Perpiñán[1][2] (en francés: Perpignan; en catalán: Perpinyà) é unha cidade francesa. É a capital da Cataluña do Norte e da comarca do Rosellón. É tamén a capital do departamento dos Pireneos Orientais. A súa poboación alcanzaba 116.700 habitantes en 2004, e a área metropolitana superaba os 300.000 en 2007.

Modelo:Xeografía políticaPerpiñán
Perpinyà (ca)
Perpignan (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°41′51″N 2°53′41″L / 42.6975, 2.8947
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania
DepartamentoPireneos Orientais
Distritosarrondissement of Perpignan (en) Traducir
Cantóncanton of Perpignan-7 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación119.656 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.757,84 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaPerpinyà metropolitan concentration area (en) Traducir
Perpinyà urban unit (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte de
Superficie68,07 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Têt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude41 m-8 m-95 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
21 de abril de 1473Siege of Perpignan (en) Traducir
1542 (Gregoriano)Cerco de Perpignan (1542) (pt) Traducir
4 de novembro de 1641Siege of Perpignan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónAbdón e Senén Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataLouis Aliot (2020–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal66000 e 66100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico468 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Mohammedia (pt) Traducir
Lleida
Lancaster
Cataluña
Xirona
Figueres
Hannover (1960–)
Lancaster (1962–)
Lake Charles (pt) Traducir (1991–)
Barcelona (1994–)
Sarasota (1995–)
Tiro (1997–)
Ma'alot-Tarshiha (pt) Traducir (1998–)
Tavira (2001–)
Mostaganem (pt) Traducir (2011–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webmairie-perpignan.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: MairiePerpignan Twitter: MairiePerpignan Instagram: mairieperpignan LinkedIn: mairieperpignan Youtube: UCQDMqyG_sK0N5Exr6IsuHgA BNE: XX452720 Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Perpiñán érguese no centro da chaira do Rosellón regada polo río Têt, e que está limitada ao sur polos Pireneos, ao oeste pola rexión de Corbières e ao leste polo mar Mediterráneo. É a máis meridional das grandes cidades da Francia metropolitana. O clima é de tipo mediterráneo, con invernos suaves e veráns secos e calorosos.

Historia

editar

A orixe da cidade non está clara: parece que foi fundada como unha explotación agrícla romana denominada villa Perpiniani. Será a partir do século X, cando comezou a desenrolarse. Como capital do condado do Rosellón acrecentou aínda máis a súa importancia. Aquela expansión valeulle gañar o bispado, que daquela radicaba en Elna.

En 1172, Perpiñán integrouse na Coroa de Aragón. En 1197, Perpiñán obtivo unha carta municipal que estabelecía a súa organización. Os habitantes gozaban de privilexios importantes, como o de poder elixir os cónsules, un por cada clase social. Entre 1276 e 1344, Perpiñán alcanzou a súa idade de ouro; tornouse capital da Coroa de Mallorca, cuadruplicando a súa poboación e a súa superficie en menos dun século. Foi a época dos grandes obradoiros, da catedral e do castelo real (Pazo dos Reis de Mallorca).

En 1344 perdeu o estatuto de capital, a causa da reintegración do Reino de Mallorca na Coroa de Aragón. Pouco despois de 1346 viuse afectada fortemente pola peste negra, da cal a cidade non se recuperou nunca. Logo de 1479, Perpiñán entrou nos planos da lóxica militar, pechada por murallas poderosas, reforzadas ao longo das diversas épocas. Tomada polos exércitos de Lois XIII de Francia en 1642, foi anexada, como o resto da Cataluña Norte, ao reino de Francia polo tratado dos Pireneos de 1659. As murallas foron derrubadas a comezos do século XX, ao tempo que a cidade se espallaba sobre a chaira do Rosellón.

Universidade de Perpiñán

editar

A Universidade de Perpiñán (chamada Via Domitia hoxe en día), é a magna institución educativa da cidade. Creada en 1349 polo rei Pedro IV de Aragón. A universidade actual foi creada en 1971 só como centro universitario e tornouse universidade plena en 1979.

Centros de interese

editar
 
O Castellet de Perpiñán
  • O Castellet, antiga cadea, hoxe museo catalán das artes e das tradicións populares.
  • Pazo dos Reis de Mallorca.
  • A Llotja de Mar, historicamente o primeiro tribunal marítimo do mundo.
  • O Ostal de la Vila, ou casa do concello.
  • O Pazo da Deputación, actual delegación da Generalitat de Cataluña.
  • Catedral de San Xoán Bautista.
  • Claustro-cemiterio, tradicionalmente dito cementiri de Sant Joan (cemiterio de san Xoán), que os franceses chaman Campo Santo.
  • Igrexa de San Xoán o Vello.
  • Igrexa de Santiago (ou de san Jaume).
  • Igrexa de Nosa Señora a Real.
  • Igrexa de San Mateo.
  • Convento dos dominicos.
  • Convento das carmelitas.
  • Convento dos mínimos.
  • Convento das clarisas.
  • Os restos do convento dos franciscanos.
 
O rivière Basse, afluente do Tet, en Perpiñán

Localidades irmandadas

editar

Celebracións

editar

Durante o ano 2008, Perpiñán foi a Capital da Cultura Catalá.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para perpiñanés.
  2. «Perpiñán». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1618. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
todo 1