1970, Jochen Rindt, pero nese ano Pedro sempre estivo por diante do austriaco, que pilotaba os autos máis modernos do equipo o T81B e o T86 mentres que o mexicano era relegado ao vello pero confiable T81.
Seguiu correndo en F1 nun BRM en 1968, co equipo privado de Reg Parnell-BRM co BRM P133. No GP de Francia consegue a súa única volta rápida en F1.[3]
Únese a Ferrari en 1969, e regresou a BRM na tempada 1970 co chasis P-153. No GP de Bélxica de 1970 Pedro gañou a súa segunda carreira de F1 con apenas 1,1 segundos de vantaxe sobre Chris Amon de March a unha media de velocidade de 252,951 km/h,[4] a máis alta rexistrado na historia da F1, o podio pechouno Jean Pierre Beltoise nun Matra.[5] Para o GP dos Estados Unidos, Rodríguez xa saboreaba os meles do triunfo pero un erro nos boxes cun mal cálculo do consumo de combustible relegouno ao segundo posto, o lugar máis alto do podio correspondeu a Emerson Fittipaldi e a fabulosa bolsa para a época de 50.000 dólares.[6]
Na tempada de 1971 seguiu correndo para BRM co novo P-160, pero só as primeiras catro carreiras, sendo a mellor a do GP de Holanda, onde quedou en segundo lugar só detrás de Jacky Ickx. Estes dous pilotos, mestres de pistas molladas, dobraron a todos os seus rivais baixo unha forte choiva.[7]
Tamén gañaría dúas veces máis nas 24 Horas de Daytona de 1970 e 1971,[8] cun total de catro triunfos, só por baixo de Hurley Haywood e Scott Pruett que conseguiron 5 vitorias.
Morte
editarCando o seu nome xa soaba entre os máis grandes de todos os tempos, Pedro Rodríguez morreu o 11 de xullo de 1971 nas 200 millas de Norisring, unha carreira pouco importante de Interserie en Núremberg, Alemaña debido a un accidente provocado por Kurt Hild, quen circulaba lentamente e cambiou de dirección intempestivamente, o mexicano conducía un Ferrari 512M do equipo suízo Herbert Müller Racing, seu amigo e compañeiro na Targa Florio dese ano, na que quedaron en segundo lugar. Os seus restos descansan xunto cos de Ricardo no Panteón Español da Cidade de México.[9]
Legado
editarPedro Rodríguez era o mellor piloto da súa xeración en choiva e de noite, tras moitos anos de correr con Ferrari en autos Sport, en 1970 asinou co equipo JW-Gulf-Porsche, co cal logrou o campionato mundial dous anos consecutivos ao mando do fabuloso, pero de difícil manexo, Porsche 917[10] considerado un dos mellores automóbiles de prototipos do século XX.[11][12] Converteuse nun dos pilotos máis completos ao correr en F1, CanAm, NASCAR e rallies e ata foi campión norteamericano de carreiras sobre xeo en 1970 cando o Alaska Sports Car Club invitouno á carreira de febreiro en Sand Lake Anchorage.
Vida persoal
editarPedro foi o primoxénito do matrimonio de Pedro Natalio Rodríguez Quijada e Conchita de la Vega Gorráez, tivo catro irmáns Federico, Ricardo, Conchita e Alejandro. Á idade de 15 anos o seu pai enviouno durante dous anos escolares (1955-57), á Western Military Academy en Alton, Illinois para aprender inglés e para ser máis disciplinado.[13]
Amaba correr, pero tamén gozaba da boa roupa, a música, as festas e a boa comida, sempre viaxaba cunha botella de salsa Tabasco por se non atopaba chiles para sazonar a súa comida.[14] Estaba casado con Angelina Dammy en México desde 1961, pero nos últimos anos tiña unha noiva, Glenda Foreman, coa cal vivía en Bray, Berkshire pero non tivo descendencia. Era amigo do ex Beatle Ringo Starr.
Non lle gustaba conducir no tráfico urbano, dicía que era demasiado perigoso polo que utilizaba un chofer. Pedro sempre viaxaba cunha bandeira mexicana e un disco co himno nacional porque cando gañou o GP de Suráfrica de 1967, os organizadores non tiñan o himno de México.[15] Do mesmo xeito que Ricardo era amigo próximo de Jo Ramírez.
