Petr Zelenka
Petr Zelenka, nado en Praga o 21 de agosto de 1967, é un galardoado dramaturgo e director de teatro e cinema checo. Os seus filmes teñen sido recoñecidos en diversos festivais internacionais como os de Moscova e Rotterdam. En 2008, o seu filme Karamazovi foi o representante oficial da República Checa para os Premios Oscar na categoría de mellor película de fala non inglesa.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1967 (57 anos) Praga, República Checa |
Educación | Academia de Artes Performativas de Praga Escola de Cinema e Televisión da Academia de Artes Escénicas de Praga |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, dramaturgo, escritor, guionista |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Klára Lidová |
Pais | Otto Zelenka e Bohumila Zelenková |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarUn traballo notable dos seus primeiros anos é a comedia negra Příběhy obyčejného šílenství (2004), dirixida en Dejvické divadlo. Recibiu o Premio Alfréd Radok ao mellor filme. A película foi posteriormente posta en escena noutros teatros checos, así como en Polonia, Hungría, Eslovaquia, Eslovenia e Alemaña. Foi tamén publicada en inglés e traducida ao ruso.
En 2005 Zelenka adaptou a comedia ao cinema, titulada Příběhy obyčejného šílenství e que gañou dous premios no 2006 e que foi nomeada a outros seis premios. A súa segunda obra salientable é Teremin, inspirada na vida do inventor ruso Léon Theremin.
O seu filme de 2008 Karamazovi foi a candidata oficial da República Checa para os Premios Óscar na categoría de mellor filme internacional.
O seu anuncio electoral de 2010 "Přemluv bábu a dědu" causou controversia e críticas ao ser considerado ofensivo cara ás persoas maiores,[1] e "unha copia imperfecta do video stand-up de Sarah Silverman".[2]
Selección de filmes
editar- Mňága – Happy End (1996; guión e dirección). Varios premios nos fetivais de cinema de Cottbus, Plzeň e České Budějovice [3]
- Knoflíkáři (1997; guión e dirección). Premio Tigre no IFF de Rotterdam
- Samotáři (2000; coautor do guión)
- Rok ďábla (2002; guión e dirección). Premio FIPRESCI no IFF de Cottbus, seis Premios León Checos incluído o de mellor filme e mellor director, Premio Trieste no Festival de Cinema de Trieste.
- Příběhy obyčejného šílenství (2005; guión e dirección). Premio da Crítica no IFF de Moscova e Premio Don Quixote en Cottbus.
- Karamazovi (2008; guión e dirección)
- Ztraceni v Mnichově (2015)
- Modelář (2020)
Notas
editar- ↑ "Mádl s Issovou v klipu nabádají: Přemluv bábu a dědu, ať nevolí levici!", CT24
- ↑ "Bez humoru ani bábu nepřemluvíš. Spot Přemluv bábu je nedokonalou kopií videa stand-up komičky Sarah Silvermanové" Arquivado 10 de xullo de 2012 en Archive.is, Marketing a Média
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2005. Consultado o 22 de outubro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía e máis información Tales of Common Insanity en divadlo.cz (en inglés)