Pietermaritzburg
Pietermaritzburg é unha cidade de Suráfrica, que é a capital e a segunda cidade máis grande da Provincia de KwaZulu-Natal.
Epónimo | Piet Retief (en) e Gerrit Maritz (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Suráfrica | |||
Província da África (pt) | KwaZulu-Natal | |||
Distritos municipais da África (pt) | uMgungundlovu District Municipality (en) | |||
Municípios locais da África (pt) | Msunduzi Local Municipality (en) | |||
Capital de | ||||
Xeografía | ||||
Superficie | 126 km² | |||
Altitude | 596 m | |||
Creación | 1839 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 3201 e 3200 | |||
Prefixo telefónico | 033 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | msunduzi.gov.za |
Xeografía
editarSituada a unha altitude media de 596 msnm, a cidade ocupa unha superficie de 126,15 km².[1]
Segundo o censo de 2011 contaba cunha poboación de 223 448 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 1 800 hab/km².[1]
Popularmente chamada Maritzburg, e abreviada coa sigla PMB, é a sede do campus da Universidade de KwaZulu-Natal.
É unha cidade industrial que produce aluminio, madeira e derivados, e produtos lácteos.
Historia
editarA cidade foi fundada en 1838.
Pietermaritzburg é famosa por un incidente dos primeiros anos da vida de Mahatma Gandhi, en que o botaron dun tren por viaxar nun vagón de primeira clase (sendo indio). Este incidente inspirou a Gandhi para iniciar a súa carreira protestando contra as leis discriminatorias contra os indios en Suráfrica. Actualmente, unha estatua de bronce de Gandhi eríxese na rúa Church no centro da cidade.
Outros acontecementos históricos
editar- O primeiro xornal de Natal, o Natal Witness (hoxe coñecido como The Witness -A Testemuña-), foi publicado en 1846.
- Os Xardíns botánicos da cidade, de 46 hectáreas, foron creados en 1872 pola Sociedade Botánica de Natal.
- A Casa do Concello, que é o edificio de ladrillo vermello máis grande do hemisferio austral, foi destruído por un incendio en 1895, pero foi reconstruído en 1901.
- Os británicos instalaron un campo de concentración alí durante a Segunda guerra bóer para aloxar mulleres e nenos bóers.
- En 1962, Nelson Mandela foi detido no pobo próximo de Howick ao norte de Pietermaritzburg. Este arresto marcou o inicio dos 27 anos de prisión de Nelson Mandela. Un pequeno monumento erixiuse no lugar da súa detención.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pietermaritzburg |
Bibliografía
editar- Ingram, J. Forsyth (1898): The story of an African city. Pietermaritzburg: C. Coester.
- Jenkins, G. (1971): A Century of History: the story of Potchefstroom. 2nd ed. Cape Town: AA Balkema.