Recoñecementos
editarA primeira curva do circuíto de Daytona leva o seu nome na súa honra. O circuíto Magdalena Mixiuhca da Cidade de México, sede da F1, Champ Car, NASCAR México e outras series, foi renomeado en 1973 como Autódromo Hermanos Rodríguez, en honor a el e o seu irmán Ricardo. En xullo de 2006, 35 anos logo da súa morte, foi colocada unha placa de bronce no lugar do seu accidente en Núremberg, un esforzo conxunto da Scudería Rodríguez A.C., (a fundación de amigos e familia), e as autoridades da cidade alemá.[16] A Scuderia conserva viva a súa memoria e a do seu irmán, mantén os seus arquivos e o Rexistro Rodríguez de obxectos de recordos e automóbiles dos irmáns, certificándoos. O seu secretario xeral, Carlos Jalife, publicou a biografía Os Irmáns Rodríguez en 2006, traducido ao inglés en 2009 e gañador do Libro do Ano do Motor Press Guild.[17]
Palmarés
editarResultados no Campionato Mundial de Fórmula 1
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Pedro Rodríguez en Ferrari
editarAno | Carreira | Equipo | Auto | Pos. | Copiloto |
1957 | Nassau Trophy | N.A.R.T. | 500 TR | Ret. | Só |
1957 | Gobernor´s Trophy | N.A.R.T. | 500 TR | 9 | Só |
1958 | 24 Horas de Le Mans | N.A.R.T. | 500 TR | 5 | José Behra |
1958 | Gobernor´s Trophy | N.A.R.T. | TR 58 | 4 | Só |
1958 | Ferrari Classic | N.A.R.T. | TR58 | 2 | Só |
1958 | Nassau Trophy | N.A.R.T. | TR 58 | 2 | Só |
1959 | II Circuito del Moral | N.A.R.T. | TR 58 | 2 | Só |
1959 | 12 Horas de Sebring | N.A.R.T. | TR58 | Ab | Paul O'Shea |
1959 | 1000 Km de Daytona | N.A.R.T. | TR58 | Non arrincou | |
1959 | VII Circuíto Avandaro | N.A.R.T. | 58TR | 8 | Só |
1959 | Kiwanis GP Riverside | N.A.R.T. | 250 TR | Ab | Só |
1959 | Gobernor´s Trophy | N.A.R.T. | TR59 | 3 | Só |
1959 | Nassau Trophy | N.A.R.T. | TR59 | 13 | Só |
1960 | GP de Cuba | N.A.R.T. | TR59 | 2 | Só |
1960 | 12 Horas de Seabring | N.A.R.T. | Dino 196S | Ret. | Ricardo Rodríguez |
1960 | Targa Florio | N.A.R.T. | Dino 196S | 7/1 Sport-2 | Ricardo Rodríguez |
1960 | 1000 Km de Nürburgring | N.A.R.T. | Dino 196S | Ret. | Ricardo Rodríguez |
1960 | 24 Horas de Le Mans | N.A.R.T. | TRI60 | Ret. | Ludovico Scarfiotti |
1960 | Gobernor's Trophy | N.A.R.T. | TR59/60 | Ret. | Só |
1960 | Nassau Trophy | N.A.R.T. | TR59/60 | 2 | Ricardo Rodríguez |
1961 | 12 Horas de Seabring | N.A.R.T. | TR59/60 | 3 | Ricardo Rodríguez |
1961 | 1000 Km de Nürburgring | N.A.R.T. | TRI/60 | 2 | Ricardo Rodríguez |
1961 | 24 Horas de Le Mans | N.A.R.T. | TRI/61 | Ret. | Ricardo Rodríguez |
1961 | I GP Independencia | 250 GT Cal | 1 | Só | |
1961 | GP Canada Sport | N.A.R.T. | TRI/61 | 2 | Só |
1961 | 1000 Km de Montlhéry | N.A.R.T. | 250 GT SWB | 1 | Ricardo Rodríguez |
1961 | Governor's Trophy | N.A.R.T. | TRI/61 | 1 | Só |
1961 | Nasseau Trophy | N.A.R.T. | TRI/61 | 3 | Só |
1962 | 12 Horas de Seabring | N.A.R.T. | 246 SP | Ret. | Ricardo Rodríguez |
1962 | 12 Horas de Seabring | N.A.R.T. | Dino 246S | Ret. | Grossman x Connell |
1962 | 1000 Km de Nürburgring | N.A.R.T. | 268 SP | 2 | Ricardo Rodríguez |
1962 | 24 Horas de Le Mans | SpA Ferrari SEFAC | 246 SP | Ret. | Ricardo Rodríguez |
1962 | Double 400 Bridgehampton | N.A.R.T. | 330 TRI/LM | 1 | Só |
