Período amarniense
O Período amarniense (1353 a 1336 a. C.) designa unha etapa da historia do Exipto durante a cal o faraón Akhenatón reinou na súa nova capital, Akhetatón. O nome árabe do sitio é Tell el-Amarna, de aí o nome do período amarniense.
No plano relixioso, este período estivo marcado por un conxunto de reformas únicas na historia do antigo Exipto: "o rei herético" proclamou a supremacía do deus solar Atón, pechou os templos do deus tebano Amón, prohibiu o culto dos deuses tradicionais e confiscou os bens do clero a favor do Estado.
O abandono da tradición afectou á iconografía, á arquitectura, ás prácticas relixiosas e en xeral á vida intelectual, que se desenvolvía ao redor da relixión. A arte amarniense caracterízase por unha representación dos personaxes, sobre todo da familia real, que se cualifica de expresionista ou de caricaturesco. Esta representación contrasta cunha representación delicada da natureza, un naturalismo onde abundan as plantas, as flores e mailos animais.[1]
Notas
editar- ↑ Guerrero, Teresa. "Unha nova orde relixiosa" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2008. Consultado o 23 de outubro de 2008.