Picea
Piceas (xénero Picea) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Picea abies | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
As piceas son un xénero de coníferas: Picea pertencentes á familia Pinaceae que conta cunhas 35 especies. Son árbores entre 20 e 60 metros con porte piramidal, follas illadas, planas ou tetragonais a xeito de agulla e estróbilos pendurados que non se disgregan até madurar. Entre os seus representantes máis coñecidos atopamos a Picea abies, o abeto vermello ou abeto rubio europeo, empregado comunmente en Galicia coma árbore de Nadal; ou a Picea glauca. A meirande parte das especies do xénero son árbores lonxevas e que medran amodo. Ademais do uso ornamental, en xardinaxe, e coma árbore de Nadal, a madeira é de boa calidade (uso madeireiro e silvícola) e serve na construción, así coma para fabricar instrumentos musicais, coma violíns ou guitarras.[1]
Clasificación
editarA análise do ADN[2][3] demostrou que as clasificacións tradicionais baseadas na morfoloxía da acícula e no estróbilo son artificiais. Un estudo recente[2] encontrou que P. breweriana ten unha posición basal, seguida por P. sitchensis, e mais as outras especies dividíronse en tres clados, suxestionando que a Picea orixinouse en América do Norte.
Hai trinta e cinco especies nomeadas de piceas.
Clado I
editarClado II
editar- Picea sitchensis Picea de Sitka. Costa do Pacífico de América do Norte; a especie de maior tamaño, até 95 m de alto; importante en silvicultura.
Clado III
editar- Picea engelmannii . Montañas de América do Norte occidental; importante en silvicultura.
- Picea glauca Picea branca. América do Norte setentrional; importante en silvicultura.
Clado IV
editar- Picea brachytyla. Suroeste da China.
- Picea chihuahuana. Nordés de México (rara).
- Picea farreri. Nordés de Birmania, suroeste da China (montañas).
- Picea likiangensis. Suroeste da China.
- Picea martinezii. Nordés de México (moi rara, en perigo).
- Picea maximowiczii. Xapón (rara, montañas).
- Picea morrisonicola. Taiwán (alta montaña).
- Picea neoveitchii. Noroeste da China (rara, en perigo).
- Picea orientalis Picea oriental. Cáucaso, nordés de Turquía.
- Picea purpurea. Oeste da China.
- Picea schrenkiana. Montañas do centro de Asia.
- Picea smithiana. Himalaia occidental.
- Picea spinulosa. Himalaia oriental.
- Picea torano. Xapón.
- Picea wilsonii. Oeste da China.
Clado V
editar- Picea abies Abeto vermello, abeto do norte, abeto rubio, falso abeto, picea común, picea norueguesa. Europa; importante en silvicultura. É a árbore de Nadal orixinaria.
- Picea alcoquiana ("P. bicolor"). Xapón central (montañas).
- Picea alpestris. Os Alpes en Europa; rara, a miúdo tratada coma unha variedade de P. abies (hibrídase con ela), mais cos conos distintos.
- Picea asperata. China occidental; varias variedades.
- Picea crassifolia. China.
- Picea glehnii. Xapón setentrional, Sakhalín.
- Picea jezoensis. Nordés de Asia, Kamchatka sur até o Xapón.
- Picea koraiensis. Corea, nordés da China.
- Picea koyamae Picea de Koyama. Xapón (montañas).
- Picea mariana Picea negra. América do Norte setentrional.
- Picea meyeri.
- Picea obovata. Norte de Escandinavia, Siberia. A miúdo tratada coma unha variedade de P. abies (hibrídase con ela) mais os conos son distintos.
- Picea omorika Picea de Serbia. Serbia; endemismo local; importante en horticultura.
- Picea pungens Picea do Colorado ou picea azul. Montañas Rochosas, América do Norte; importante en horticultura.
- Picea retroflexa. China.
- Picea rubens Picea vermella americana. América do Norte nororiental; importante en silvicultura.
Véxase tamén
editarNotas
editar- ↑ http://www.elnortedecastilla.es/v/20100305/opinion/bosque-violines-20100305.html
- ↑ 2,0 2,1 Ran, J.-H., Wei, X.-X. & Wang, X.-Q. 2006. Molecular phylogeny and biogeography of Picea (Pinaceae): Implications for phylogeographical studies using cytoplasmic haplotypes. Mol Phylogenet Evol. 41(2): 405–19.
- ↑ Sigurgeirsson, A. & Szmidt, A.E. 1993. Phylogenetic and biogeographic implications of chloroplast DNA variation in Picea. Nordic Journal of Botany 13(3): 233–246.
Ligazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Picea |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Picea |