1962 | GP Canada Sport | N.A.R.T. | 330 TRI/LM | 2 | Só |
1962 | 1000 Km de Montlhéry | N.A.R.T. | 250 GTO | 1 | Ricardo Rodríguez |
1963 | Continntal 3 Horas de Daytona | N.A.R.T. | 250 GTO | 1 | Só |
1963 | 12 Horas de Seabring | N.A.R.T. | 330 TRI/LM | 3 | Graham Hill |
1963 | 24 Horas de Le Mans | N.A.R.T. | 330 TRI/LM | Ret. | Roger Penske |
1963 | Gobernor's Tophy | N.A.R.T. | 250 P | 2 | Só |
1963 | Nasseau Trophy | N.A.R.T. | 250 P | 2 | Só |
1964 | CC 250 M Daytona | N.A.R.T. | 250 LM | Ret. | Só |
1964 | Continental 2000 Km Daytona | N.A.R.T. | 250 GTO | 1 | Phil Hill |
1964 | 12 Horas de Seabring | N.A.R.T. | 330 P | Ret | John Fulp |
12 Horas de Seabring | 250 GTO | 7 | Piper/xGammino | ||
1964 | 24 Horas de Le Mans | N.A.R.T. | 330 P | Ret. | S Hudson |
1964 | 12 Horas de Reims | N.A.R.T. | 250 GTO | 11 | Nino Vacarella |
1964 | Player's Quebec | N.A.R.T. | 275 P | 1 | Só |
1964 | Double 500 Bridgehamston | N.A.R.T. | 275 P | 2 | Só |
1964 | GP Canada Sport | N.A.R.T. | 330 P | 1 | Só |
1964 | 1000 Km de Montlhéry | N.A.R.T. | 250 GTO | 2 | Jo Schlesser |
1964 | GT+22 Oakes Field | N.A.R.T. | 250 GTO | 7/1 clase | Só |
1964 | Nassau Tourist Trophy | N.A.R.T. | 250 GTO | 6/1 clase | Só |
1964 | Governor's Trophy | N.A.R.T. | 330 P | 4/1 clase | Só |
1964 | Nassau Thophy | N.A.R.T. | 330 GTO | 3/2 clase | Só |
1965 | Continental 2000 Km Daytona | N.A.R.T. | 330 P2 | Ret. | John Surtees |
Continental 2000 Km Daytona | N.A.R.T. | 275 P | Ret | Hansgen x | |
1965 | 12 Horas de Seabring | N.A.R.T. | 330 P | Ret. | Graham Hill |
1965 | 24 Horas de Le Mans | N.A.R.T. | 365 P2 | 7/1 clase | Nino Vacarella |
1965 | 12 Horas de Reims | N.A.R.T. | 365 P2 | 1 | Jean Guichet |
1965 | Double 500 Bridghamston | N.A.R.T. | 250 GTO | 2/1 clase | Só |
1965 | GP Canada Sport | N.A.R.T. | 365 P2 | 3 | Só |
1966 | 24 Horas de Daytona | N.A.R.T. | 365 P2 | 4 | Mario Andretti |
1966 | 12 Horas de Seabring | N.A.R.T. | 365 P2 | Ret. | Mario Andretti |
1966 | 1000 Km de Nürburgring | N.A.R.T. | Dino 206 S | 3 | Richie Ginther |
1966 | 24 Horas de Le Mans | N.A.R.T. | 330 P3 | Ret. | Richie Ginther |
1966 | 200 M Bridgehamton | N.A.R.T. | Dino 206 S | Ret. | Só |
1966 | 200 M Laguna Seca | N.A.R.T. | Dino 206 S | 18 | Só |
1966 | Governor's Trophy | N.A.R.T. | 275 GTB/C | 7/1 clase | Só |
1966 | Nassau Trophy | N.A.R.T. | Dino 206 S | 7/1 clase | Só |
1967 | 24 Horas de Daytona | N.A.R.T. | 412 P | 3 | Jean Guichet |
1967 | 12 Horas de Seabring | N.A.R.T. | 206 S | Ret. | Jean Guichet |
1967 | 1000 Km de Monza | N.A.R.T. | 412 P | Ret. | Jean Guichet |
1967 | 24 Horas de Le Mans | N.A.R.T. | 412 P | Ret. | Giancarlo Baghetti |
1967 | 12 Horas de Reims | N.A.R.T. | Dino 206 S | Ret. | Jean Guichet |
1968 | 24 Horas de Daytona | N.A.R.T. | Dino 206 S | Ret. | Kold |
1968 | GP de Brands Hatch | N.A.R.T. | 275 ML | 5 | Pierpoint |
1969 | 12 Horas de Seabring | N.A.R.T. | 330 P3 | Ret. | Parsons |
1969 | 6 Horas de Brands Hatch | N.A.R.T. | 312 P | 4 | Chris Amon |
1969 | 1000 Km de Monza | N.A.R.T. | 312 P | Ret. | Schetty |
1969 | 1000 km de Spa | N.A.R.T. | 312 P | 2 | David Piper |
1969 | 1000 Km de Nürbugring | N.A.R.T. | 312 P | 5 | Chris Amon |
1969 | 24 Horas de Le Mans | N.A.R.T. | 312 P | Ab | David Piper |
