Peer Gynt (Grieg)

Peer Gynt son dúas suites compostas por Edvard Grieg en 1874 baseadas na súa propia música de escena para o obra de teatro Peer Gynt, do dramaturgo noruegués Henrik Ibsen. Dos 22 números, Edvard Grieg escolleu oito, arranxándoas e reorquestrándoas para a orquestra sinfónica.

No 1874 o goberno noruegués concedeulle a Grieg un pago anual de 1.600 coroas. Grazas a isto, o compositor dispuxo de liberdade económica para poder centrarse nos seus propios proxectos. Este feito aconteceu xusto no ano, en que Ibsen comezaba a traballar na adaptación ó teatro da súa obra literaria Peer Gynt. Ibsen encargou a Grieg os arranxos musicais para a obra de teatro. O propio Grieg recoñeceu a dificultade de musicar a obra de Ibsen en diversas cartas na segunda metade do 1874 e no 1875. Mais finalmente a primeira representación foi o 24 de febreiro de 1876, no teatro Christiania; ó que non pudieron asistir nin o autor nin o compositor. A obra foi un éxito total acadando as 37 representacións, antes de que un lume destruirá os decorados e os vestiarios. No 1885 foi representada en Copenhagen e no 1892 e 1902 outra vez en Christiania. Para cada unha das novas representacións, Grieg revisou e modificou o acompañamento musical. Así no 1891 engadiu a segunda Suite. Sendo publicada a versión final no 1908. A obra musical acadou sona internacional e boas críticas.[1]

Suite núm. 1

editar

A Suite núm. 1 op. 46, foi escrita en 1888. A estrutura é a seguinte (entre paréntese, a indicación metronómica):

  1. A mañá (Morgenstemning). A liña melódica exposta para a frauta, á cal lle segue o óboe, completados un e outro pola corda, máis un crescendo que evoca realmente o amencer, pertence ó episodio marroquí da peza. É un Allegro pastoral, na tonalidade de mi maior, en compás 6/8 (negra con punto=60)
  2. A morte de Åse (Åses død), describe o intre da morte de Ase, a nai de Peer; intenso e contido laio da corda, un Andante doloroso, que se debuxa cun tempo lento en si menor, no que a repetición das tres notas da queixa cumpre unha función descritiva, ó compás 4/4 (negra=50).
  3. Danza de Anitra (Anitras Dans), tamén pertence ó episodio de Marrocos, cando a rapaza, Anitra, pretende seducir a Peer, ó cal os nativos confunden cun profeta vido de moi lonxe; trátase dun Tempo di mazurka, en la menor, compás 3/4, máis ou menos disfrazado de exotismo, pero nada orientalista: os violíns cantan o tema e o pizzicato da corda, cun punteo do triángulo, que marca a métrica.(negra=160)
  4. Na cova do rei da montaña (Dovregubbens hall), constitúe un anaco pintoresco, bárbaro, violento, que retrata o mundo máxico dos troles e o seu rei. Os baixos abren «o lume» e o tema paséase polas madeiras máis graves até chegar ós óboes e acadar un abraiante tutti orquestral; A Suite conclúe así con brillantez. Desaparece o coro de troles. Moitos cambios de carácter (Alla marcia et molto marcato, Più vivo, Stringendo al fine), en si menor, compás 4/4, e a indicación metronómica de negra=138.

Suite núm. 2

editar

A suite núm. 2, op. 55, foi escrita en 1891. Grieg pensou orixinalmente en cinco pezas para a segunda suite, mais ó cabo quedou só con catro, renunciando a A Danza da filla do rei das montañas. A estrutura é a seguinte:

  1. O secuestro da noiva. O lamento de Ingrid (Bruderovet. Ingrids klage). Dous tempos diferenciados: un Allegro furioso-Andante doloroso, un pequeno tema impetuoso (Peer rexeita con violencia a Ingrid despois de seducila o día da súa voda con outro), e o lamento propiamente dito, un andante en sol menor, que expresa a melancolía e a dor mediante unha fonda melodía de beleza semellante á de A morte de Ase. Este tema ten unha culminación en clímax. Regresa ó Allegro furiosos, e o estado da célula, apoiada pola percusión, conduece a un decrescendo final. Alternando o compás 2/4 (negra=160) e o compás 3/4 (negra=60)
  2. Danza árabe (Arabisk Dans). Allegretto vivace, en do maior, compás 4/4 (negra=132)
  3. O retorno de Peer Gynt. Tormenta no mar (Peer Gynts hjemfart. Stormful aften pa havet). Allegro agitato, en fa# maior, compás 6/8 (negra con punto=126)
  4. Canción de Solveig (Solveigs Sang). Andante-Allegretto tranquillamente, alternando o compás 4/4 (negra=72) en la menor e o compás 3/4 (negra=120) en la maior.
  1. Grieg. A Chandos Digital Recording Pola Ulster Orchestra, dirixida por Vernon Handley. 1987 Chandos Record Ltd

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Intern 1
iOS 5
multimedia 1
os 39
todo 1