Peter Patzak
Peter Patzak, nado en Viena o 2 de xaneiro de 1945 e finado en Krems an der Donau o 11 de marzo de 2021, foi un director de cinema austríaco, artista interdisciplinar que se dedicou ao cinema tras estudar historia da arte, psicoloxía e pintura.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1945 Viena, Austria |
Morte | 11 de marzo de 2021 (76 anos) Krems an der Donau, Austria (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio central de Viena |
Actividade | |
Lugar de traballo | Austria |
Ocupación | actor, profesor universitario, guionista, pintor, director de cinema, realizador |
Empregador | Universidade de Música e Arte Dramática de Viena |
Premios | |
|
Traxectoria
editarPatzak era fillo dun policía con rango de maior, segundo se explica na presentación da película Kottan ermittelt: Rien ne va plus no Gartenbaukino de Viena, no programa de televisión Seitenblicke . [1]
Como pintor, expuxo por primeira vez en 1962. Os seus cadros expoñeríanse desde Basilea até Nova York. En 1996 expúxose no Sarre Künstlerhaus unha retrospectiva de Peter Patzak (obras de 1961 a 1996). En 2005, unha das súas obras foi poxada en eBay en beneficio do Fondo Hermann Gmeiner de Alemaña. [2]
De 1968 a 1970 traballou en Nova York. Despois de regresar a Viena, fixo a súa primeira longametraxe Die Situation (1972). Peter Patzak tamén ten dirixido numerosos filmes para a televisión, fixo famosa a parodia da película policíaca Kottan ermittelt, que foi producida para a ORF durante sete anos dende 1976. En 1978 presentou unha aclamada adaptación cinematográfica de Das Einhorn de Martin Walser, onde o mesmo Walser traballou no guión, e máis tarde, eloxiou a adaptación.
Como director recibiu numerosos premios como o premio ao director na Bienal de Venecia, o premio Max Ophüls, o premio Adolf Grimme, o Golden Romy, o premio do Festival de Cine de Berlín e o premio UNESCO. A súa película Kassbach - Ein Porträt participou no 29º Festival Internacional de Cine de Berlín [3] e Wahnfried proxectouse fóra da competición no 40º Festival Internacional de Cine de Cannes . [4] En 1997 dirixiu Shanghai 1937, unha adaptación da novela Hotel Shanghai de Vicki Baum, que participou no 20º Festival Internacional de Cine de Moscova . [5]
Dende 1993 exerceu como profesor de dirección na Escola de Cine de Viena. Como actor, participou principalmente en producións de televisión austríacas, así como en cameos nas súas propias películas.
Filmografía selecta
editar- Die Situation (1974)
- Parapsycho - Spektrum der Angst (1975)
- Kottan ermittelt (1976–1983, serie de televisión)
- Zerschossene Träume (1976)
- Das Einhorn (1978, baseado na novela de Martin Walser)
- Santa Lucia (1979,telefilme)
- Kassbach – Ein Porträt (1979)
- Den Tüchtigen gehört die Welt (1982)
- Tramps (1983)
- Tiger – Frühling in Wien (1984)
- Die Försterbuben (1984, telefilme baseado na novela de Peter Rosegger)
- Wahnfried (1986, película sobre Richard Wagner)
- Der Joker (1987)
- Camillo Castiglioni oder die Moral der Haifische (1988, telefilme sobre Camillo Castiglioni)
- Killing Blue (1988)
- Frau Berta Garlan (1989, telefilme baseado na novela de Arthur Schnitzler)
- Gavre Princip – Himmel unter Steinen (1990, telefilme sobre Gavrilo Princip, baseado na novela de Hans Koning)
- Lex Minister (1990)
- St. Petri Schnee (1991, telefilme, baseado na novela de Leo Perutz)
- Rochade (1992, telefilme, baseado na novela de Ladislav Mňačko)
- Im Kreis der Iris (1992, telefilme, baseado nunha historia de Franz Nabl)
- Das Babylon Komplott (1993, telefilme)
- 1945 (1994, telefilme)
- Tödliche Besessenheit (1994, telefilme)
- Jenseits der Brandung (1995, telefilme)
- Brennendes Herz (1996, baseado nas memorias de Gustav Regler)
- Shanghai 1937 (1997, telefilme, baseado na novela de Vicki Baum)
- Mörderisches Erbe (1998, telefilme)
- Schmetterlingsgefühle (1998, telefilme)
- Sweet Little Sixteen (1999, telefilme)
- Die Entführung (1999, telefilme)
- Gefangen im Jemen (1999, telefilme)
- Der Mörder in dir (2000, telefilme)
- Denk ich an Deutschland – Adeus und Goodbye (2001, serie documental)
- Die achte Todsünde: Toskana-Karussell (2002, telefilme)
- Die Wasserfälle von Slunj (2002, telefilme, baseado na novela de Heimito von Doderer)
- Herz ohne Krone (2003, telefilme)
- Verliebte Diebe (2003, telefilme)
- Sternzeichen (2003)
- Rufer, der Wolf (2005, telefilme)
- Rien ne va plus (2010)
Notas
editar- ↑ ORF 2: Seitenblicke. Ausgabe 2. Dezember 2010 Vídeo ORF TVthek.
- ↑ Versteigerung laut BeyArs.com.
- ↑ "Operación Kassbach (1979) - Awards".
- ↑ "RICHARD ET COSIMA". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2012. Consultado o 06 de maio de 2021.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2013. Consultado o 06 de maio de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peter Patzak |
Bibliografía
editar- Lukas Foerster: Laboratorium für ein Genrekino ohne Zukunft. Peter Patzaks Horrorfantasie PARAPSYCHO - SPEKTRUM DER ANGST (1975). En: Filmblatt. 17. Núm. 49, Sommer 2012, 13-23.
- Karin Moser, Andreas Ungerböck (Hrsg. ): Peter Patzak. Director, autor, Maler. Wien, Filmarchiv Austria 2009.
Ligazóns externas
editar- Peter Patzak en REGIE GUIDEArquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- Web de Peter Patzak