1969 | 200 M Bridgehamton | N.A.R.T. | 312 P | 5 | Só |
1970 | 200 M Mid Ohio | N.A.R.T. | 512 S | 11 | Só |
1970 | 200 M Elkhart Lake | N.A.R.T. | 512 P | 7 | Só |
1971 | 200 M Norisring | Privado | 512 M | Falece | Só |
Pedro Rodríguez en Porsche
editarPedro Rodríguez nas 24 Horas de Le Mans
editarAno | Equipo | Nº | Auto | Cat. | Compañeiro | Lugar de saída | Voltas | Resultado |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Motor | Horas | |||||||
North American Racing Team | Ferrari 500 TR58 | S 2.0 | José Behra | (Enfriamento) | ||||
Ferrari 2.0 L4 | ||||||||
OSCA Automobili | OSCA Sport 750TN | S 750 | Ricardo Rodríguez | (Bomba de auga) | ||||
OSCA 0.7L L4 | ||||||||
Scuderia Ferrari SpA | Ferrari 250 TRI/60 | S 3.0 | Ludovico Scarfiotti | (Combustible) | ||||
Ferrari 3.0L V12 | ||||||||
North American Racing Team | Ferrari 250 TRI/61 | S 3.0 | Ricardo Rodríguez | (Motor) | ||||
Ferrari 3.0L V12 | ||||||||
SpA Ferrari SEFAC | Ferrari Dino 246 SP | E 3.0 | Ricardo Rodríguez | (Caixa de cambios) | ||||
Ferrari 2.4L V6 | ||||||||
North American Racing Team | Ferrari 330 TRI/LM | P +3.0 | Roger Penske | (Accidente) | ||||
Ferrari 4.0L V12 | ||||||||
North American Racing Team | Ferrari 330 P | P 5.0 | Skip Hudson | (Motor) | ||||
Ferrari 4.0 L V12 | ||||||||
North American Racing Team | Ferrari 365 P2/P1 | P 5.0 | Nino Vaccarella | |||||
Ferrari 4.4 L V12 | ||||||||
North American Racing Team | Ferrari 330 P3 Spyder | P 5.0 | Richie Ginther | (Caixa de cambios) | ||||
Ferrari 4.0 L V12 | ||||||||
North American Racing Team | Ferrari 330 P3 | P 5.0 | Giancarlo Baghetti | (Pistóns) | ||||
Ferrari 4.0 L V12 | ||||||||
John Wyer Automotive Engineering | Ford GT40 Mk I | S 5.0 | Lucien Bianchi | |||||
Ford 4.9 L V8 | ||||||||
SpA Ferrari SEFAC | Ferrari 312 P Coupé | P 3.0 | David Piper | (Fuga de aceite) | ||||
Ferrari 3.0 L V12 | ||||||||
John Wyer Automotive Engineering | Porsche 917K | S 5.0 | Leo Kinnunen | (Motor) | ||||
Porsche 4.9 L Box 12 | ||||||||
John Wyer Automotive Engineering | Porsche 917L | S 5.0 | Jackie Oliver | (Fuga de aceite) | ||||
Porsche 4.9 L Box 12 |
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de abril de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de abril de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 20 de abril de 2013.
- ↑ Libro: Los Hermanos Rodríguez. 2006, p. 503
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de abril de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de abril de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2010. Consultado o 20 de abril de 2013.
- ↑ http://www.porsche917.com.ar/xhistoria1971_2.htm
- ↑ http://www.porsche917.com.ar/pilotrodrig04.htm
- ↑ Libro: Los Hermanos Rodríguez. 2006, Pág. 575
- ↑ http://www.porsche917.com.ar/xhistoria1970_1.htm
- ↑ http://www.porsche917.com.ar/xhistoria1971_1.htm
- ↑ Libro: Los Hermanos Rodríguez, 2006. Págs. 45-46
- ↑ Libro: Los Hermanos Rodríguez, 2006. Pág. 557
- ↑ Libro: Los Hermanos Rodríguez, 2006. Pág. 381
- ↑ http://www.grandprix.com/ns/ns17174.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2013. Consultado o 20 de abril de 2013.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Rodríguez de la Vega |